AROUSA NOTICIAS 29 01 26
Cinco membros dunha mesma familia de Sanxenxo, tres adultos e dous menores, tiveron que ser trasladados de madrugada aos hospitais Montecelo e Provincial de Pontevedra debido a unha intoxicación por monóxido de carbono. A regularización de persoas estranxeiras, previsto polo Goberno de España, podería traducirse, segundo UPTA, nun incremento de ao redor de 70.000 novas altas no Réxime Especial do Traballo por conta propia. Delas 5.000 en Galicia. CIG e STEG comezan no colexio Armando Cotarelo de Vilagarcía unha nova fase do calendario de mobilizacións emprendido polo profesorado hai semanas en catorce centros educativos de Galicia de xeito rotatorio. Vilagarcía vén de conceder licenza para as obras que permitirán poñer en funcionamento unha estación de carga de vehículos eléctricos no Museo do Ferrocarril. O BNG do Grove e na Mancomunidade do Salnés acusan ao PP e ao presidente da entidade comarcal de “venderfumes” ao descartar agora a última solución proposta para o bastecemento de auga ao concello meco e demorar as obras da ETAP de Treviscoso . A Corporación municipal de Cambados celebra esta tarde a primeira sesión plenaria do ano cun orde do día no que só figuran mocións dos grupos políticos e dacións de contas. O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía pon en marcha en febreiro un obradoiro infantil de musicoterapia para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Embed this episode
No transcript yet.