As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón episode artwork

EPISODE · Sep 5, 2024 · 48 MIN

As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón

from Aquí faltan páxinas · host Deputación de Pontevedra

Entre 1936 e 1943, calcúlase que preto de seis mil homes estiveron presos na illa de San Simón, situada na enseada da ría de Vigo, e convertida en presidio e campo de concentración durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Ao longo deste período, estímase que uns setecentos homes morreron alí de enfermidade e malnutrición a causa das terribles condicións de amoreamento, da falta de hixiene e de alimentos, e dos traballos forzados aos que estaban sometidos. Na contorna creouse unha rede de cooperación, grazas ás mulleres xenerosas e valentes que, mesmo sen teren vinculación ningunha cos presos, se ofreceron a lavarlles a roupa e a levarlles comida, mantas, menciñas, e moitas veces cartas de familiares agochadas entre a roupa. A estas mulleres coñecémolas como as lavandeiras ou as madriñas de San Simón. Arriscaron a súa vida por axudar a quen non cometeu máis delito que defender os valores da República e da liberdade. Moitas delas foron castigadas, multadas e represaliadas, mais continuaron, como auténticas heroínas anónimas que loitaron desde o cotián contra a barbarie e a inxustiza. Houbo presos que mesmo acabaron casando coa súa madriña. É a historia do triunfo do amor por riba do odio que asoma sempre no extremismo de toda ditadura. Neste faladoiro escoitaremos os testemuños que compartiron con nós as familias dalgunhas destas madriñas durante a xuntanza que organizou a Deputación de Pontevedra na illa de San Simón. Alí, no lugar no que sucedeu a barbarie, atravesadas polos ventos da memoria, algunhas persoas destas familias relatan as historias que viron ou lles escoitaron ás súas nais, tías e avoas, convertidas na voz dun pobo que non quere esquecer a lección aprendida; un legado de terribles episodios narrados con dor, tristeza e xenreira, que deixan constancia do comportamento exemplar das xentes de Redondela a través da solidariedade das súas madriñas, mulleres anónimas de todas as parroquias que levaron consolo a todos aqueles homes e que deixaron para a historia unha lección de heroísmo e xenerosidade sen cotas. 

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Sep 5, 2024

Embed this episode

NOW PLAYING

As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón

0:00 48:30

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Aquí faltan páxinas?

This episode is 48 minutes long.

When was this Aquí faltan páxinas episode published?

This episode was published on September 5, 2024.

Can I download this Aquí faltan páxinas episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!