PODCAST · history
Aquí faltan páxinas
by Deputación de Pontevedra
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
-
49
CORONA GONZÁLEZ SANTOS. Unha vida entregada á fotografía e ao mecenado
Corona González Santos, nada a finais do século XIX e vencellada a Mos e ao Porriño, destacou polo seu compromiso social e por ser unha das primeiras fotógrafas afeccionadas en Galicia. Casada con Ramón González Fernández, empresario, banqueiro e filántropo de Ribadeo, formou con el un matrimonio moi implicado en causas benéficas e culturais: doazóns para bibliotecas, bolsas de estudo, melloras en infraestruturas e apoio a proxectos comunitarios. Na súa lúa de mel, o matrimonio viaxou á Exposición Universal de París, onde Corona quedou impactada pola obra de varias fotógrafas estadounidenses e decidiuse a adquirir a súa primeira cámara fotográfica.Como a maioría das fotógrafas non profesionais da época, Corona fotografaba o que acontecía á súa volta, polo que a súa produción ten un marcado carácter costumista: escenas familiares e de amigos; retratos individuais ou en grupo, de mulleres, nenas e nenos; secuencias en representacións teatrais, paisaxes, escenas agrícolas, mariñeiras... A revista Vida Gallega publicou en 1914 unha reportaxe súa titulada El arte y la belleza arredor dunha festa benéfica realizada no Casino do Porriño, onde se representaba teatralmente a peza Canción de cuna. Como filántropa deixou unha profunda pegada en Ribadeo, en Mos e no Porriño. A súa principal contribución nesta última localidade foi o consistorio porriñés, encargado en 1921 ao famoso arquitecto Antonio Palacios. Foi recoñecida como filla adoptiva de Ribadeo e recordada pola veciñanza como unha muller xenerosa e culta. Hoxe, parte do seu arquivo fotográfico está a ser recuperado, para devolverlle o lugar que merece na memoria colectiva. No Museo de Pontevedra consérvanse máis de 120 copias realizadas directamente a partir das placas que están en poder da familia e que permitiron coñecer e poñer en valor a súa obra fotográfica.
-
48
Avance - CORONA GONZÁLEZ SANTOS. Unha vida entregada á fotografía e ao mecenado

47
RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS. A primeira muller que asinou proxectos de arquitectura en España
Rita Eugenia Benedicta Fernández Queimadelos naceu na Cañiza, nun fogar de comerciantes, propietarios da mercería La Modernista, en Ourense. Interesouse na arquitectura posiblemente por influencia do seu avó materno, Eduardo Queimadelos Ribera, que exercía de agrimensor na Cañiza, e tamén polos traballos de carpintería que se levaban a cabo habitualmente na súa casa. A pesar da oposición inicial do seu pai, co apoio decisivo das súas avoas, especialmente da materna, confirmou a súa vocación e conseguiu estudar arquitectura en Madrid como parte da primeira xeración de arquitectas españolas. Titulouse en 1940 —con Matilde Ucelay como precedente— e converteuse na primeira galega titulada en Arquitectura e na primeira muller en España en asinar oficialmente os seus propios proxectos arquitectónicos. Entre 1941 e 1946 traballou na Dirección Xeral de Rexións Devastadas, mentres compaxinaba obra privada en Madrid e Murcia. En 1942 casou con Vicente Iranzo Rubio e, logo do nacemento da súa terceira filla en 1947, interrompeu temporalmente a súa carreira. En 1955 reiniciou a súa actividade profesional en Murcia, onde exercería como arquitecta escolar provincial (1960–1967) e arquitecta municipal en Mula (1962–1967), ademais de manter traballos como profesional independente. En 1973 trasladouse a Barcelona, ao acadar o seu marido a praza de catedrático de Química Inorgánica Aplicada na Facultade de Farmacia da Universidade Central de Barcelona, e abandonou a práctica profesional. Agás algúns proxectos esporádicos, non volveu exercer. Faleceu en Barcelona o 26 de setembro de 2008, aos 97 anos, e deixounos como legado un exemplo de perseveranza e talento que lle abriu portas a novas xeracións. Pioneira no desenvolvemento de proxectos de arquitectura civil, rehabilitación e vivenda social, foi unha referente decisiva para que outras mulleres avanzasen nunha profesión tradicionalmente masculina.
-
46
Avance - RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS. A primeira muller que asinou proxectos de arquitectura en España

45
MATILDE VÁZQUEZ A soprano galega que conquistou Madrid
Matilde Vázquez naceu en Cambados nos albores do século XX e mostrou desde nena unha grande afección pola música e unha voz con enormes calidades para o canto. Cando cumpriu os trece anos a súa familia tivo que trasladarse a Madrid, onde deu os seus primeiros pasos en compañías amadoras e comezou a recibir leccións de música e canto co mestre Luis Iribarne. Nos anos 20 actuou como cupletista pasando despois ao xénero da revista na compañía de Celia Gámez, pero a súa carreira despegou de verdade en 1927 co seu debut na zarzuela La del Soto del Parral, no Teatro Fuencarral. O seu salto definitivo á fama produciuse en abril de 1929 co emblemático éxito de Los claveles de Serrano, xunto ao tenor Tino Folgar, que a consolidou como estrela do xénero. En 1932 uniuse á Compañía Lírica Nacional e interpretou papeis emblemáticos como Aurora La Beltrana en Doña Francisquita, incluso na versión cinematográfica de 1935. Sumou numerosas recreacións en teatros madrileños e de Barcelona entre os anos 30 e 40 e chegou a facer varias xiras por Hispanoamérica. Tras a guerra civil fundou a súa propia compañía coa que protagonizou éxitos como La Caramba (1942) e Polonesa (1944), na que traballaba con Pedro Terol, e deixou rexistro discográfico con intérpretes como Marcos Redondo e Juan García. Nos anos 50 interpretou títulos finais como La Lola se va a los puertos ou La verbena de la Paloma e rematou a súa vida interpretativa arredor de 1955; a partir de aí dedicaríase á pintura de xeito afeccionado. Faleceu en Madrid o 23 de abril de 1992, e deixou unha traxectoria que representa o esplendor da zarzuela española no seu momento máis brillante e un legado de repertorio clásico que tivo unha influencia duradeira no teatro lírico español.
-
44
Avance - MATILDE VÁZQUEZ. A soprano galega que conquistou Madrid

43
Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia
María de la Concepción Pérez Iglesias, coñecida como Dona Concha, naceu en Santiago de Compostela, onde se formou como mestra na Escola Normal. Chegou a Portas en 1907 para dirixir a escola feminina, un labor que exerceu con rigor e cariño ocupándose de cincuenta alumnas por aula. Alí casou con Amador Méndez Santamaría, un adiñeirado emigrante retornado, maior ca ela, con quen estableceu a súa vida na parroquia de Lantaño, onde criou o seu único fillo, Nemesio. Quedou viúva en 1918 por causa da epidemia da gripe que asolou España. Logo do golpe de Estado de Primo de Rivera permitíuselles votar e acceder á vida pública ás mulleres cabezas de familia. A Concha propóñenlle unirse ao Goberno local como edil. De forma inesperada, durante o pleno da súa toma de posesión como concelleira o 9 de xaneiro de 1925, convértese na primeira alcaldesa de Galicia, escollida pola corporación municipal tras a renuncia do alcalde anterior. Durante os cinco anos do seu mandato (1925–1930) impulsou a construción de catro escolas, mellorou as comunicacións locais e fixo posible o nomeamento dun médico e dunha matrona. Coa súa dedicación e entrega gañou o respecto e afecto da veciñanza, que lle dedicou en vida múltiples homenaxes e ata serenatas en sinal de agradecemento. Máis aló dos seus logros administrativos, simboliza o acceso das mulleres á política nunha época marcada pola ditadura de Primo de Rivera. Coa volta ao Goberno do rei Afonso XIII o 28 de xaneiro de 1930, Concha cesa como alcaldesa. Tras abandonar o cargo, retoma a docencia e segue formando novas xeracións ata o seu traslado definitivo á Escola Nacional de Guadalupe en Santiago, onde exercerá ata pouco antes do seu falecemento, en 1939.
-
42
Avance - Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia

41
Marisol Soengas. Na vangarda da investigación contra o cancro
María Soledad (Marisol) Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha das científicas galegas máis recoñecidas de ámbito internacional no campo da oncoloxía. Licenciada en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e doutora polo Centro de Bioloxía Molecular do CSIC, especializouse no estudo do melanoma, un dos cancros de pel máis agresivos. Tras traballar en centros punteiros dos Estados Unidos coma o laboratorio Cold Spring Harbor Laboratory e a Universidade de Michigan, regresou a España para dirixir o Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO). Os seus estudos identificaron novos mecanismos moleculares que explican a resistencia deste tumor a terapias convencionais e abriron vías para tratamentos máis eficaces. Soengas é tamén unha firme defensora da visibilidade das mulleres na ciencia e da divulgación científica, participando en iniciativas para fomentar vocacións STEM entre as máis novas. Recentemente tivo que enfrontarse persoalmente a un duro proceso de loita contra a mencionada doenza, algo que aproveitou para seguir axudando desde o relato público da súa experiencia. O seu traballo foi recoñecido con múltiples premios nacionais e internacionais.
-
40
Avance - Marisol Soengas. Na vangarda da investigación contra o cancro

39
As Mulleres de Gargamala. Cantareiras, tocadoras e gardiás da nosa tradición
Na pequena parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, as mulleres son as grandes depositarias da tradición oral e musical. Cantareiras, tocadoras e transmisoras de saberes, fixeron posible que romances, coplas e cantos de traballo sobrevivisen ao paso das xeracións. Reunidas en fiadas, seráns e festas, acompañaban os labores do campo e as celebracións con voces potentes e harmonías aprendidas de memoria. O seu repertorio abrangue desde cancións de berce ata pezas para bailes e procesións. Ademais de manter viva a música, estas mulleres tamén conservan historias, refráns e formas de falar propias da zona, converténdose en auténticas gardiás da identidade local. A súa contribución é hoxe valorada pola etnomusicoloxía que ve nelas un elo esencial para comprender a riqueza do folclore galego. CRÉDITOS Os testemuños dePerfeuta de Remeixido, Solmira da Cesteira, Fina de Vedrelos e Manuel do Pintor pertencen ao arquivo Arredor da Tradición, compilado por Xulia Feixoo eGuillerme Ignacio e publicados no libro Mulleres de Gargamala! Cantaresde tradición oral (aCentral Folque, 2017). Foron cedidas tamén paraeste capítulo as seguintes músicas da mesma publicación: Jota. Tocadoras do Barro. Arquivo de Guilherme Ignacio Primeiro agharrado. Tocadoras do Barro. Arquivo de Guilherme Ignacio 04.03.2012. Jota. Tocadoras e gaiteiro do Barro. O Barro, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 10.04.2017 Cantar De Reis Caminaba Una Señora. Lola Rodríguez Busto do Coxo (O Barro, 1943) e Lealdina Amil Valado de Inesa (O Barro, 1951), do arquivo de Guillerme Ignacio 10.04.2017 Cantar De Reis Eran Entre Dos Romeros. Lola Rodríguez Busto do Coxo (O Barro, 1943), do arquivo de Guillerme Ignacio, 04.03.2012. Tremelico, Dorinda Rodríguez Sánchez de Sinforosa (Mourelle, 1926), do arquivo de Guillerme Ignacio, 08.07.2012 Jota. Tocadores de Mourelle, do Arquivo de Leni Pérez. Rebeirana Da I-Aña. Dorinda Rodríguez Sánchez de Sinforosa (Mourelle, 1926), do Arquivo de Guilherme Ignacio 08.07.2012 Pasodobre 'Chora Videiriña'. Solmira Fernández Bernárdez da Cesteira (A Rúa, 1942), do Arquivo de Arredor da Tradición, 03.07.2017a. Cantar de entrada ao serán. Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 27.08.2002 Cantar Das Sachadas, Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 27.08.2002 Jota Da I-Aña. Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 10.04.2017 Primeiro Agharrado Da I-Aña. Tocadoras do Barral, do Arquivo Arredor da Tradición. 18.12.2016.Tamén se usou a Xota de Solmira Fernández Bernárdez da Cesteira (Id 3567) depositada no APOI poloArquivo Arredor da Tradición e recollida en 2020 en Mondariz O resto do repertorio e dos testemuños foron gravados porMarián Fernández nunha sesión de recollida ao grupo de Pandereteiras deGargamala integrado por Lealdina, Ilda, Alegría, Dalmiro, María, Enrique,Rosa e Sandra, o 12 de setembro de2025.
-
38
Avance - As Mulleres de Gargamala. Cantareiras, tocadoras e gardiás da nosa tradición

37
Nais contra a droga. Érguete: 40 anos loitando para transformar a sociedade
A finais da década de 1970 e comezos da de 1980, as Rías Baixas sufriron unha vaga de narcotráfico que afectou gravemente a mocidade galega. A heroína apareceu en moitas casas galegas como un pesadelo invisible e as nais eran sinaladas como culpables de terlles consentido demasiado aos seus fillos, que se convertían en delincuentes e roubábanlles incluso ás súas propias familias. A droga apoderouse deles, levounos e, a algúns, tamén os apagou. Non sabían que lles pasaba. A maioría delas atopou “bolsas que parecían chocolate” nos seus fogares sen teren nin idea do que era. Aprendérono xuntas.
-
36
Avance - Nais contra a droga. Érguete: 40 anos loitando para transformar a sociedade
A finais da década de 1970 e comezos da de 1980, as Rías Baixas sufriron unha vaga de narcotráfico que afectou gravemente a mocidade galega. A heroína apareceu en moitas casas galegas como un pesadelo invisible e as nais eran sinaladas como culpables de terlles consentido demasiado aos seus fillos, que se convertían en delincuentes e roubábanlles incluso ás súas propias familias. A droga apoderouse deles, levounos e, a algúns, tamén os apagou. Non sabían que lles pasaba. A maioría delas atopou “bolsas que parecían chocolate” nos seus fogares sen teren nin idea do que era. Aprendérono xuntas.
-
35
Juana de la Cruz Domínguez. Cen anos de paixón pola costura
Juana de la Cruz Domínguez, coñecida no Porriño como Juaniña, amosou desde moi nova un talento natural para a costura e unha gran paixón polo mundo da moda, en especial polos deseños de alta costura das grandes firmas. Comezou con este labor cando tiña só 9 anos e aos 13 inaugurou o seu primeiro taller na casa familiar. Alí formou decenas de mozas que seguiron o seu ronsel como modistas e confeccionou deseños únicos para clientas de toda Galicia, incluídas réplicas de modelos icónicos coma os vestidos de noiva da raíña Fabiola ou Lady Di. Viviu a apertura política da Segunda República, o terror da Guerra Civil e as penurias da posguerra, pero nunca deixou de confeccionar marabillosas creacións, para as que atopaba inspiración nas revistas da época e nos grandes modistos coma Balenciaga, Chanel ou Christian Dior. Ao longo de décadas, o seu taller foi un referente de creatividade, de onde saían pezas para días especiais que eran pura artesanía. Coñecida pola súa xenerosidade, cosía tamén para familias humildes sen cobrarlles, e vestiu desde noivas ata defuntos. Superou un cancro linfático sen deixar de coser e chegou mesmo a rematar un vestido de noiva desde o hospital. Xa centenaria, hoxe é unha muller querida e popular á que lle gusta participar nos eventos da vila. Juaniña é memoria viva do Porriño; a súa enerxía, o sentido do humor co que afronta a vida e a vontade de manterse activa e independente mentres poida fan dela un símbolo de vitalidade e un exemplo para todas nós.
-
34
Avance - Juana de la Cruz Domínguez. Cen anos de paixón pola costura

33
As alfombreiras. Unha tradición ancestral transmitida por mulleres
A confección de alfombras de flores é unha manifestación cultural secular que en Galicia permanece viva grazas ao papel esencial das mulleres, transmisoras dos códigos simbólicos desta tradición, depositarias da sabedoría popular herdada xeración tras xeración e, como en moitas outras ocasións, organizadoras e facedoras dun traballo comunitario e interxeracional que se segue repetindo cada primavera en moitas vilas da provincia de Pontevedra, e que, felizmente, semella ter garantida a súa continuidade. Familias e veciñanza participan nun proceso que require de numerosas xornadas de preparativos e vésperas interminables de traballo para lle dar forma a obras de arte tan fermosas coma efémeras. Con frecuencia, os deseños permanecen en segredo ata o día da celebración, o que crea sorpresa e emoción.Estas creacións, que hoxe acompañan festexos de carácter relixioso e tamén populares, están orixinalmente vinculadas a ritos ancestrais de fertilidade da terra, ás colleitas e á harmonía co medio natural. Aínda que orixinariamente se facían só con elementos vexetais, hoxe algunhas vilas engaden materiais que lles son propios, coma as cunchas en Bueu, as serraduras de madeira na Estrada e, de forma xeral, o sal tinguido en case todas as vilas cando a flor escasea ou cando se busca emular a perfección dos tapices. Máis aló do seu valor estético, representan un ritual de pertenza e renovación colectiva. Atopamos alfombras de flores en moitos outros puntos do Estado, en Europa e en países tan afastados coma o Xapón ou México, mais é en Galicia onde mellor se conserva a tradición e todo o significado simbólico que lle dá sentido: o tipo de flores e herbas que se usan, os lugares onde estas deben ser apañadas, o percorrido sagrado, as danzas que acompañan as celebracións... Todo forma parte dun legado que debe ser conservado, e niso traballa a Federación de Alfombristas de Galicia, na que se integran numerosos colectivos pontevedreses e que xa conseguiu que a Xunta o incluíse no censo galego de patrimonio inmaterial e que o Ministerio de Cultura o declarase manifestación representativa do patrimonio español. Agora, tras confiarlle á antropóloga Ana Filgueiras a elaboración dunha rigorosa investigación, agárdase pola decisión da Unesco para que esta práctica sexa incluída na Lista representativa do patrimonio cultural inmaterial da humanidade.
-
32
Avance - As alfombreiras. Unha tradición ancestral transmitida por mulleres
A confección de alfombras de flores é unha manifestación cultural secular que en Galicia permanece viva grazas ao papel esencial das mulleres, transmisoras dos códigos simbólicos desta tradición, depositarias da sabedoría popular herdada xeración tras xeración e, como en moitas outras ocasións, organizadoras e facedoras dun traballo comunitario e interxeracional que se segue repetindo cada primavera en moitas vilas da provincia de Pontevedra, e que, felizmente, semella ter garantida a súa continuidade. Familias e veciñanza participan nun proceso que require de numerosas xornadas de preparativos e vésperas interminables de traballo para lle dar forma a obras de arte tan fermosas coma efémeras. Con frecuencia, os deseños permanecen en segredo ata o día da celebración, o que crea sorpresa e emoción. Estas creacións, que hoxe acompañan festexos de carácter relixioso e tamén populares, están orixinalmente vinculadas a ritos ancestrais de fertilidade da terra, ás colleitas e á harmonía co medio natural. Aínda que orixinariamente se facían só con elementos vexetais, hoxe algunhas vilas engaden materiais que lles son propios, coma as cunchas en Bueu, as serraduras de madeira na Estrada e, de forma xeral, o sal tinguido en case todas as vilas cando a flor escasea ou cando se busca emular a perfección dos tapices. Máis aló do seu valor estético, representan un ritual de pertenza e renovación colectiva. Atopamos alfombras de flores en moitos outros puntos do Estado, en Europa e en países tan afastados coma o Xapón ou México, mais é en Galicia onde mellor se conserva a tradición e todo o significado simbólico que lle dá sentido: o tipo de flores e herbas que se usan, os lugares onde estas deben ser apañadas, o percorrido sagrado, as danzas que acompañan as celebracións... Todo forma parte dun legado que debe ser conservado, e niso traballa a Federación de Alfombristas de Galicia, na que se integran numerosos colectivos pontevedreses e que xa conseguiu que a Xunta o incluíse no censo galego de patrimonio inmaterial e que o Ministerio de Cultura o declarase manifestación representativa do patrimonio español. Agora, tras confiarlle á antropóloga Ana Filgueiras a elaboración dunha rigorosa investigación, agárdase pola decisión da Unesco para que esta práctica sexa incluída na Lista representativa do patrimonio cultural inmaterial da humanidade.
-
31
Prólogo
A terceira colección de Aquí Faltan Páxinas amplía a nosa xenealoxía de mulleres extraordinarias, coa adición de novas voces e historias que, malia seren esenciais para entender quen somos, quedaron á marxe do relato que se recolle nos libros. Neste percorrido detémonos en logros colectivos e vidas singulares, en pioneiras audaces e en grupos de mulleres anónimas que loitaron, resistiron e transformaron xuntas a realidade social para convertérense en referentes que hoxe nos inspiran. Abrimos a colección coas mulleres que en toda a provincia confeccionan as alfombras de flores, transmisoras dunha tradición ancestral e responsables da organización dun traballo comunitario e interxeracional que hoxe se proxecta ao mundo enteiro e que está a punto de ser recoñecido pola Unesco como patrimonio inmaterial da humanidade. Poñemos en valor a historia de Juaniña, modista centenaria do Porriño, que desde nena fixo da costura unha paixón e unha forma de vida, e creou padróns de alta costura desde un pequeno taller que foi escola, memoria e comunidade. Ademais, sumámonos á homenaxe que este ano se lles dedica con motivo das Letras Galegas ás cantareiras e tocadoras que manteñen vivo o noso rico patrimonio oral e musicalcun episodio especial sobre as mulleres da pequena parroquia de Gargamala, en Mondariz.Tamén lembramos a loita das Nais Contra a Droga, que ergueron a voz contra o narcotráfico e transformaron a dor en mobilización cidadá, o que deu lugar a cambios lexislativos e sociais a través da Asociación Érguete, que celebra este ano en Vigo o seu 40.º aniversario. Rescatamos a figura de Concepción Pérez Iglesias, primeira alcaldesa galega e mestra respectada que na década de 1920 abriulles as portas da política ás mulleres. Entramos tamén no mundo do viño, onde as mulleres, invisibilizadas durante séculos, van asumindo nos últimos anos a xestión das adegas, con destacadas profesionais como Anónimas Viticultoras, e lideran proxectos premiados que vinculan viño, territorio e identidade.Escoitamos o brillo da voz de Matilde Vázquez, soprano cambadesa que conquistou Madrid e os grandes teatros coas súas zarzuelas e deixou unha importante pegada no panorama lírico español. Recuperamos a memoria de Corona González Santos, unha das primeiras fotógrafas afeccionadas do país, ademais de filántropa e impulsora cultural, que deixou un arquivo de imaxes de gran valor histórico e artístico. Detémonos en Rita Fernández Queimadelos, pioneira galega da arquitectura e primeira muller en España en asinar proxectos, exemplo de talento e perseveranza nunha profesión dominada por homes. Celebramos a traxectoria da científica Marisol Soengas, recoñecida internacionalmente pola súa investigación contra o cancro, doenza que sufriu en primeira persoa, e firme defensora da presenza das mulleres na ciencia. Coñecemos a fantástica historia de Marina Ledo e Begoña Villar, primeiras policías locais en patrullar xuntas as rúas de Vigo, símbolo dun cambio de mentalidade e referentes para as novas xeracións de mulleres nas forzas de seguridade.Reivindicamos a figura rebelde e moderna de Cruz Risco, pioneira do cinema galego, cineasta esquecida que comeza hoxe a recibir o recoñecemento que merece. Novas páxinas de logros individuais e colectivos, de proxectos de vangarda, de patrimonio custodiado por mulleres, de voces que resistiron e que abriron camiños para que hoxe poidamos continuar transitando as vías que nos han de levar a vivir en igualdade.
-
30
María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista
Nada en Carril en 1904, con só dous anos emigrou cos seus pais a Cuba, onde estudou nun convento, e logo casaría con Sebastián Carcaño, natural de Mugardos. Xuntos iniciáronse nas loitas proletarias e vinculáronse ao entón nacente movemento comunista cubano. En 1927 volveron a Galicia con dous fillos. María empezou a traballar nunha fábrica de conservas de Vigo, onde tomou as rendas do Sindicato de Conserveiras como militante do Partido Comunista de España. Durante a guerra civil participou na loita guerrilleira galega contra as forzas franquistas ata que a detiveron e a meteron no cárcere, onde entrou coa súa filla pequena, Dora, nada xa en Galicia. En 1944, o cónsul de Cuba en Vigo, Luis Bas Molina, axudouna a saír de prisión e regresar a Cuba con documentación falsa. A súa enerxía e o seu activismo continuaron alí, onde lles axudou aos guerrilleiros antifranquistas españois e aos comunistas cubanos contra a ditadura de Batista e apoiou o Goberno revolucionario, que se fixo co poder en 1959. Colaborou na campaña de alfabetización, nos Comités de Defensa da Revolución e na Federación de Mulleres Cubanas. Foi condecorada por Fidel Castro coa Orde Ana Betancourt, recibiu a Medalla 23 de Agosto da Federación de Mulleres Cubanas e a Medalla 28 de Setembro, que lle outorgaron os Comités de Defensa da Revolución. En 1989 chegaba ao seu fin, na súa casa da Habana, a vida de María a guerrilleira, unha incansable loitadora que viviu para facerlles fronte ás inxustizas. Neste capítulo contamos coa voz da súa filla, Dora Carcaño, que acompañou a súa nai no cárcere de nena e continuou o seu legado militante en Cuba. Tamén nos achega a súa perspectiva Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela, autora do libro Muller e emigración, membro da Academia da Historia de Cuba e investigadora referente no estudo dos movementos migratorios entre Galicia e América desde un enfoque de xénero.
-
29
Avance - María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista
Nada en Carril en 1904, con só dous anos emigrou cos seus pais a Cuba, onde estudou nun convento, e logo casaría con Sebastián Carcaño, natural de Mugardos. Xuntos iniciáronse nas loitas proletarias e vinculáronse ao entón nacente movemento comunista cubano. En 1927 volveron a Galicia con dous fillos. María empezou a traballar nunha fábrica de conservas de Vigo, onde tomou as rendas do Sindicato de Conserveiras como militante do Partido Comunista de España. Durante a guerra civil participou na loita guerrilleira galega contra as forzas franquistas ata que a detiveron e a meteron no cárcere, onde entrou coa súa filla pequena, Dora, nada xa en Galicia. En 1944, o cónsul de Cuba en Vigo, Luis Bas Molina, axudouna a saír de prisión e regresar a Cuba con documentación falsa. A súa enerxía e o seu activismo continuaron alí, onde lles axudou aos guerrilleiros antifranquistas españois e aos comunistas cubanos contra a ditadura de Batista e apoiou o Goberno revolucionario, que se fixo co poder en 1959. Colaborou na campaña de alfabetización, nos Comités de Defensa da Revolución e na Federación de Mulleres Cubanas. Foi condecorada por Fidel Castro coa Orde Ana Betancourt, recibiu a Medalla 23 de Agosto da Federación de Mulleres Cubanas e a Medalla 28 de Setembro, que lle outorgaron os Comités de Defensa da Revolución. En 1989 chegaba ao seu fin, na súa casa da Habana, a vida de María a guerrilleira, unha incansable loitadora que viviu para facerlles fronte ás inxustizas. Falaremos con Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela, autora do libro Muller e emigración, membro da Academia da Historia de Cuba e investigadora referente no estudo dos movementos migratorios entre Galicia e América desde unha perspectiva de xénero. A sesión terá lugar o xoves 12 de decembro, ás 19 horas, na sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.
-
28
Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora
Rebelde e apoderada, Urraca I de León foi a primeira monarca de Europa en exercer un reinado de pleno dereito. Filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as raíñas. A súa tía e homónima, Urraca de Zamora, instruíuna e serviulle de referente para non deixarse asoballar. Ela era tamén unha muller moi intelixente e rebelde que estudaba, participaba nas conversacións políticas, montaba dacabalo e ía de cacería cos seus irmáns. Non a deixaron gobernar pero proxectou na súa sobriña todo o que querería facer, e logrouno. A principios do século XII, nun mundo masculino onde as raíñas só podían dar herdeiros e contribuír co seu dote, a vida de Urraca I de León, alcumada a Temeraria polo seu carácter batallador, foi unha loita constante por conservar o poder e a integridade dos seus feudos ante as ameazas das e dos inimigos e dos seus propios parentes. As e os partidarios do seu fillo chegaron a cercala no castelo de Sobroso pero, malia as numerosas conspiracións, Urraca logrou gobernar en solitario ata o final da súa vida. Tras a súa morte, acusárona de reinar tiránica e femininamente e sufriu a condena da memoria ou damnatio memoriae, que durante moitos séculos ocultou o seu gran papel como unha das raíñas máis determinantes da historia de España, só polo feito de ser muller. Neste capítulo contamos coa análise da historiadora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela Carla Trincado, que centra a súa liña de estudo na historia das mulleres e, dentro desta, no poder feminino durante a Plena Idade Media, particularmente aquel exercido polas raíñas e infantas da península ibérica.
-
27
Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres
Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do 36 e acusárona de ser mala nai e de radicalizar o seu marido, Humberto, que foi executado; non obstante, os prexuízos de xénero das autoridades fascistas evitaron que Urania correse a mesma sorte. A ela enviárona ao inferno do penal de Santurrarán e as súas fillas quedaron a cargo da familia paterna, católica e conservadora, e creceron pensando que a súa nai as abandonara. Os dous nenos, maiores ca elas, recordábana como unha muller cariñosa e traballadora e intuían que o que escoitaban na casa das súas tías non era certo. Cando Urania saíu en liberdade e chegou a Vigo, as súas fillas renegaron dela, suceso que a xente comentaba, polo que decidiu instalarse co seu fillo Raúl en Lugo, onde sobreviviu colléndolles puntos ás medias, porque xa non podía dar clases de piano e solfexo como fixera antes da guerra. Unha tarde, mentres agardaba que o seu fillo a viñese buscar para ir ao cine, Urania morreu a causa dun tumor cerebral que non lle trataran no cárcere. Co tempo, as súas fillas entenderon quen foi en realidade a súa nai, pero xa era tarde. Só lles quedou o seu piano, que se converteu nun altar onde honrar a súa memoria. Neste capítulo contamos co testemuño da persoa que ata o de agora conseguiu reunir máis información sobre Urania Mella, a investigadora Iria Presa, que comezou en 2012 a estudar a vida e obra do pai de Urania, o anarquista e topógrafo vigués Ricardo Mella, e, en paralelo, a de Urania. Desde entón mantén o seu periplo investigador visitando arquivos e entrevistándose con persoas en Tui, A Coruña, Ferrol, Bilbao ou Barcelona; mais tamén en Montevideo, Bos Aires, A Habana, Nova York, San Francisco, Michigan ou México, onde continúa a investigar na actualidade.
-
26
Avance - Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres
Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do 36 e acusárona de ser mala nai e de radicalizar o seu marido, Humberto, que foi executado; non obstante, os prexuízos de xénero das autoridades fascistas evitaron que Urania correse a mesma sorte. A ela enviárona ao inferno do penal de Santurrarán e as súas fillas quedaron a cargo da familia paterna, católica e conservadora, e creceron pensando que a súa nai as abandonara. Os dous nenos, maiores ca elas, recordábana como unha muller cariñosa e traballadora e intuían que o que escoitaban na casa das súas tías non era certo. Cando Urania saíu en liberdade e chegou a Vigo, as súas fillas renegaron dela, suceso que a xente comentaba, polo que decidiu instalarse co seu fillo Raúl en Lugo, onde sobreviviu colléndolles puntos ás medias, porque xa non podía dar clases de piano e solfexo como fixera antes da guerra. Unha tarde, mentres agardaba que o seu fillo a viñese buscar para ir ao cine, Urania morreu a causa dun tumor cerebral que non lle trataran no cárcere. Co tempo, as súas fillas entenderon quen foi en realidade a súa nai, pero xa era tarde. Só lles quedou o seu piano, que se converteu nun altar onde honrar a súa memoria. Neste faladoiro conversamos coa persoa que ata o de agora conseguiu reunir máis información sobre Urania Mella, a investigadora Iria Presa, que comezou en 2012 a estudar a vida e obra do pai de Urania, o anarquista e topógrafo vigués Ricardo Mella, e, en paralelo, a de Urania. Desde entón mantén o seu periplo investigador visitando arquivos e entrevistándose con persoas en Tui, A Coruña, Ferrol, Bilbao ou Barcelona; mais tamén en Montevideo, Bos Aires, A Habana, Nova York, San Francisco, Michigan ou México, onde continúa a investigar na actualidade.
-
25
Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928 2003)
Naceu na parroquia pontevedresa de Xeve, nunha familia republicana de grandes inquedanzas artísticas que se viu obrigada a emigrar por mor da guerra. O seu pai era un apaixonado da música e da literatura, a súa nai, unha pintora naíf, o seu irmán José, dramaturgo, e a súa irmá Ángeles, cantante. Teté —o nome familiar de Mercedes— pasou a súa infancia e adolescencia en Xeve, ata que con vinte anos emigrou a Bos Aires para reencontrarse co seu irmán José. Alí iniciouse na pintura con Laxeiro como amigo, mentor e mestre. Realizou a súa primeira mostra individual na Sala Rose Marie, en 1956, e, pouco despois, en 1957, regresou a Galicia xa convertida en pintora. Tras realizar unha serie de exposicións en Vigo, trasladouse a Madrid, onde traballou como deseñadora de cerámica, visitou repetidamente o Prado e estableceu unha relación con artistas dos faladoiros do Café Gijón. En 1959 casou co arquitecto e pintor Agustín Pérez Bellas; xuntos percorreron medio mundo e residiron en Roma, onde compartiu estudio con Rafael Alberti, quen mantivo unha grande amizade con ela e lle dedicou algúns poemas á súa pintura. No seu estilo expresionista percíbense as influencias de Laxeiro, Rouault e do Goya das pinturas negras, coa crítica social sempre presente. Cando nunha ocasión lle preguntaron polos motivos que a levaban a pintar cousas escuras e ata monstruosas, dixo: "Eu son alegre, optimista. Non son cruel nin torturadora. A pintura, non obstante, sáeme dramática e, ademais, quero que me saia así. As cousas con forza son as que fan vibrar". En Vigo relacionouse con Lugrís, Laxeiro e Lodeiro, e reflectiu a súa peculiar personalidade no texto Confesiones de volatinera con bragas de repuesto al dorso (1978), ilustrado polo seu home. Expuxo a súa obra en Galicia, Madrid, Bos Aires, Roma, Florencia, Lisboa, París e Londres. Foi galardoada co segundo Premio Kramer na Bienal Hispanoamericana de Arte de 1964, co Premio Reconquista de Vigo en 1992 e nomeada Viguesa Distinguida nese mesmo ano. A súa pintura figura nas coleccións de varios museos galegos e americanos, e tamén en coleccións privadas. Mercedes non tivo fillos pero amadriñou e criou a súa sobriña, Graciela Baquero Ruibal, que hoxe custodia a súa obra e que nos acompaña neste capítulo narrando algunhas das pasaxes da súa vida, estreitamente conectada coas diferentes etapas da súa pintura.
-
24
Avance: Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928-2003)
Naceu na parroquia pontevedresa de Xeve, nunha familia republicana de grandes inquedanzas artísticas que se viu obrigada a emigrar por mor da guerra. O seu pai era un apaixonado da música e da literatura, a súa nai, unha pintora naíf, o seu irmán José, dramaturgo, e a súa irmá Ángeles, cantante. Teté —o nome familiar de Mercedes— pasou a súa infancia e adolescencia en Xeve, ata que con vinte anos emigrou a Bos Aires para reencontrarse co seu irmán José. Alí iniciouse na pintura con Laxeiro como amigo, mentor e mestre. Realizou a súa primeira mostra individual na Sala Rose Marie, en 1956, e, pouco despois, en 1957, regresou a Galicia xa convertida en pintora. Tras realizar unha serie de exposicións en Vigo, trasladouse a Madrid, onde traballou como deseñadora de cerámica, visitou repetidamente o Prado e estableceu unha relación con artistas dos faladoiros do Café Gijón. En 1959 casou co arquitecto e pintor Agustín Pérez Bellas; xuntos percorreron medio mundo e residiron en Roma, onde compartiu estudio con Rafael Alberti, quen mantivo unha grande amizade con ela e lle dedicou algúns poemas á súa pintura. No seu estilo expresionista percíbense as influencias de Laxeiro, Rouault e do Goya das pinturas negras, coa crítica social sempre presente. Cando nunha ocasión lle preguntaron polos motivos que a levaban a pintar cousas escuras e ata monstruosas, dixo: "Eu son alegre, optimista. Non son cruel nin torturadora. A pintura, non obstante, sáeme dramática e, ademais, quero que me saia así. As cousas con forza son as que fan vibrar". En Vigo relacionouse con Lugrís, Laxeiro e Lodeiro, e reflectiu a súa peculiar personalidade no texto Confesiones de volatinera con bragas de repuesto al dorso (1978), ilustrado polo seu home. Expuxo a súa obra en Galicia, Madrid, Bos Aires, Roma, Florencia, Lisboa, París e Londres. Foi galardoada co segundo Premio Kramer na Bienal Hispanoamericana de Arte de 1964, co Premio Reconquista de Vigo en 1992 e nomeada Viguesa Distinguida nese mesmo ano. A súa pintura figura nas coleccións de varios museos galegos e americanos, e tamén en coleccións privadas. Mercedes non tivo fillos pero amadriñou e criou a súa sobriña, a poeta Graciela Baquero Ruibal, que hoxe custodia a súa obra. Falaremos con ela sobre as pasaxes da súa vida, estreitamente conectada coas diferentes etapas da súa vibrante pintura.
-
23
María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos
O 13 de xaneiro de 1892 naceu en Vigo María Pardo Trapote. A súa infancia transcorreu entre a quinta familiar do Troncal, no barrio vigués de Teis, e a cidade de Pontevedra, onde vivían seus avós maternos. Rematou con excelentes cualificacións os seus estudos na Sociedade Económica de Santiago e os cursos de piano e canto. A partir de 1913 comezou a destacar como unha brillante artista lírica e participou nun concurso no que obtivo unha pensión para ampliar os seus estudos en Italia, cunha estancia no conservatorio de Milán. A finais de 1915 constituíu un grupo musical coa violinista María Chaves, coa que realizou unha excursión artística por Galicia. Chegou a actuar tamén no Teatro Español de Madrid e en Portugal, onde casou en 1919. Tras unha etapa no país veciño emigrou aos Estados Unidos, onde comezou unha nova relación con Vicenzo Calvaresi, profesor de linguas romances, e pasou a ser coñecida como María Pardo de Calvaresi. En 1935 o seu nome apareceu nun programa da Sinfónica de Boston como soprano operística e profesora de canto. Esta gran dama da ópera faleceu en Boston o 9 de setembro de 1965, aos 73 anos, discípula do mestre, empresario teatral e director de ópera José Tolosa, e do barítono e profesor de música e declamación Ignacio Tabuyo y Muro. Neste capítulo contamos co testemuño da súa sobriña neta, Pilar de Saa, e coas achegas da musicóloga e investigadora Marieta Lorenzo, centrada na recuperación das figuras galegas da lírica nacional e internacional.
-
22
Avance: María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos
O 13 de xaneiro de 1892 naceu en Vigo María Pardo Trapote. A súa infancia transcorreu entre a quinta familiar do Troncal, no barrio vigués de Teis, e a cidade de Pontevedra, onde vivían seus avós maternos. Rematou con excelentes cualificacións os seus estudos na Sociedade Económica de Santiago e os cursos de piano e canto. A partir de 1913 comezou a destacar como unha brillante artista lírica e participou nun concurso no que obtivo unha pensión para ampliar os seus estudos en Italia, cunha estancia no conservatorio de Milán. A finais de 1915 constituíu un grupo musical coa violinista María Chaves, coa que realizou unha excursión artística por Galicia. Chegou a actuar tamén no Teatro Español de Madrid e en Portugal, onde casou en 1919. Tras unha etapa no país veciño emigrou aos Estados Unidos, onde comezou unha nova relación con Vicenzo Calvaresi, profesor de linguas romances, e pasou a ser coñecida como María Pardo de Calvaresi. En 1935 o seu nome apareceu nun programa da Sinfónica de Boston como soprano operística e profesora de canto. Esta gran dama da ópera faleceu en Boston o 9 de setembro de 1965, aos 73 anos, discípula do mestre, empresario teatral e director de ópera José Tolosa, e do barítono e profesor de música e declamación Ignacio Tabuyo y Muro. No faladoiro correspondente a este capítulo convidamos a súa sobriña neta, Pilar de Saa, e a musicóloga e investigadora Marieta Lorenzo, centrada na recuperación das figuras galegas da lírica nacional e internacional.
-
21
Avance: Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora
Rebelde e apoderada, Urraca I de León foi a primeira monarca de Europa en exercer un reinado de pleno dereito. Filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as raíñas. A súa tía e homónima, Urraca de Zamora, instruíuna e serviulle de referente para non deixarse asoballar. Ela era tamén unha muller moi intelixente e rebelde que estudaba, participaba nas conversacións políticas, montaba dacabalo e ía de cacería cos seus irmáns. Non a deixaron gobernar pero proxectou na súa sobriña todo o que querería facer, e logrouno. Na España medieval de principios do século XII, nun mundo masculino onde as raíñas só podían dar herdeiros e contribuír co seu dote, a vida de Urraca I de León, alcumada a Temeraria polo seu carácter batallador, foi unha loita constante por conservar o poder e a integridade dos seus feudos ante as ameazas das e dos inimigos e dos seus propios parentes. As e os partidarios do seu fillo chegaron a cercala no castelo de Sobroso pero, malia as numerosas conspiracións, Urraca logrou gobernar en solitario ata o final da súa vida. Tras a súa morte, acusárona de reinar tiránica e femininamente e sufriu a condena da memoria ou damnatio memoriae, que durante moitos séculos ocultou o seu gran papel como unha das raíñas máis determinantes da historia de España, só polo feito de ser muller. No faladoiro deste capítulo convidamos a xornalista e escritora Isabel San Sebastián con motivo da publicación este mesmo ano do seu libro La Temeraria, centrado na vida da raíña Urraca, e contaremos tamén coa historiadora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela Carla Trincado, que centra a súa liña de estudo na historia das mulleres e, dentro desta, no poder feminino durante a Plena Idade Media, particularmente aquel exercido polas raíñas e infantas da península ibérica.
-
20
As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón
Entre 1936 e 1943, calcúlase que preto de seis mil homes estiveron presos na illa de San Simón, situada na enseada da ría de Vigo, e convertida en presidio e campo de concentración durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Ao longo deste período, estímase que uns setecentos homes morreron alí de enfermidade e malnutrición a causa das terribles condicións de amoreamento, da falta de hixiene e de alimentos, e dos traballos forzados aos que estaban sometidos. Na contorna creouse unha rede de cooperación, grazas ás mulleres xenerosas e valentes que, mesmo sen teren vinculación ningunha cos presos, se ofreceron a lavarlles a roupa e a levarlles comida, mantas, menciñas, e moitas veces cartas de familiares agochadas entre a roupa. A estas mulleres coñecémolas como as lavandeiras ou as madriñas de San Simón. Arriscaron a súa vida por axudar a quen non cometeu máis delito que defender os valores da República e da liberdade. Moitas delas foron castigadas, multadas e represaliadas, mais continuaron, como auténticas heroínas anónimas que loitaron desde o cotián contra a barbarie e a inxustiza. Houbo presos que mesmo acabaron casando coa súa madriña. É a historia do triunfo do amor por riba do odio que asoma sempre no extremismo de toda ditadura. Neste faladoiro escoitaremos os testemuños que compartiron con nós as familias dalgunhas destas madriñas durante a xuntanza que organizou a Deputación de Pontevedra na illa de San Simón. Alí, no lugar no que sucedeu a barbarie, atravesadas polos ventos da memoria, algunhas persoas destas familias relatan as historias que viron ou lles escoitaron ás súas nais, tías e avoas, convertidas na voz dun pobo que non quere esquecer a lección aprendida; un legado de terribles episodios narrados con dor, tristeza e xenreira, que deixan constancia do comportamento exemplar das xentes de Redondela a través da solidariedade das súas madriñas, mulleres anónimas de todas as parroquias que levaron consolo a todos aqueles homes e que deixaron para a historia unha lección de heroísmo e xenerosidade sen cotas.
-
19
Avance - As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón
Entre 1936 e 1943, calcúlase que preto de seis mil homes estiveron presos na illa de San Simón, situada na enseada da ría de Vigo, e convertida en presidio e campo de concentración durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Ao longo deste período, estímase que uns setecentos homes morreron alí de enfermidade e malnutrición a causa das terribles condicións de amoreamento, da falta de hixiene e de alimentos, e dos traballos forzados aos que estaban sometidos. Na contorna creouse unha rede de cooperación, grazas ás mulleres xenerosas e valentes que, mesmo sen teren vinculación ningunha cos presos, se ofreceron a lavarlles a roupa e a levarlles comida, mantas, menciñas, e moitas veces cartas de familiares agochadas entre a roupa. A estas mulleres coñecémolas como as lavandeiras ou as madriñas de San Simón. Arriscaron a súa vida por axudar a quen non cometeu máis delito que defender os valores da República e da liberdade. Moitas delas foron castigadas, multadas e represaliadas, mais continuaron, como auténticas heroínas anónimas que loitaron desde o cotián contra a barbarie e a inxustiza. Houbo presos que mesmo acabaron casando coa súa madriña. É a historia do triunfo do amor por riba do odio que asoma sempre no extremismo de toda ditadura.
-
18
Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única
Neste capítulo a propia Mary Quintero —a primeira muller viva que forma parte da colección Aquí Faltan Páxinas— narra a súa fascinante historia, a dunha nena de Melide, nada na España dos anos trinta, que tivo a sorte de criarse nunha galería de cristal, que era como se lles chamaba na época aos estudios de fotografía. O seu pai fotografaba e a súa nai coloreaba. Ela, coma quen xoga, foino aprendendo todo. Fixo a súa primeira exposición en Lugo cando tiña 15 anos e, desde ese momento, o seu pai insistiu en que asinase co seu nome e animouna a ter o seu propio estudio, primeiro en Lugo e despois en Vigo, a onde chegou nos anos cincuenta para facer sesións fotográficas nas mellores casas da cidade, irrompendo nun mundo de homes no que destacaban fotógrafos do prestixio de Pacheco, Balín ou Ángel Llanos. Montou o seu estudio na céntrica rúa Urzáiz, no mesmo edificio onde vivía, e conciliou o oficio de fotógrafa, á fronte dun equipo de once persoas, coa crianza de dúas fillas e dous fillos. Cando chegou a fotografía a cor e ninguén parecía capaz de dominar a nova técnica, ela desenvolveu un sistema propio de retoque fotográfico que salvou o sector. A partir de aí, Kodak contratouna para darlles cursos a fotógrafos de todas partes. Tamén usou maxistralmente o proxector de fondos e, de novo, tivo que ensinar a moitos outros estudios a traballar con el. Compartiu os seus coñecementos dunha forma xenerosa en centos de congresos por todo o mundo e retratou varias xeracións da sociedade viguesa e moitos rostros coñecidos ao longo de 77 anos de carreira, nos que recibiu o respecto e a admiración das e dos seus colegas de profesión e os premios máis importantes. Hoxe experimenta coa pintura, a súa outra paixón, e asegura estar encantada coa fotografía dixital, aínda que a súa chegada lle obrigase a pechar o estudio.
-
17
Avance: Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única
Este faladoiro completa as actividades programadas arredor de Mary Quintero, a primeira muller viva que forma parte da colección Aquí Faltan Páxinas, nas que tamén se inclúe a exposición sobre a súa traxectoria que pode visitarse na sede viguesa da Deputación de Pontevedra. No podcast, a propia Mary Quintero narra a súa fascinante historia, a dunha nena de Melide, nada na España dos anos trinta, que tivo a sorte de criarse nunha galería de cristal, que era como se lles chamaba na época aos estudios de fotografía. O seu pai fotografaba e a súa nai coloreaba. Ela, coma quen xoga, foino aprendendo todo. Fixo a súa primeira exposición en Lugo cando tiña 15 anos e, desde ese momento, o seu pai insistiu en que asinase co seu nome e animouna a ter o seu propio estudio, primeiro en Lugo e despois en Vigo, a onde chegou nos anos cincuenta para facer sesións fotográficas nas mellores casas da cidade, irrompendo nun mundo de homes no que destacaban fotógrafos do prestixio de Pacheco, Balín ou Ángel Llanos. Montou o seu estudio na céntrica rúa Urzáiz, no mesmo edificio onde vivía, e conciliou o oficio de fotógrafa, á fronte dun equipo de once persoas, coa crianza de dúas fillas e dous fillos. Cando chegou a fotografía a cor e ninguén parecía capaz de dominar a nova técnica, ela desenvolveu un sistema propio de retoque fotográfico que salvou o sector. A partir de aí, Kodak contratouna para darlles cursos a fotógrafos de todas partes. Tamén usou maxistralmente o proxector de fondos e, de novo, tivo que ensinar a moitos outros estudios a traballar con el. Compartiu os seus coñecementos dunha forma xenerosa en centos de congresos por todo o mundo e retratou varias xeracións da sociedade viguesa e moitos rostros coñecidos ao longo de 77 anos de carreira, nos que recibiu o respecto e a admiración das e dos seus colegas de profesión e os premios máis importantes. Hoxe experimenta coa pintura, a súa outra paixón, e asegura estar encantada coa fotografía dixital, aínda que a súa chegada lle obrigase a pechar o estudio.
-
16
Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis
Non se entendería a historia de Placeres Castellanos sen a de Víctor Fraiz. Nin a de Víctor sen a de Placeres. Con el casou moi nova, sendo el o seu mestre. Foi perseguido e asasinado polo bando franquista nos meses posteriores á sublevación de 1936, ao igual que os seus fillos Víctor Jesús, Vicente e Moncho. Aquel golpe mudou por completo a vida da que foi a primeira muller da Agrupación Socialista de Vigo. A súa existencia converteuse, máis que nunca, nunha loita pola súa dignidade e pola da súa familia. Entregouse ao coidado de nenas e nenos e persoas feridas ata que tivo que escapar ao sur de Francia, onde permaneceu en campos de internamento e entrou en contacto coa resistencia francesa, coa que colaborou como guerrilleira de enlace. Finalizada a guerra, o seu activismo feminista levouna a representar a Marsella, onde traballaba como xornalista, no Congreso Internacional de Mulleres que tivo lugar en París en novembro de 1945. Alí coincidiu con Dolores Ibárruri, a Pasionaria. En 1948 reuniuse en París co seu fillo pequeno, co que partiu á Arxentina en 1949. Cando volveu a Galicia en 1955 reencontrouse coa súa familia, alugou unha casa e dedicouse a intentar recuperar os anos perdidos ata o seu falecemento en 1971. Neste capítulo contamos coa voz da súa neta, Silvia Caldas, que conviviu con ela desde que regresou a Galicia ata a súa morte. Ela custodia o seu valioso legado: unha maleta con escritos, fotografías e algunha prenda significativa que Placeres lle entregou e que conserva xunto ás anécdotas e leccións de vida que a súa avoa lle transmitiu e que a marcaron profundamente.
-
15
Avance - Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis
Non se entendería a historia de Placeres Castellanos sen a de Víctor Fraiz. Nin a de Víctor sen a de Placeres. Con el casou moi nova, sendo el o seu mestre. Foi perseguido e asasinado polo bando franquista nos meses posteriores á sublevación de 1936, ao igual que os seus fillos Víctor Jesús, Vicente e Moncho. Aquel golpe mudou por completo a vida da que foi a primeira muller da Agrupación Socialista de Vigo. A súa existencia converteuse, máis que nunca, nunha loita pola súa dignidade e pola da súa familia. Entregouse ao coidado de nenas e nenos e persoas feridas ata que tivo que escapar ao sur de Francia, onde permaneceu en campos de internamento e entrou en contacto coa resistencia francesa, coa que colaborou como guerrilleira de enlace. Finalizada a guerra, o seu activismo feminista levouna a representar a Marsella, onde traballaba como xornalista, no Congreso Internacional de Mulleres que tivo lugar en París en novembro de 1945. Alí coincidiu con Dolores Ibárruri, a Pasionaria. En 1948 reuniuse en París co seu fillo pequeno, co que partiu á Arxentina en 1949. Cando volveu a Galicia en 1955 reencontrouse coa súa familia, alugou unha casa e dedicouse a intentar recuperar os anos perdidos ata o seu falecemento en 1971. Falaremos coa súa neta, Silvia Caldas, que conviviu con ela desde que regresou a Galicia ata a súa morte. Ela custodia o seu valioso legado: unha maleta con escritos, fotografías e algunha prenda significativa que Placeres lle entregou e que conserva xunto ás anécdotas e leccións de vida que a súa avoa lle transmitiu e que a marcaron profundamente.
-
14
Avelina Valladares. A frustración de ser escritora na Galicia do século XIX
Pioneira da literatura galega, Avelina Valladares destaca por ser unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora en empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas. Non queda dela unha soa imaxe. O único que sabemos é que viviu na Ulla, que apenas saíu da súa casa de Vilancosta (A Estrada), que dedicou a súa vida a coidar da familia, que foi a irmá do escritor Marcial Valladares e que era unha fervente católica; unha muller que, malia ser extremadamente humilde, logrou romper coas normas sociais ao rexeitar unha e outra vez os pretendentes que a viñan “salvar” do seu estado de solteira porque ela xa se salvaba a si mesma a través da escrita, da poesía e da entrega ás demais persoas. Nun século xix marcado pola inestabilidade política e pola recuperación do galego na escrita, as voces do seu tempo eloxiárona comparándoa con Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal. Ademais dos seus textos, deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos executados con destreza. Avelina Valladares é un exemplo, un referente que hoxe permanece vixente a través do premio de poesía que leva o seu nome e que lles transmite o seu legado ás novas xeracións. Neste capítulo contamos coas voces de Mari Carmen Ferreirós, descendente de Avelina, e da investigadora Isabel Rei Sanmartim, nunhas declaracións gravadas por Nós Televisión para o filme documental O rexurdimento de Avelina Valladares.
-
13
Avance - Avelina Valladares. A frustración de ser escritora na Galicia do século XIX
Pioneira da literatura galega, Avelina Valladares destaca por ser unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora en empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas. Non queda dela unha soa imaxe. O único que sabemos é que viviu na Ulla, que apenas saíu da súa casa de Vilancosta (A Estrada), que dedicou a súa vida a coidar da familia, que foi a irmá do escritor Marcial Valladares e que era unha fervente católica; unha muller que, malia ser extremadamente humilde, logrou romper coas normas sociais ao rexeitar unha e outra vez os pretendentes que a viñan “salvar” do seu estado de solteira porque ela xa se salvaba a si mesma a través da escrita, da poesía e da entrega ás demais persoas. Nun século xix marcado pola inestabilidade política e pola recuperación do galego na escrita, as voces do seu tempo eloxiárona comparándoa con Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal. Ademais dos seus textos, deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos executados con destreza. Avelina Valladares é un exemplo, un referente que hoxe permanece vixente a través do premio de poesía que leva o seu nome e que lles transmite o seu legado ás novas xeracións. Falaremos coa xornalista Laura Filloy Martínez, que investiga sobre a figura da autora de Vilancosta desde hai anos e publicou o artigo "Avelina Valladares, a muller sen rostro" na edición da revista Miscelánea, en 2021. A sesión terá lugar o xoves 18 de abril, ás 19 horas, no Museo do Moble e da Madeira (MOME) da Estrada.
-
12
Inmaculada Paz Andrade. Unha investigadora en loita contra os incendios
Inmaculada Paz Andrade foi unha científica incombustible que lles declarou a guerra aos incendios forestais. Con mentalidade inglesa e corazón profundamente galego, esta pontevedresa da parroquia de Lérez desenvolveu unha carreira investigadora pola que obtivo innumerables recoñecementos na comunidade científica, nunha especialidade pola que non sentía ningunha vocación cando empezou a estudar. Ela quería facer Medicina, pero a súa familia pensaba que esa non era carreira para unha muller. Entrou na Facultade de Ciencias por non quedar na casa e acabou introducindo a especialidade da microcalorimetría en España e converténdose na primeira muller en recibir o título de catedrática de Física na Universidade de Santiago de Compostela, entre outros moitos logros. Nun momento no que o acceso ao campo da investigación estaba reservado para os homes, esta pioneira foi quen de superar as barreiras impostas e de converterse en todo un exemplo inspirador para as novas xeracións de científicas. Neste capítulo contamos coa voz da investigadora, nunha entrevista concedida á Televisión de Galicia en 2014.
-
11
Avance - Inmaculada Paz Andrade. Unha investigadora en loita contra os incendios
Inmaculada Paz Andrade foi unha científica incombustible que lles declarou a guerra aos incendios forestais. Con mentalidade inglesa e corazón profundamente galego, esta pontevedresa da parroquia de Lérez desenvolveu unha carreira investigadora pola que obtivo innumerables recoñecementos na comunidade científica, nunha especialidade pola que non sentía ningunha vocación cando empezou a estudar. Ela quería facer Medicina, pero a súa familia pensaba que esa non era carreira para unha muller. Entrou na Facultade de Ciencias por non quedar na casa e acabou introducindo a especialidade da microcalorimetría en España e converténdose na primeira muller en recibir o título de catedrática de Física na Universidade de Santiago de Compostela, entre outros moitos logros. Nun momento no que o acceso ao campo da investigación estaba reservado para os homes, esta pioneira foi quen de superar as barreiras impostas e de converterse en todo un exemplo inspirador para as novas xeracións de científicas. Falaremos con Xoana Pintos Barral, divulgadora científica e especialista en estudos sobre a análise do papel das mulleres na ciencia. A sesión terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 19 horas, no salón de plenos da Deputación de Pontevedra.
-
10
As leiteiras de Pontevedra. O triunfo da unión entre mulleres
En xullo de 1892, cando o Concello de Pontevedra decidiu que o leite se debía gravar como un consumo, as leiteiras que chegaban cada día a esta cidade desde o rural para vender o leite polas casas negáronse a pagar as taxas municipais e autoorganizáronse nun movemento subversivo ao que se lles sumaron as vendedoras de legumes, froitas e peixe, as clases populares e as forzas republicanas opostas ao poder. Houbo protestas e loitas nas rúas durante seis días. E, finalmente, baixo a presión da falta de mercadorías, a Corporación municipal acordou suprimir o imposto sobre o leite e rebaixar tamén os arbitrios do peixe. Aquel trunfo da unión entre mulleres prendeu a chama do movemento agrario pontevedrés e foi a semente das primeiras sociedades agrarias en Lérez ou en Marcón, ademais de inspirar outras revoltas en distintos puntos de Galicia. Porén, non se lles recoñeceu o papel fundamental que xogaron estas loitadoras nas reivindicacións do agro, que acadaron logros para o ben común de toda a sociedade galega. Neste capítulo, contamos co testemuño de Amelia García Sanmartín, unha das leiteiras da parroquia de Santa María de Xeve, entrevistada pola investigadora María Abelleira nun audio cedido pola cooperativa Maos Innovación Social.
-
9
Avance - As leiteiras de Pontevedra. O triunfo da unión entre mulleres
En xullo de 1892, cando o Concello de Pontevedra decidiu que o leite se debía gravar como un consumo, as leiteiras que chegaban cada día a esta cidade desde o rural para vender o leite polas casas negáronse a pagar as taxas municipais e autoorganizáronse nun movemento subversivo ao que se lles sumaron as vendedoras de legumes, froitas e peixe, as clases populares e as forzas republicanas opostas ao poder. Houbo protestas e loitas nas rúas durante seis días. E, finalmente, baixo a presión da falta de mercadorías, a Corporación municipal acordou suprimir o imposto sobre o leite e rebaixar tamén os arbitrios do peixe. Aquel triunfo da unión entre mulleres prendeu a chama do movemento agrario pontevedrés e foi a semente das primeiras sociedades agrarias en Lérez ou en Marcón, ademais de inspirar outras revoltas en distintos puntos de Galicia. Porén, non se lles recoñeceu o papel fundamental que xogaron estas loitadoras nas reivindicacións do agro, que acadaron logros para o ben común de toda a sociedade galega. Falaremos coa xornalista Xiana Iglesias, autora dunha investigación sobre as leiteiras de Pontevedra publicada no proxecto “A memoria das mulleres”. A sesión terá lugar o xoves 7 de febreiro, ás 19 horas, no salón de plenos da Deputación de Pontevedra.
-
8
Carmen Babiano. A artista na gaiola
Carmen Babiano foi unha das primeiras pintoras en destacar en Galicia a finais do século xix, nun momento no que nas artes aínda non se entendía o concepto da igualdade e o matrimonio marcaba o fin da carreira dunha muller. Ao casar, Carmen deixou de pintar por mandato social, pero enfocou a súa forza creadora e o seu interese polas artes na formación das súas fillas e tamén nun labor de mecenado que a converteu nunha figura clave na vida cultural pontevedresa. Neste capítulo contamos coa análise da profesora de Arte Lourdes Martínez-Sapiña, responsable da Sala de Exposicións de Caja Madrid en Pontevedra entre 1993 e 2004 e comisaria no ano 1994 dunha mostra arredor do palacete das Mendoza na que se inclúe a figura de Babiano. Ela foi a primeira en realizar unha investigación profunda sobre a súa figura, que serviu de base para posteriores achegas, e que se enmarca nun traballo con perspectiva de xénero que a profesora desenvolveu ao longo de toda a súa traxectoria como comisaria.
-
7
Avance - Carmen Babiano. A artista na gaiola
No mes de febreiro Aquí Faltan Páxinas presenta a súa segunda colección de mulleres extraordinarias, que se inaugura cun capítulo dedicado a Carmen Babiano, unha das primeiras pintoras en destacar en Galicia a finais do século xix, nun momento no que nas artes aínda non se entendía o concepto da igualdade e o matrimonio marcaba o fin da carreira dunha muller. Ao casar, Carmen deixou de pintar por mandato social, pero enfocou a súa forza creadora e o seu interese polas artes na formación das súas fillas e tamén nun labor de mecenado que a converteu nunha figura clave na vida cultural pontevedresa. Beatriz de San Ildefonso, conservadora do Museo de Pontevedra e comisaria da mostra realizada en 2022 arredor de Carmen Babiano e das súas fillas, guiaranos pola historia desta artista que afogou a súa carreira na gaiola do fogar. A sesión terá lugar o xoves 22 de febreiro, ás 19 horas, no vestíbulo do Museo de Pontevedra.
-
6
Sofía Novoa Ortiz. Pianista, pedagoga e exiliada republicana
“Aquí faltan páxinas” presenta a historia da brillante pianista e pedagoga viguesa Sofía Novoa Ortiz, que conviviu coa xeración do 27 e chegou a colaborar con Alberti. De familia republicana e socialista, a guerra obrigouna a exiliarse nos Estados Unidos, onde alcanzou o éxito que lle foi negado na súa terra. Despois de dar clases de español na Universidade de Columbia, asentouse definitivamente no prestixioso Vassar College, onde tivo como alumna a Jacqueline Kennedy e onde defendeu o valor transversal da música nas súas aulas de Literatura e Cultura Española. Na súa honra, a Deputación de Pontevedra creou os Premios Sofía Novoa para fomentar a perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e de fin de grao da Universidade de Vigo. Acompáñanos nesta sesión a tamén pianista e profesora de música Carmen Losada, doutorada coa tese Mujeres pianistas en Vigo. Del salón aristocrático a la Edad de Plata (1857-1936). Sofía Novoa, onde se estuda, por primeira vez en Galicia, a aparición de mulleres pianistas e o seu encaixe na sociedade burguesa de Vigo. É autora do libro Sofía Novoa Ortiz. Pianista, pedagoga y exiliada, publicado polo Instituto de Estudos Vigueses, co que acaba de presentar este mesmo ano outro estudo baixo o título Mujeres pianistas en Vigo. 1857-1936.
-
5
Avance: Sofía Novoa Ortiz. Pianista, pedagoga e exiliada republicana
En decembro “Aquí faltan páxinas” presenta a historia da brillante pianista e pedagoga viguesa Sofía Novoa Ortiz, que conviviu coa xeración do 27 e chegou a colaborar con Alberti. De familia republicana e socialista, a guerra obrigouna a exiliarse nos Estados Unidos, onde alcanzou o éxito que lle foi negado na súa terra. Despois de dar clases de español na Universidade de Columbia, asentouse definitivamente no prestixioso Vassar College, onde tivo como alumna a Jacqueline Kennedy e onde defendeu o valor transversal da música nas súas aulas de Literatura e Cultura Española. Na súa honra, a Deputación de Pontevedra creou os Premios Sofía Novoa para fomentar a perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e de fin de grao da Universidade de Vigo. A sesión terá lugar o martes 26 de decembro, ás 19 horas, na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, e a nosa convidada nesta ocasión será a tamén pianista e profesora de música Carmen Losada, doutorada coa tese Mujeres pianistas en Vigo. Del salón aristocrático a la Edad de Plata (1857-1936). Sofía Novoa, onde se estuda, por primeira vez en Galicia, a aparición de mulleres pianistas e o seu encaixe na sociedade burguesa de Vigo. É autora do libro Sofía Novoa Ortiz. Pianista, pedagoga y exiliada, publicado polo Instituto de Estudos Vigueses, co que acaba de presentar, este mesmo ano, outro estudo baixo o título Mujeres pianistas en Vigo. 1857-1936.
-
4
A Bella Otero. Unha icona da Belle Époque
“Aquí faltan páxinas” sobe aos escenarios nos que trunfou a Bela Otero, unha das personaxes máis emblemáticas do París galante da belle époque e cunha vida fascinante chea de luces e sombras. Tras unha brutal violación, con só 12 anos viuse obrigada a abandonar Valga. Fuxindo do estigma, Carolina Otero soubo reinventarse como bailarina, cantante e actriz, e construír unha historia perfectamente calculada para catapultala á fama, á fortuna e ao corazón de ricos e poderosos admiradores. Chegou a ser unha das mulleres máis influentes do mundo e perdeuno todo nos casinos. Morreu na Costa Azul, apartada do foco público, e con ela din que morreu tamén a propia belle époque. Acompáñanos na sesión a historiadora Encarna Otero, autora das entradas da Bela Otero na Galipedia e no “Álbum de mulleres” do Consello da Cultura Galega, ademais de escritora e colaboradora de varios medios de comunicación nos que publicou artigos sobre a muller na historia.
-
3
Avance: A Bella Otero. Unha icona da Belle Époque
En novembro “Aquí faltan páxinas” sobe aos escenarios nos que trunfou a Bela Otero, unha das personaxes máis emblemáticas do París galante da belle époque e cunha vida fascinante chea de luces e sombras. Tras unha brutal violación, con só 12 anos viuse obrigada a abandonar Valga. Fuxindo do estigma, Carolina Otero soubo reinventarse como bailarina, cantante e actriz, e construír unha historia perfectamente calculada para catapultala á fama, á fortuna e ao corazón de ricos e poderosos admiradores. Chegou a ser unha das mulleres máis influentes do mundo e perdeuno todo nos casinos. Morreu na Costa Azul, apartada do foco público, e con ela din que morreu tamén a propia belle époque. A sesión terá lugar o mércores 16 de novembro, ás 19:00 horas, en Valga, e a nosa convidada nesta ocasión será a historiadora Encarna Otero, autora de estudos académicos, ensaios e novelas, ademais de colaboradora de varios medios de comunicación nos que publicou artigos sobre a muller na historia. Son tamén da súa autoría as entradas da Bela Otero na Galipedia e no “Álbum de mulleres” do Consello da Cultura Galega.
-
2
Isabel Barreto. Adiantada dos mares do sur
En outubro Aquí Faltan Páxinas navega polos mares do sur para rescatar a figura de Isabel Barreto, aventureira, descubridora e adiantada da navegación española, que tivo unha fascinante vida á fronte dunha das expedicións marítimas españolas máis longas do século xvi. Atravesou o océano Pacífico e foi a primeira en facelo polo hemisferio sur. O seu piloto, Pedro Fernández de Quirós, acusouna de ser cruel ao mando da expedición, pero outros membros da tripulación aseguran que foi unha valorosa heroína. Aínda que de ser unha déspota, non o eran igualmente os homes en situacións similares? Sobre isto conversamos coa escritora e investigadora Eloísa Gómez-Lucena, autora do libro Españolas del Nuevo Mundo, un compendio de 38 ensaios biográficos de mulleres que desenvolveron algún labor singular no Novo Mundo durante os séculos xvi e xvii no que se recolle unha exhaustiva investigación sobre a vida de Isabel Barreto.
-
1
Avance: Isabel Barreto. Adiantada dos mares do sur
En outubro Aquí Faltan Páxinas navega polos mares do sur para rescatar a figura de Isabel Barreto, aventureira, descubridora e adiantada da navegación española, que tivo unha fascinante vida á fronte dunha das expedicións marítimas españolas máis longas do século xvi. Atravesou o océano Pacífico e foi a primeira en facelo polo hemisferio sur. O seu piloto, Pedro Fernández de Quirós, acusouna de ser cruel ao mando da expedición, pero outros membros da tripulación aseguran que foi unha valorosa heroína. Aínda que de ser unha déspota, non o eran igualmente os homes en situacións similares? A sesión terá lugar o mércores 19 de outubro, ás 19 horas, na sede da Deputación en Pontevedra, e teremos como convidada a escritora e investigadora Eloísa Gómez-Lucena, autora do libro Españolas del Nuevo Mundo, un compendio de 38 ensaios biográficos de mulleres que desenvolveron algún labor singular no Novo Mundo durante os séculos xvi e xvii no que se recolle unha exhaustiva investigación sobre a vida de Isabel Barreto.
-
0
Oceanógrafa. Unha pioneira na investigación mariña
En setembro AQUÍ FALTAN PÁXINAS mergúllase no fondo dos océanos para rescatar a figura de Ángeles Alvariño, a primeira científica que se embarcou nun buque oceanográfico como investigadora. Descubriu 22 novas especies mariñas e revelou como a presenza de distintas formas de zooplancto na auga podía servir de excelente indicador do estado de saúde dos mares e dos caladoiros de pesca. E, aínda que na España do século pasado as mulleres eran case unha anomalía científica, esta ferrolá afincada durante un tempo en Vigo, logrou facerse un oco nese campo do coñecemento tan dominado por un sistema patriarcal, para deixar boa proba do seu talle intelectual. Neste faladoiro repasamos a súa vida na privilexiada compañía da súa filla, Ángeles Leira Alvariño, que viaxou para esta sesión desde La Jolla, California, onde aínda vive desde que se trasladara alí cando era moza, acompañando o último destino profesional da súa nai nos Estados Unidos.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
HOSTED BY
Deputación de Pontevedra
CATEGORIES
Loading similar podcasts...