EPISODE · Jun 19, 2026 · 1H 3M
AS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO. Abrirse camiño reivindicando territorio e identidade
from Aquí faltan páxinas · host Deputación de Pontevedra
O viño é parte fundamental da cultura galega e, na provincia de Pontevedra, as mulleres xogaron un papel constante pero historicamente invisibilizado. Tradicionalmente, foron as encargadas do coidado das viñas, da vendima, do pisado e da conservación, e transmitiron saberes vitivinícolas de xeración en xeración. Co paso do tempo, moitas delas asumiron tamén a xestión das adegas, especialmente cando os homes emigraban. Nos últimos anos, a súa presenza profesionalizouse e diversificouse: enólogas, sommelieres, comercializadoras e responsables de innovación, ademais de liderar proxectos premiados na Denominación de Orixe Rías Baixas.Aínda que as cifras seguen revelando unha menor porcentaxe de mulleres en cargos directivos, a tendencia é ascendente e o seu recoñecemento no sector aumenta, abrindo camiño para novas xeracións que vinculan viño, territorio e identidade. Exemplos coma o de Anónimas Viticultoras, que este ano acadou o Premio Isabel Mijares na categoría de mellor novo proxecto, dentro da Barcelona Wine Week, talvez o máis prestixioso dos salóns do viño que se celebran na península ibérica, revelan un cambio de paradigma. O seu proxecto comezou no 2016 no corazón do Salnés grazas á unión dos talentos da enóloga Cristina Yagüe e da adegueira María Falcón para fundar unha iniciativa que se levanta sobre dúas premisas: outorgarlle visibilidade á figura da muller, fundamental pero desapercibida para o gran público no ámbito da vitivinicultura, e extraerlles todo o seu potencial ás moitas e potentes variedades de uva que crecen en Galicia.
Embed this episode
NOW PLAYING
AS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO. Abrirse camiño reivindicando territorio e identidade
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.