EPISODE · Apr 3, 2024 · 18 MIN
Auga II: Remediar a contaminación da auga
from UCC+i da UVigo · host Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo
Neste novo episodio da serie conmemorativa do Día Mundial da Auga, a investigadora da Universidade de Vigo, Verónica Poza Nogueiras é entrevistada no CEIP de Laredo, por Ángel, Telmo e Martina sobre a descontaminación das augas. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación.Verónica é Doutora en Enxeñaría Química pola Universidade de Vigo e pertence ao grupo de investigación BIOSUV (Bioenxeñaría e Procesos Sostibles). O seu traballo céntrase fundamentalmente na descontaminación de augas mediante a aplicación de tecnoloxías limpas e novidosas. Con estas novas técnicas búscase conseguir unha eliminación dos contaminantes das augas máis eficaz que as eliminacións que se acadan hoxe en día coas tecnoloxías de tratamento tradicionais.Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.Agradecementos á dirección, profesorado e á coordinadora da radio, María Pérez, do CEIP de Laredo en Chapela.
Embed this episode
Ready to play
Auga II: Remediar a contaminación da auga
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.