PODCAST · science
UCC+i da UVigo
by Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo
A UCC+i da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”, pon en marcha este podcast para pór en valor o labor investigador da universidade, e establecer unha canle de comunicación accesible e activa entre a institución e a cidadanía. O obxectivo xeral do proxecto, é a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía. O concepto “ida e volta” trata de exemplificar o movemento circular da ciencia, como as investigación científicas poden aplicarse na sociedade e mellorar a súa contorna e como a sociedade pode promover novos retos, novas ideas ou axudar e complementar estes estudos. A unión de ambos consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.
-
39
Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Belén Martín Lucas
As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.Neste episodio, Belén Martín Lucas —catedrática do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, e fundadora do grupo de Referencia Competitiva en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación (BiFeGa)—, defende a investigación como unha ferramenta para interpretar e transformar o mundo, reivindicando o papel das humanidades, a importancia dos coidados e o compromiso colectivo na loita por unha sociedade máis xusta.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
38
Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Lucía Díaz Vilariño
As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.Neste episodio, Lucía Díaz Vilariño —docente na Escola de Enxeñaría Industrial e investigadora Ramón y Cajal no grupo Xeotecnoloxías Aplicadas do centro de investigación CINTECX da Universidade de Vigo—, fálanos de como a lectura e a observación do mundo a marcaron desde pequena, e como foi construíndo a súa traxectoria a través de distintos lugares e experiencias internacionais que lle permitiron ampliar a súa mirada.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
37
Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Alma Gómez Rodríguez
As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.Neste episodio, Alma Gómez Rodríguez —docente na Escola de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo e investigadora no Laboratorio de Informática Aplicada do Instituto de Física, Computación e Ciencia Aeroespacial—, fálanos da importancia da investigación como ferramenta de progreso social, e tamén destaca o valor da divulgación para achegar a ciencia á cidadanía e inspirar novas vocacións, especialmente entre as nenas. Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
36
Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Raquel Fernández González
As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.Neste episodio, Raquel Fernández González —doutora en Economía, docente na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e investigadora no grupo ERENEA e no centro de investigación ECOBAS—, explica como unha inxustiza na súa veciñanza a marcou desde pequena e a levou a atopar na Economía unha ferramenta para entender e transformar a realidade.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
35
Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Maite deCastro Rodríguez
As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.Neste episodio, Maite deCastro Rodríguez —catedrática en Física da Terra, docente na Facultade de Ciencias do campus de Ourense e IP do grupo de investigación Ephyslab do Centro de Investigación Mariña (CIM) da UVigo—, fálanos de como descubriu na formación unha vía para mellorar as súas oportunidades e acabou atopando na investigación a súa verdadeira vocación.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
34
Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes
As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.Neste episodio, Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes —docente no departamento de Escultura da Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e investigadora principal do grupo PRACE—, relata unha traxectoria marcada pola precariedade, a maternidade e as dúbidas, e reivindica a creación como un acto de resistencia e a arte como un espazo de liberdade e transformación social.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
33
Audiolibro Quero ser investigadora 6 | María Mayán Santos
As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.Neste episodio, María Mayán Santos —doutora en bioloxía e investigadora principal do grupo de investigación CellCOM do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo—, deixa unha mensaxe para as nenas e mozas de hoxe: que poden ocupar “calquera espazo que se propoñan”.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
32
Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Begoña González de Prado
As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.Neste episodio, Begoña González de Prado —catedrática de Enxeñaría Química na Universidade de Vigo e líder do grupo de investigación FEQxlab—, fálanos de como emprega a enxeñaría química para desenvolver solucións sostibles, transformando residuos en recursos e reducindo o impacto ambiental de sectores como o téxtil.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
31
Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Mónica Valderrama Santomé
Seguindo a liña da edición anterior, o catálogo Quero ser investigadora 6ª incorpora un audiolibro no que as propias protagonistas dan voz ás súas historias, ampliando as posibilidades de acceso e conexión co público. Neste episodio 0, Mónica Valderrama —vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais—, destaca a importancia de dar visibilidade a investigadoras do presente que contribúan a construír un imaxinario científico colectivo máis xusto e representativo.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
30
Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Laura Salonen
Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.Neste episodio, Laura Salonen —investigadora Ramón y Cajal do grupo de Nanomateriais Híbridos do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Entre outras cousas, a investigadora finlandesa confesa que, para concentrarse, ten un ritual moi persoal: escoitar a banda sonora de O Señor dos Aneis. Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
29
Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Julia Carballo Rodríguez
Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.Neste episodio, Julia Carballo Rodríguez —doutora en Farmacia e profesora de Microbioloxía—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Na súa historia, a docente do campus ourensán destaca a aprendizaxe derivada da pandemia: “A saúde humana non pode desligarse do medio ambiente nin dos animais. Todo está conectado”.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
28
Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Estefanía Paredes Rosendo
Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.Neste episodio, Estefanía Paredes Rosendo —investigadora do grupo ECOCOST do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Un relato no que campo nos sumerximos na criobioloxía mariña, unha área na que Estefanía estuda técnicas de conservación de especies como o mexillón, a ameixa ou os ourizos de mar. Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
27
Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Emma Torres Romay
Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.Neste episodio, Emma Torres Romay —profesora titulada da Universidade de Vigo e decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. No seu relato, lembra como nos seus cadernos escolares xa deseñaba logotipos e marcas para unha futura empresa de moda: “inconscientemente sempre me chamou moito a atención a publicidade”.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
26
Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Susana Álvarez González
Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.Neste episodio, Susana Álvarez González —profesora titular de Teoría e Filosofía do Dereito na Facultade de Dereito do campus de Ourense, onde actualmente tamén desempeña o cargo de decana—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Entre as súas lembranzas, comparte que lembra que desde pequena se sentiu atraída polo funcionamento das normas e a defensa dos dereitos das persoas. Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
25
Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Olga Alonso Villar
Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.Neste episodio, Olga Alonso Villar—catedrática no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, do que é subdirectora, e integrante do centro de investigación interuniversitario ECOBAS—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Entre outras moitas cousas, confesa que a súa vocación naceu do interese pola xustiza social e que, aínda que de nena dubidaba entre ser mestra ou detective, foi un profesor quen lle abriu o camiño cara ás matemáticas e, desde aí, á economía.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
24
Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Susana Rodríguez Barcia
Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.Neste episodio, Susana Rodríguez Barcia —profesora titular no Departamento de Lingua Española da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e investigadora no grupo GRADES—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. No seu relato, a investigadora reivindica a linguaxe como ferramenta de transformación: “É o que nos define, o que nos permite entendernos e transformarnos”.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
23
Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Mercedes Solla Carracelas
Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.Neste episodio, Mercedes Solla Carracelas —investigadora Ramón y Cajal no Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, doutora Enxeñeira de Montes e membro do grupo de investigación de Xeotecnoloxías Aplicadas (Geotech) do centro de investigación CINTECX—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Un relato no que contaxia a súa fascinación por “ver máis alá do que é visible”, interpretando sinais ocultas na terra a través do xeorradar.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
22
Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Ana Ulla Miguel
Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.Neste episodio, Ana Ulla Miguel —doutora en Ciencias Físicas coa especialidade de Astrofísica e catedrática da Universidade de Vigo—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. “Merquei o meu primeiro libro de astronomía e comecei a aprender pola miña conta, sen telescopio, a ollo e cunha lanterna vermella para non alterar a capacidade de observación nocturna”. Para Ulla, entender que a Terra é só “un pequeno planeta flotando nun vasto universo” axuda a poñer en perspectiva moitas das nosas preocupacións cotiás.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
-
21
Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Silvia García González
Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.Neste episodio, Silvia García González —doutora en Belas artes e profesora nas facultades de Deseño e de Belas Artes da Universidade de Vigo—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Unha conversa na que a investigadora destaca a importancia da conexión emocional co saber. No seu caso, a historia familiar serve de marco para dar sentido ás súas propias motivacións: “o meu avó materno era carpinteiro de ribeira en Massó e gustaríame aprender carpintaría porque me conecta coa súa memoria”.Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
20
Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Mónica Valderrama Santomé
Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.Neste episodio 0, Mónica Valderrama —vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais—, fálanos dos motivos da incorporación deste novo formato ao proxecto, así como do compromiso da Universidade de Vigo cunha divulgación científica accesible, inclusiva e próxima. Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
19
Historias compartidas VI | Neylis
Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.No Episodio 6, Neylis Salinas valora moi positivamente toda a axuda recibida para a súa integración e a da súa familia. Ela tamén fai balance desta etapa e da unha visión positiva para a procura dos soños. 🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
18
Historias compartidas V | John
Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.No Episodio 5, o colombiano John Pineda fálanos da súa motivación para vir a Galicia e das dificultades da adaptación. O que máis valora é a cultura e todo o que aprendeu nesta nova etapa vital.🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
17
Historias compartidas IV | Eva
Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.No Episodio 4, Eva Medina bota en falta o seu país de orixe, Arxentina, e como fai para enfocar a súa vida nesta época de cambios.🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
16
Historias compartidas III | Milagros
Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.No Episodio 3, Milagros Pirela fálanos da esperanza dunha vida mellor en Ourense, que a motivou a emigrar. Ela fálanos da importancia de participar en actividades para facilitar a socialización e integración.🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
15
Historias compartidas II | Genry
Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.No Episodio 2, Genry Montero fálanos da súa chegada dende Venezuela, da súa motivación e das dificultades coas que se atopou, como a homologación profesional.🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
14
Historias compartidas I | Jorge
Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.No Episodio 1, Jorge Colina achéganos á súa historia recente de integración en Ourense e como fixo fronte a algúns dos atrancos que atopou.🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
13
Historias compartidas 0 | Natividad
Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.No Episodio 0, conversamos con Natividad Álvarez Matías, responsable de inclusión social de Cruz Vermella en Ourense, quen nos ofrece unha visión do traballo da entidade co colectivo migrante e da importancia de iniciativas coma esta.Nos seguintes episodios, coñeceremos de primeira man os testemuñas das persoas participantes: os seus puntos de partida, os retos ao chegar a Galicia, os descubrimentos positivos no camiño e como a creatividade se converteu nun motor de transformación persoal.🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
12
Saúde IV. Dálle ritmo! - Parte II
Segunda parte do podcast gravado no IES Mendiño, para afondar na relación da saúde cardiovascular co deporte e coa alimentación cos expertos da Universidade de Vigo: Federico Mallo Ferrer. Catedrático de Fisioloxía e Endocrinoloxía da Universidade de Vigo.Javier Prieto Troncoso. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio. Hugo Ogando Berea. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio.Aprender a darlle ritmo ao corazón, a modernización das teorías ao redor do exercicio ou os hábitos desexables para cada idade, forman parte desta agradable xornada!Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.Agradecementos ao departamento de Bioloxía e, en xeral, á toda a comunidade educativa do IES Mendiño.
-
11
Saúde IV. Dálle ritmo! - Parte I
Unha conversa para afondar na relación da saúde cardiovascular co deporte e coa alimentación cos expertos da Universidade de Vigo: Federico Mallo Ferrer. Catedrático de Fisioloxía e Endocrinoloxía da Universidade de Vigo.Javier Prieto Troncoso. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio. Hugo Ogando Berea. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio.Aprender a darlle ritmo ao corazón, a modernización das teorías ao redor do exercicio ou os hábitos desexables para cada idade, forman parte desta agradable xornada!Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.Agradecementos ao departamento de Bioloxía e, en xeral, á toda a comunidade educativa do IES Mendiño.
-
10
Auga V. Turismo Termal
Conversa coa investigadora Elisa Alén González, docente na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, sobre a importancia da auga, do seu atractivo turístico e da evolución do turismo termal.A historia do termalismo, o cambio de paradigmas do turismo, a especialización da oferta turística relacionada coa auga ou a articulación de oferta combinada con outros productos ou servizos son algúns dos temas abordados neste capítulo.Un podcast conducido polo xornalista Gabri Fuentes Míguez, co gallo do Día Mundial da Auga, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan Anual de Actividades “Ciencia de Ida e Volta” que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
9
Saúde III. Xenética e corazón
Neste terceiro capítulo da serie de podcast polo Día Mundial da Saúde, acompáñanos Diana Valverde, que é a investigadora principal no laboratorio de enfermidades raras no CINBIO, da Universidade de Vigo e, entre as investigacións que dirixe moitas delas están relacionadas coas cardiopatías.Esta entrevista aprenderemos as vantaxes dos "modelos celulares" para o estudo de enfermidades, tamén que as mitocondrias teñen un punto de vista, da importancia que ten o estudo de casos singulares para a mellora de procesos de enfermidades máis comúns e sobre todo que do difícil que resulta aprender a perseguir soños.Conducido polo xornalista Gabriel Fuentes Míguez, un podcast da UCC+i da Universidade de Vigo que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
8
Auga IV. Predicir as crecidas
Este terceiro capítulo polo Día Mundial da Auga,o investigador Diego Fernández é entrevistado por Gabriel Fuentes e polos alumnos do CEIP de Laredo: Adrián Vilas Danis, Brais Feijoo Acuña e Blanca Álvarez Riveiro.Diego é físico e doutor en Ciencias Mariñas. Traballa como investigador no grupo EPhysLab da Universidade de Vigo, e a súa investigación céntrase na análise de eventos hidrolóxicos extremos, analizando o impacto do cambio climático, e no deseño de sistemas de alerta ante inundacións na conca do río Miño.Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.Agradecementos á dirección, profesorado e á coordinadora da radio, María Pérez, do CEIP de Laredo en Chapela.
-
7
Saúde II. Sinais do corazón
Para continuar coa serie de podcast para conmemorar o Día Mundial da Saúde, para pór de relevo a importancia de coidar os nosos corazóns e a promoción de hábitos saudáveis, neste episodio contamos con: Juan José Crespo Sabarís, médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria no Centro de Saúde de Bembrive e Artemio Mojón Ojea, profesor titular de universidade no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da UVigo. Ambos son membros do Grupo de Investigación en Bioenxeñaría e Cronobioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, da Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo.Os nosos invitados conversan co xornalista Gabri Fuentes para falarnos de ritmos circadianos, cronobioloxía ou variables vitais. Nela aprendemos a importancia de medir as variables significativas e a súa relación cos ritmos vitais, así como a implicación deste tipo de estudos nas pautas de control e mellora da saúde cardiovascular.Un podcast da UCC+i da Universidade de Vigo que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
6
Auga III. Xeofísica da auga
Neste novo episodio sobre o Día Mundial da Auga, contamos coa presenza de Pedro Antonio Araújo Nespereira, decano da Facultade de Ciencias de Ourense, que conta cunha ampla experiencia investigadora en xeodinámica e augas termais.Neste capítulo descubriremos algunhas das propiedades físicas da auga, os beneficios para a sáude e mesmo achegarémosnos ao desenvolvemento do termalismo na provincia de Ourense. A serie de podcast sobre o Día Mundial da Auga, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan Anual de Actividades “Ciencia de Ida e Volta” que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
-
5
Saúde I. Os datos e a saúde cardiovascular
Dende a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, presentamos unha nova serie de podcast para celebrar o Día Mundial da Saúde. Nela abordaranse temas sobre saúde cardiovascular con expertos de distintas áreas relacionadas coa diagnose, seguimento de patoloxías cardiovasculares, así como a prevención e a promoción de hábitos saudables entre a poboación galega onde a prevalencia e mortalidade deste tipo de enfermidades é moi alta.Neste primeiro capítulo, Xosé Antón Vila Sobrino, experto en análise de datos é entrevistado por Gabriel Fuentes e nel descubriremos a importancia da análise das variables do corpo, do uso da tecnoloxía e intelixencia artificial e o seu uso e aplicación no ámbito sanitario.Un podcast da UCC+i da Universidade de Vigo que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.Agradecementos ao persoal da Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro de Ourense.
-
4
Auga II: Remediar a contaminación da auga
Neste novo episodio da serie conmemorativa do Día Mundial da Auga, a investigadora da Universidade de Vigo, Verónica Poza Nogueiras é entrevistada no CEIP de Laredo, por Ángel, Telmo e Martina sobre a descontaminación das augas. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación.Verónica é Doutora en Enxeñaría Química pola Universidade de Vigo e pertence ao grupo de investigación BIOSUV (Bioenxeñaría e Procesos Sostibles). O seu traballo céntrase fundamentalmente na descontaminación de augas mediante a aplicación de tecnoloxías limpas e novidosas. Con estas novas técnicas búscase conseguir unha eliminación dos contaminantes das augas máis eficaz que as eliminacións que se acadan hoxe en día coas tecnoloxías de tratamento tradicionais.Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.Agradecementos á dirección, profesorado e á coordinadora da radio, María Pérez, do CEIP de Laredo en Chapela.
-
3
Auga I. De quen é a auga?
Co gallo do Día Mundial da Auga presentamos unha serie de podcasts protagonizados por expertos en diversas áreas, desde o dereito ata a ecoloxía, pasando polo turismo, a física, o termalismo e a ciencia dos chans. A través destas conversas, exploraremos a importancia vital da auga doce e a súa preservación para o futuro do noso planeta.Os investigadores da Universidade de Vigo, Roberto Bustillo e Sofía Salgado son entrevistados no CEIP de Laredo, por Martina e Breixo sobre a auga e o dereito, na conmemoración do Día Mundial da Auga. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación.Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.Agradecementos á dirección, profesorado e á coordinadora da radio, María Pérez, do CEIP de Laredo en Chapela.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
A UCC+i da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”, pon en marcha este podcast para pór en valor o labor investigador da universidade, e establecer unha canle de comunicación accesible e activa entre a institución e a cidadanía. O obxectivo xeral do proxecto, é a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía. O concepto “ida e volta” trata de exemplificar o movemento circular da ciencia, como as investigación científicas poden aplicarse na sociedade e mellorar a súa contorna e como a sociedade pode promover novos retos, novas ideas ou axudar e complementar estes estudos. A unión de ambos consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.
HOSTED BY
Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo
CATEGORIES
Loading similar podcasts...