Avance - Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia episode artwork

EPISODE · Feb 4, 2026 · 2 MIN

Avance - Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia

from Aquí faltan páxinas · host Deputación de Pontevedra

María de la Concepción Pérez Iglesias, coñecida como Dona Concha, naceu en Santiago de Compostela, onde se formou como mestra na Escola Normal. Chegou a Portas en 1907 para dirixir a escola feminina, un labor que exerceu con rigor e cariño ocupándose de cincuenta alumnas por aula. Alí casou con Amador Méndez Santamaría, un adiñeirado emigrante retornado, maior ca ela, con quen estableceu a súa vida na parroquia de Lantaño, onde criou o seu único fillo, Nemesio. Quedou viúva en 1918 por causa da epidemia da gripe que asolou España. Logo do golpe de Estado de Primo de Rivera permitíuselles votar e acceder á vida pública ás mulleres cabezas de familia. A Concha propóñenlle unirse ao Goberno local como edil. De forma inesperada, durante o pleno da súa toma de posesión como concelleira o 9 de xaneiro de 1925, convértese na primeira alcaldesa de Galicia, escollida pola corporación municipal tras a renuncia do alcalde anterior. Durante os cinco anos do seu mandato (1925–1930) impulsou a construción de catro escolas, mellorou as comunicacións locais e fixo posible o nomeamento dun médico e dunha matrona. Coa súa dedicación e entrega gañou o respecto e afecto da veciñanza, que lle dedicou en vida múltiples homenaxes e ata serenatas en sinal de agradecemento. Máis aló dos seus logros administrativos, simboliza o acceso das mulleres á política nunha época marcada pola ditadura de Primo de Rivera. Coa volta ao Goberno do rei Afonso XIII o 28 de xaneiro de 1930, Concha cesa como alcaldesa. Tras abandonar o cargo, retoma a docencia e segue formando novas xeracións ata o seu traslado definitivo á Escola Nacional de Guadalupe en Santiago, onde exercerá ata pouco antes do seu falecemento, en 1939.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Feb 4, 2026

Embed this episode

NOW PLAYING

Avance - Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia

0:00 2:09

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Aquí faltan páxinas?

This episode is 2 minutes long.

When was this Aquí faltan páxinas episode published?

This episode was published on February 4, 2026.

Can I download this Aquí faltan páxinas episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!