EPISODE · Jun 2, 2025 · 1H 35M
CAPÍTULO 11: A FERIDA ABERTA NO VAL MIÑOR E NO BAIXO MIÑO
Neste undécimo capítulo propoñémosvos viaxar ata o sur da provincia de Pontevedra, ata as comarcas do Val Miñor e do Baixo Miño, zonas que plantaron cara os sublevados e que foron das últimas en caer tralo golpe militar. A represión foi cruenta nestas áreas. A cifra global de vítimas podería rondar as 650, debido ao elevado volume de detencións e ao movemento de presos que movían a prisión de Tui e os campos de concentración de Camposancos e Oia. Repasámolo acontecido coa axuda do historiador Carlos Méixome e de Helena Pousa, presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, o Condado e a Louriña. Poñerémolo foco en dúas familias especialmente castigadas polo fascistas. A do médico de Tui, Dario Álvarez Limeses, fusilado en outubro do 36, e a de Darina Domínguez Andrés, da Guarda; filla de Concha Andrés e de Manuel Domínguez, "Taxota". Con Concha Andrés conversamos neste capítulo e tamén con Pepe Cáccamo, neto de Darío Álvarez Limeses. Co gallo do Ano Castelao, conversamos con Rubén de Lis sobre o seu proxecto, 'Celebrando a Castelao'.
Embed this episode
NOW PLAYING
CAPÍTULO 11: A FERIDA ABERTA NO VAL MIÑOR E NO BAIXO MIÑO
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.