PODCAST · society
A ferida aberta no 36
by A ferida aberta no 36
Neste podcast preténdese rescatar a memoria daqueles homes e mulleres perseguidos polo franquismo e que pagaron coas súas propias vidas o seu compromiso co país. En cada capitulo percorreremos Galicia seguindo a pegada deixada polos fascistas desde o alzamento militar de xullo do 1936 e recreamos as experiencias das vítimas a través de documentos históricos e literarios e dos testemuños dos seus familiares e amigos.
Episodes
-
CAPÍTULO 40: DE SERANTES A SAN SIMON
A intervención na foxa de Serantes, a homenaxe os presos de San Simón e a inminente poxa dos bens que os Franco aínda gardaban en Meirás centran o capítulo 40 de 'A ferida aberta no 36'. Neste episodio: * Pasamos revista co secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, aos…
more -
CAPÍTULO 39: AS PRISIÓNS FRANQUISTAS
Tras o golpe do 36, toda Galicia converteuse nun enorme cárcere. As prisións provinciais, as de partido xudicial e os depósitos municipais eran insuficentes para albergar o inmenso volume de presos politicos e os golpistas habilitaron todo tipo de espazos para encerrar os prisioneiros. Abriron…
more -
CAPÍTULO 38: OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN FRANQUISTAS
As illas de San Simón e de Santo Antón son xa, oficialmente, lugares de memoria. O Goberno acaba de publicar esta resolución que chega coincidindo cos 90 anos do golpe do 36. Analizaremos as consecuencias deste recoñecemento con Matías Rodríguez da Torre, de Inicitiva Galega pola Memoria. Unha...
-
CAPÍTULO 37: BEIRA, A MEMORIA SOTERRADA
A terra de Beira, no concello de Carral, comeza a devolver parte da verdade que permaneceu agochada durante décadas. Hai uns dias, membros do grupo Histagra da Universidade de Santiago, localizaron os restos de catro persoas que foron soterradas na fosa común e que se cre que foron represaliadas....
-
CAPÍTULO 36: MEMORIAS E DESMEMORIAS
Galicia segue sumando lugares de memoria: o Campo de Aragón, en Ourense, e o Vello Cárcere de Lugo. Pero, a miúdo vemos como desde algúns sectores se empeñan en boicotear este tipo de avances e practicar a desmemoria. Sábeo a familia de Moncho Reboiras e a de Alexandre Bóveda, coas que...
-
CAPÍTULO 35: A REPRESIÓN NAS MARIÑAS
Constituían o que algúns chamaron a xeración perdida. Alcaldes e concelleiros que tras a victoria da fronte popular se puxeron a fronte dos concellos coa intención de tranformar opaís e que foron masacrados tras o golpe do 36. 56 dos 88 alcaldes e concelleiros asasinados na provincia da Coruña...
-
CAPÍTULO 34: O TARDOFRANQUISMO
Adentrámonos no tardofranquismo; aqueles últimos anos nos que a ditadura empezaba a cambalear como consecuencia das tensións internas, a intensa mobilización social e a presión internacional. Durante esa etapa, o rexime seguíu recorrendo á represion e á tortura para tentar controlar un país que…
more -
CAPÍTULO 33: A REPRESION NO ENSINO
Estaban chamados a ser un elemento fundamental na modernización e democratización do pais. A súa misión era reverter as insportables cifras de analfabetismo que afectaban a case a metade da poboación de Galicia. Falamos dos mestres e as mestras, garantes dos valores de igualdade, liberdade...
-
CAPÍTULO 32: A REPRESIÓN NA RAIA. AS DITADURAS IBÉRICAS
Neste 2026 en que se cumpren 52 anos da Revolución dos Caraveis trasladámonos ata a Raia para comprobar como se vivíu a represión fascista do 36 tanto en territorio galego como na outra beira do río. A comarca do Val da Limia foi unha zona de tránsito pola que fuxiron centos de galegos. Algúns...
-
CAPÍTULO 31: VERDADE, XUSTIZA E REPARACIÓN
O Goberno dá os primeiros pasos para investigar os crimes e as violacións dos dereitos humanos cometidas en España durante aGuerra Civil e a ditadura franquista. Oorgano designado para levar a cabo esta tarefa é a Comisión da Verdade, que contará cun subgrupo que se encargará especificiament...
-
CAPÍTULO 30: MEIRÁS, O PAZO É DO POBO
Despois de sete anos batallando nos xulgados, o Tribunal Supremo confirmou a devolución ao Estado do Pazo de Meirás, usurpado polo ditador durante a guerra e empregado pola súa familia durante décadas. A obriga a indemnizar os herdeiros de Franco causa malestar entre as asociacións memorialistas,...
-
CAPÍTULO 29: ISABEL RÍOS E FOUCELLAS, COMPROMISO E RESILIENCIA
Os protagonistas deste capítulo son a militante comunista Isabel Ríos e o guerrilleiro Benigno Andrade, Foucellas. Dous exemplos de compromiso e resiliencia pero tamén da represión exercida por un réxime que respostaba con dureza a calquera forma de resistencia. Isabel foi detida, encarcerada e...
-
CAPÍTULO 28: ENCAIXANDO AS PEZAS DA MEMORIA
Ás veces, as pezas do puzzle comezan a encaixar. Despois de anos de loita, a xustiza anulou o consello de guerra que condenou á pena capital a Amada García, militante comunista de Mugardos fusilada no 1938 en Ferrol. Foi todo un acto de reparación que chega 88 anos despois da súa execución. En...
-
CAPÍTULO 27: A FERIDA ABERTA EN VIGO
Arrincamos a segunda temporada de 'A ferida aberta no 36' coa vista posta en Vigo. O enfrontamento armado comezou alí tras a lectura do bando de guerra na Porta do Sol o 20 de xullo do 1936. O capitán Carreró deu orde de disparar e o resultado foi unha vintena de mortos, dúcias de feridos e…
more -
CAPÍTULO 26: AS PROTESTAS DO 72, EN PÉ CONTRA A DITADURA
No capítulo de hoxe propoñémosvos viaxar ao corazón indutrial de Galicia dos anos 70; a aquel ano 1972 no que a clase obreira galega puxo contra as cordas un réxime que comezabn a esmorecer. Milleiros de traballadores participaron nas protestas que paralizaron Ferrol e Vigo e que se saldaron con...
-
CAPÍTULO 25: A LOITA CONTRA A IMPUNIDADE
Coincidindo cos cincuenta anos da morte de Franco e o 47 aniversario da Constitución Española analizamos o camiño andado nos tribunais de xustiza para axustar contas coa ditadura. Como o regreso a Compostela das estatuas do Pórtico da Gloria espoliadas hai 70 anos, a anulación en Ferrol das...
-
CAPÍTULO 24: #25N O PADROADO DE PROTECCIÓN Á MULLER
Neste 25N analizamos as violencia exercida polos fascistas contra as mulleres tralo golpe do 36 e poñemos o foco nunha realidade: a das nenas e mulleres recluidas nos centros do Padroado de Protección á Muller, unha institución franquista creada no 1941 para encarreirar as mulleres que non...
-
CAPÍTULO 23: 50 ANOS DA MORTE DO DITADOR
Cando se cumpren cincuenta anos da morte na súa cama do ditador, botamos a vista atrás e facemos un percorrido polos case corenta anos de ditadura que esmagaron a legalidade republicana e, con ela, os dereitos, as liberdades e a democracia. Acompáñannos nesta viaxe familiares das vítimas, os...
-
CAPÍTULO 22: NA LOITA
Malia o avance franquista, o espírito de loita mantívose durante a guerra e a ditadura. Un exemplo foi Ferrol , unha cidade que vén de ser declarada Lugar de Memoria. Neste capitulo poñemos o foco neste recoñecemento pero tamén nos opositores ao réxime e, en concreto, nos guerrilleiros.…
more -
CAPÍTULO 21: OS ÚLTIMOS ASASINADOS DO FRANQUISMO
Este capítulo discorre no 1975, o anoda morte do ditador. Apenas dous meses antes de morrer na súa cama, Franco condena a morte a cinco militantes antifascistas, dous de ETA e tres dos FRAP, entre os que se atopan dous galegos: Xosé Luis Sánchez-Bravo Solla e Xosé Humberto Baena. Os dous son...
-
CAPÍTULO 20: LUGARES E MEMORIA
O vindeiro 4 de novembro o Goberno incoará o expediente para declarar Ferrol como Cidade de Memoria Democrática. Recoñece así a loita que a urbe realizou en favor das liberdades e a democracia no último século. No capítulo 20 de 'A ferida aberta no 36' analizaremos os fitos, lugares e persoas que...
-
CAPÍTULO 19: O PINTOR FRANCISCO MIGUEL REGRESA POR FIN Á CORUÑA
O pintor Francisco Miguel descansa xa na Coruña. Ata alí foi trasladdo o pasado 29 de setembro, 89 anos despois do seu asasinato, en Bértoa, en Carballo, a mans dos fascistas, Os restos do artista, que permaneceron durante décadas nunha fosa comun, foron exhumados pola ARMH hai dous anos e...
-
CAPÍTULO 18: SAN SIMÓN, LUGAR DE MEMORIA
Arrinca o proceso para declarar as Illas de San Simón e San Antón como lugar de memoria. O Goberno recolleu a luva lanzada polas asociacións memorialistas e incoa o expediente que deberá dotar de especial protección a este enclave no que estiveron encerrados uns 6.000 presos entre os anos 1936 e...
-
CAPÍTULO 17: O PAZO DE MEIRÁS, LUGAR DE MEMORIA
Cinco anos despois da devolución do pazo de Meirás ao Estado, o Goberno inicia os trámites para declarar este espazo como lugar de memoria. Un enclave que representa o máximo expoñente do espolio cometido polos Franco en Galicia. Neste capítulo analizamos como o ditador se fixo con este inmoble…
more -
CAPÍTULO 16: OS SEGREDOS DA CASA CORNIDE
Despois de décadas de espolio, ábrense os cancelos da casa Cornide da Coruña. Este imponente palacete do século XVIII do que se apropiou Carmen Polo nos anos 60 abriu as súas portas ao público o pasado 4 de agosto no medio dunha grande expectación, tras anos de enfrontamento entre o concello da...
-
CAPÍTULO 15: 89 ANIVERSARIO DO GOLPE
Coincidindo co 89 aniversario, analizamos o contexto no que se produciu o golpe militar de xullo do 36 e tamén as súas consecuencias. Unha sublevación que deixou máis de cinco mil mortos en Galicia, arredor de oito mil encarcerados, centos de exiliados e abriu feridas moi profundas no conxunto da...
-
CAPÍTULO 14: AS ESTATUAS DO MESTRE MATEO REGRESAN A COMPOSTELA
Despois de oito anos de litixios, o Tribunal Supremo ordénalle aos Franco que devolvan, ao concello de Santiago, as esculturas do Pórtico da Gloria das que se apropiou o ditador no ano 1954. Unha batalla legal histórica que a sociedade civil gaña despois dun proceso longo e moi doloroso que…
more -
CAPÍTULO 13: A FERIDA ABERTA NO BARBANZA
A comarca do Barbanza centra a atención do capítulo 13 de 'A ferida aberta no 36'. Nesta zona e na súa área de influencia instaláronse durante a guerra cinco campos de concentración -un na Pobra, outro en Rianxo, dous en Muros e un en Padrón- que acolleron a internos procedentes da fronte de...
-
CAPÍTULO 12: OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN DE CAMPOSANCOS E OIA
No capítulo 12 de 'A ferida aberta no 36' continuaremos no Baixo Miño; unha comarca que albergou dous campos de concentración durante a guerra: o de Camposancos e o de Oia, que albergaron un total de dez mil presos nos anos nos que estiveron operativos. Coñeceremos as condicións de vida destes...
-
CAPÍTULO 11: A FERIDA ABERTA NO VAL MIÑOR E NO BAIXO MIÑO
Neste undécimo capítulo propoñémosvos viaxar ata o sur da provincia de Pontevedra, ata as comarcas do Val Miñor e do Baixo Miño, zonas que plantaron cara os sublevados e que foron das últimas en caer tralo golpe militar. A represión foi cruenta nestas áreas. A cifra global de vítimas podería…
more -
CAPÍTULO 10: BOSQUEXANDO A CASTELAO (II)
Neste décimo capítulo afondamos no universo Castelao aproveitando o 75 aniversario do seu pasamento. Tentaremos coñecer o significado da súa obra creativa, a súa simboloxía, pero tamén as súas motivacións políticas e que o levaron a converterse no primeiro presidente de Galicia durante o seu…
more -
CAPÍTULO 9: BOSQUEXANDO A CASTELAO (I)
Neste noveno capítulo que estreamos na semana das Letras Galegas traémosvos un monográfico sobre un dos nosos autores máis xigantescos: Castelao. Debuxante, narrador, ensaísta, pintor, dramaturgo e todo un animal político, que comezou a trazar un século atrás a Galicia do século XXI. Coa…
more -
CAPÍTULO 8: A FERIDA ABERTA NA CORUÑA
A cidade de A Coruña non tardou en caer tras o levantamento militar. Os golpistas descabezaron o poder político e iniciaron unha represión brutal en toda a cidade. Un dos capítulos máis tráxicos foi a fuxida frustrada do Portiño. Analizámolo neste capítulo e falaremos do encarceramento de Teresa...
-
CAPÍTULO 7: A FERIDA ABERTA EN COMPOSTELA
Neste sétimo capítulo, 'A ferida aberta no 36' trasládase a Santiago. Á Compostela de Ánxel Casal, á de Camilo Díaz Baliño, á Compostela de Nós. Apenas uns días despois do golpe, os cárceres enchéronse de presos políticos e producíronse os primeiros paseos; como o de Casal ou Díaz Baliño. Nun...
-
CAPÍTULO 6: GUERRILLEIROS, ENLACES E FUXIDOS
Neste sexto capítulo indagamos sobre os grupos de resistencia antifranquista constituídos trala guerra civil; en concreto sobre a Federación de Guerrillas León-Galicia que estivo operando durante os anos 40. Falamos de guerrilleiros, pero tamén das guerrilleiras; das mulleres que lles serviron de...
-
CAPÍTULO 5: TRALOS ARAMADOS
O Goberno encargou ao grupo Histagra da USC a elaboración dun censo estatal de vítimas da guerra civil e o franquismo. Calcúlase que en Galicia a cifra ronda as 5.000; en todo o estado estímanse en 150 mil as vítimas do bando republicano. No capítulo 5 de "A ferida aberta no 36" analizamos coa...
-
CAPITULO 4: SAN SIMÓN, A ILLA DA MEMORIA
Era coñecida como "a illa da morte"; aquela illa que no pasado servira de mosteiro, de fogar pra nenos orfos e de leprosería, converteuse no 1936 nunha prisión franquista e nun campo de concentraciona onde foron eran conducidos arredor de seis mil presos entre os anos 1936 e 1943. Aínda que…
more -
#8M A FERIDA ABERTA NO 36: ELAS
Neste 8M, queremos poñer o foco naquelas mulleres que foron executadas, encarceradas, depuradas ou que se viron obrigadas a emprender o camiño do exilio tralo alzamento militar. Moitas delas foron silenciadas e invisibilizadas durante anos, e opacadas polos seus compañeiros. Hoxe, en "A ferida...
-
CAPÍTULO 3: A FERIDA ABERTA EN CELANOVA
Durante a guerra civil, o mosteiro de Celanova chegou a albergar ata 1.300 presos. Mentres, arredor de medio cento mulleres foron encerradas no actual edificio dos xulgados. En ocasións, os internos e internas eran sacados de noite e aparecían paseados de mañanciña. Contámolo no capítulo 3 de 'A...
-
CAPÍTULO 2: A REPRESIÓN NA COMARCA DE FERROLTERRA
A comarca de Ferrolterra foi unha das máis castigadas durante a guerra civil. Segundo o historiador, Xosé Manuel Suárez, neses tres anos foron paseadas ou fusiladas 776 persoas e un total de 904 ata a chegada da democracia. Entre a linga listaxe de vítimas da represión figuran o primeiro alcalde...
-
CAPÍTULO 1: A REPRESIÓN DURANTE A GUERRA CIVIL
Neste primeiro capítulo relatamos as consecuencias que tivo en Galicia o alzamento militar de 1936; sobre todo, entre os creadores e a clase política galega. Algúns morreron fusilados e paseados; outros foron encarcerados e , dos que se salvaron, moitos emprenderon o camiño do exilio. Repasámolo...
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Neste podcast preténdese rescatar a memoria daqueles homes e mulleres perseguidos polo franquismo e que pagaron coas súas propias vidas o seu compromiso co país. En cada capitulo percorreremos Galicia seguindo a pegada deixada polos fascistas desde o alzamento militar de xullo do 1936 e recreamos as experiencias das vítimas a través de documentos históricos e literarios e dos testemuños dos seus familiares e amigos.
HOSTED BY
A ferida aberta no 36
CATEGORIES
Loading similar podcasts...