CAPÍTULO 33: A REPRESION NO ENSINO episode artwork

EPISODE · May 12, 2026 · 2H 20M

CAPÍTULO 33: A REPRESION NO ENSINO

from A ferida aberta no 36

Estaban chamados a ser un elemento fundamental na modernización e democratización do pais. A súa misión era reverter as insportables cifras de analfabetismo que afectaban a case a metade da poboación de Galicia. Falamos dos mestres e as mestras, garantes dos valores de igualdade, liberdade elaicidade que defendía a República e duramente represaliados polos fascistas. Calcúlase que arredor dun cento foron sasinados tralo golpe do 36. Uns dousmil foron sancionados e 600 apartados definitivamente das aulas. No capítulo 33 de 'A ferida aberta no 36' abordamos a represión no ensino e detémonos na traxectoria vital e profesional de María Vázquez, mestra socialista asaasinada polos fascistas. Pero ademais, transcorridos case 90 anos do golpe, falamos do reto de educar en memoria e detémonos en dous proxectos educativos: 'Voces silenciadas", do CPI Virxe da Cela de Monfero, e no Centro de interpretación virtual da Memoria Histórica impulsado polo IES de Celanova. Pero ademais, falamos con Chévere do seu último traballo, 'Ictus: Anatomia da derradeira lección do mestre de Castelao" e profundizamos na figura de Begoña Caamaño, a escritora e xornalista homenaxeada este ano co gallo das Letras Galegas. * Interveñen neste episodio: - Aurora Marco, investigadora, autora de 'María Vázquez, mestra socialista asasinada polo franquismo". - Xosé Manuel Cid Fernández, pedagogo, experto na educación na II República. - Sol Agra, deputada de Dereitos Civís na Deputación de A Coruña. - Paula Cadaveira, profesora de Xeografía e Historia do CPI Virxe da Cela de Monfero. - Irma Fernández , responsable da biblioteca do Ies Celso Emilio Ferreiro de Celanova. - Xesús Ron, director de Chévere. - Ana Romaní: académica, xornalista e poeta. Moitas grazas por pasarvos pola Ferida!

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published May 12, 2026

Embed this episode

NOW PLAYING

CAPÍTULO 33: A REPRESION NO ENSINO

0:00 2:20:20

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of A ferida aberta no 36?

This episode is 2 hours and 20 minutes long.

When was this A ferida aberta no 36 episode published?

This episode was published on May 12, 2026.

Can I download this A ferida aberta no 36 episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!