EPISODE · May 31, 2026 · 1H 59M
CAPÍTULO 34: O TARDOFRANQUISMO
Adentrámonos no tardofranquismo; aqueles últimos anos nos que a ditadura empezaba a cambalear como consecuencia das tensións internas, a intensa mobilización social e a presión internacional. Durante esa etapa, o rexime seguíu recorrendo á represion e á tortura para tentar controlar un país que se lle ía das mans. Miguel Ángel Gómez Álvarez, Gus, foi detido, torturado encarcerado tras as mobilzacións estudantis do 71. A Teófilo del Valle, natural de Silleda a policía franquista asasinouno polas costas con tan só 20 anos durante cando participaba na folga do calzado en Elda, Alacante, en febreiro do 76. Foi a primeira vitima oficial da transición. A súa familia leva 50 anos pedindo que se faga xustiza. Un ano despois da morte do ditador, o poeta Xosé Lois Méndez Ferrín edita 'Con pólvora e magnolias'; unha obra que supuxo toda unha autética revolucion estética, literaria e tamén politica e convertida en todo uun símbolo do compromiso antifranquista. Abordamos todas estas cuestións no capítulo 34 de 'A ferida aberta no 36' con: - Julio Prada, catedrático de Historia Contemporánea. - Miguel Ángel Gómez Álvarez, 'Gus'. - José Antonio de Valle (irmán de Teófilo) e Manuel de Juan, de Ceaqua, a coordinadora estatal de apoio á querela arxentina. - Henrique Alvarellos (editorial Alvarellos) e Anxo Angueira (autor do epílogo da reedición de 'Con pólvora e magnolias'. Pero ademais, analizamos a vandalización do monumento ás vítimas do franquismo en Ribeira con Xoan Hermida, da CRMH do Barbanza.
Embed this episode
NOW PLAYING
CAPÍTULO 34: O TARDOFRANQUISMO
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.