CAPÍTULO 37: BEIRA, A MEMORIA SOTERRADA episode artwork

EPISODE · Jul 18, 2026 · 1H 50M

CAPÍTULO 37: BEIRA, A MEMORIA SOTERRADA

from A ferida aberta no 36

A terra de Beira, no concello de Carral, comeza a devolver parte da verdade que permaneceu agochada durante décadas. Hai uns dias, membros do grupo Histagra da Universidade de Santiago, localizaron os restos de catro persoas que foron soterradas na fosa común e que se cre que foron represaliadas. Dous deses corpos xa foron exhumados e agora comeza un longo e complexo proceso para intentar identificar as vítimas e devolvelas ás súas familias. Trátase da última intervención realizada en Galicia 90 anos despois do golpe ilegal do 36. Analizarémola coa axuda de Xurxo Antelo, historiador da USC e responsable do estudo histórico da intervención; con Tania Rial, de Tempos Arqueólogos, e con Sol Agra, deputada de Dereitos Civis na Deputación da Coruña, que é a institución que se encarga de financiar este proxecto. Pero tamén falaremos con Aquiles, Fernando e Antonio, familares de Xosé Manuel Moledo, Eliseo Pinto e Julián Hermida, asasinados polos golpistas aquel verán do 36 e que se cre están soterrados en Beira e con Lois Anxo Ferreiro, presidente de Cultura Aberta de Carral. Pero ademais, ás portas do 25 de xullo, conversamos con Iria Aldegunde, ilustradora compostelá e autora do cartel dos festexos do Apóstolo deste ano, que renden homenaxe a Camilo Díaz Baliño a piques de cumprirse 90 anos do seu asasinato en Palas de Rei.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Jul 18, 2026

Embed this episode

NOW PLAYING

CAPÍTULO 37: BEIRA, A MEMORIA SOTERRADA

0:00 1:50:44

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of A ferida aberta no 36?

This episode is 1 hour and 50 minutes long.

When was this A ferida aberta no 36 episode published?

This episode was published on July 18, 2026.

Can I download this A ferida aberta no 36 episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!