CAPÍTULO 40: DE SERANTES A SAN SIMON
A intervención na foxa de Serantes, a homenaxe os presos de San Simón e a inminente poxa dos bens que os Franco aínda gardaban en Meirás centran o capítulo 40 de 'A ferida aberta no 36'. Neste episodio: * Pasamos revista co secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, aos avances realizados en Galicia nesta materia e ás cuestións que quedan aínda pendentes. * Adentrámonos na foxa de Serantes, unha das máis grandes de Galicia, cos responsables da intervención: a historiadora Lucía Santiago, arqueóloga Oria Ferreiro, e o antropólogo Edgar Camarós. O equipo conseguíu localizar os restos de polo menos 8 individuos que foron vítimas da represión no interior desta foxa onde se cre xacen os corpos de arredor de 200 represaliados. * Analizamos a poxa dos bens de Meirás co presidente da CRMH, Carlos Babío. * Falamos coa directora da Oficina de Vítimas do Ministerio, Zoraida Hijosa, da indemnización á familia do dirixente sindical Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en agosto do 75. * Saudamos a Raquel Martíz Casal, bisneta de José Benito García Santiago, un dos 28 presos de San Simón, que recibíu a declaración de recoñecemnto e reparación persoal de mans do Goberno. * Conversamos co director da nova cátedra de Memoria Democrática da USC, Emilio Grandío. * Sumámonos á homenaxe a todo un referente da vida política, económica e intelectual do noso país, Xosé Manuel Beiras, a quen despedimos este mes de outubro en Compostela.
Embed this episode
No transcript yet.