EPISODE · May 12, 2025 · 1H 27M
CAPÍTULO 9: BOSQUEXANDO A CASTELAO (I)
Neste noveno capítulo que estreamos na semana das Letras Galegas traémosvos un monográfico sobre un dos nosos autores máis xigantescos: Castelao. Debuxante, narrador, ensaísta, pintor, dramaturgo e todo un animal político, que comezou a trazar un século atrás a Galicia do século XXI. Coa intención de debullar a obra artística e o pensamento político do rianxeiro, decidimos presentarvos un programa dobre. Nesta primeira entrega presentámovos unha cronobiografía do rianxeiro coa axuda de once voces autorizadas que nos axudan a definir as distintas caras de Castelao. A investigadora Montse Fajardo traerános a primeira biografía publicada en torno á figura de Virxinia Pereira, compañeira de vida de Castelao; e rememoraremos co fotoxornalista Xan Carballa aquel 28 de xuño de 1984 en que os restos do rianxeiro regresaron a Galicia. Ademais presentámosvos 'Antes de nós', a última longametraxe centrada en Castelao dirixida por Ángeles Huerta e escrita por Pepe Coira. Con ambos os dous conversaremos no noveno capítulo de 'A ferida aberta no 36'. Agardamos que vos guste!
Embed this episode
NOW PLAYING
CAPÍTULO 9: BOSQUEXANDO A CASTELAO (I)
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.