EPISODE · Apr 4, 2024 · 39 MIN
Catro vodas et Altri
from A actualidade está sobrevalorada · host Luzes
Que lle regalará Alfonso Rueda, o presidente en suspensión da Xunta de Galicia, ao alcalde madrileño, José Luis Martínez Almeida, polo seu enlace matrimonial? Mentres Marta Otero Mayán –que xa lle botou un ollo á lista de voda– escollería a vaixela de La Cartuja (de Sevilla, non de Parma), Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro o que se preguntan é sobre que vantaxes políticas ou que satisfaccións persoais poden xustificar adiar a celebración dun dos días máis importantes da túa vida pola voda dun amigo dun amigo. Un compañeiro de empresa que traballa noutro centro, en definitiva. E outra cuestión crucial: sentaráno na mesa dos pequenos (baróns rexionais) ou na de autoridades/familia directa? O que todos os catro se preguntan é do misterio que arrodea o proxecto Altri, e que saben e/ou que calan a Xunta e o Goberno central. Xa que non os nosos respectivos gobernos, pero se algún amable oínte ten información que dar, en [email protected] somos todo orellas.
Embed this episode
Ready to play
Catro vodas et Altri
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.