Con Manuel Álvarez Vilar, Episodio 1, "Son de Aldea". episode artwork

EPISODE · Jun 24, 2023 · 52 MIN

Con Manuel Álvarez Vilar, Episodio 1, "Son de Aldea".

from Retrato Sonoro

Volta Retrato Sonoro cunha conversa moi especial. Fidel ten a facilidade de atopar xente interesante coa que falar na súa contorna. O seu pai (Antonio) é dunha aldea, Vilarmide, nunha parroquia chamada Coucieiro (Muxía), e ten a sorte de que un veciño do lugar de Santa Mariña, Manuel, compañeiro de escola unitaria é hoxe o director do Museo do Pobo Galego. O protagonista deste podcast, que se divide nun tríptico sonoro como escoitaredes decir a Emmanuel, é Manuel Vilar Álvarez. Teredes que desculpar por facermos nosa unha frase que dí o propio Manuel cando aludimos ao Son de aldea. Pero é que xa levamos un tempo no que hai que facer valer esa procedencia que temos todos os galegos e galegas do propiamente rural, un rural ao que non fai moito tempo se facía de menos. Manuel é un rapaz de aldea que xa conta con 67 anos e que neste primeiro episodio fala de xogos case que extintos, as diferencias ou posibilidades que tiña nacer nunha aldea, fillo de panadeiros, o que significa a “casa” neste contexto, de curacións de verrugas de xeitos un tanto peculiares, de alcumes, de onde lle surxiron as inquedanzas que, tras unha longa traxectoria o levaron ao Museo… E xa non contamos máis que logo vos deixamos sen audio. Ide a él. Este podcast faise grazas á edición de Jordi, escoitaredes as voces de Emmanuel e Fidel e ao final, nos métodos de contacto a Lorena; e que os anacos de vídeos que dan difusión a este podcast en redes sociais son traballo exclusivo de Emmanuel. Grazas a Sons Podcasts por ceder un recuncho do seu espazo para estas ocorrencias en audio.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Jun 24, 2023

Embed this episode

NOW PLAYING

Con Manuel Álvarez Vilar, Episodio 1, "Son de Aldea".

0:00 52:41

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Retrato Sonoro?

This episode is 52 minutes long.

When was this Retrato Sonoro episode published?

This episode was published on June 24, 2023.

Can I download this Retrato Sonoro episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!