Da cepa á bodega: Descubrindo a marabillosa historia do viño en Galicia con Luis Congil. Episodio 1 episode artwork

EPISODE · Mar 16, 2025 · 31 MIN

Da cepa á bodega: Descubrindo a marabillosa historia do viño en Galicia con Luis Congil. Episodio 1

from Retrato Sonoro

Benvidas e benvidos a unha nova entrega de Da cepa á bodega, o serial dentro do podcast Retrato Sonoro, onde exploramos o mundo do viño en Galicia desde unha perspectiva cultural, social e histórica, con Jorge Marcote-Viticultor. Nesta ocasión, non imos falar de viticultores nin de como se fai o viño, senón da súa historia, documentada con paixón por Luis Congil, xornalista e autor do libro A marabillosa historia do viño en Galicia, unha obra imprescindible publicada polo Consorcio Editorial Galego. Neste primeiro episodio con Luis Congil, gravado nun enclave único como a Casa Reitoral de Santo André de Camporedondo, en Ribadavia, mergullámonos en arquivos históricos, descubrimentos documentais e referencias literarias que nos axudan a entender a profunda pegada do viño na identidade galega. Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio? 1. A presentación de Luis Congil e a súa conexión co mundo do viño. 2. O contexto da gravación no Museo do Viño de Galicia en Ribadavia 3. Achados históricos en arquivos como Simancas, onde o viño galego aparece vinculado a Cristóbal Colón. 4. Unha viaxe polas letras galegas da man de Álvaro Cunqueiro, gran divulgador da cultura do viño. 5. O legado do Lagar de Astariz, en Castrelo de Miño, unha referencia na tradición vitivinícola galega. Este episodio é só o comezo dunha conversa fascinante na que descubriremos como o viño foi e segue a ser un elemento clave da nosa identidade. Se che interesa a historia, a cultura e o viño, non podes perdelo! Dálle ao play e acompáñanos nesta viaxe pola marabillosa historia do viño en Galicia.

NOW PLAYING

Da cepa á bodega: Descubrindo a marabillosa historia do viño en Galicia con Luis Congil. Episodio 1

0:00 31:56

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Retrato Sonoro?

This episode is 31 minutes long.

When was this Retrato Sonoro episode published?

This episode was published on March 16, 2025.

What is this episode about?

Benvidas e benvidos a unha nova entrega de Da cepa á bodega, o serial dentro do podcast Retrato Sonoro, onde exploramos o mundo do viño en Galicia desde unha perspectiva cultural, social e histórica, con Jorge Marcote-Viticultor. Nesta ocasión, non...

Can I download this Retrato Sonoro episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!