Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2. episode artwork

EPISODE · Apr 3, 2025 · 30 MIN

Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2.

from Retrato Sonoro

Benvidas e benvidos a este segundo episodio con Luis Congil, xornalista e autor de "A marabillosa historia do viño en Galicia", onde seguimos afondando no legado vitivinícola do noso país. Se no primeiro episodio descubrimos documentos históricos que vinculaban o primeiro viño documentado de Ribadavia con América, ademais de fabulacións (ou non) de Álvaro Cunqueiro, os lagares de Castrelo de Miño e a historia do Museo do Viño en Santo André de Camporedondo, nesta ocasión expandimos aínda máis a mirada. Acompañado por Jorge Marcote, viticultor, e conducido por Fidel Mouzo, este novo episodio de Da cepa á bodega en Retrato Sonoro mergúllanos nunha viaxe polas orixes do viño a nivel mundial e no papel singular de Galicia dentro deste contexto. Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio? Un repaso polas orixes do viño no mundo e os mitos que rodean a súa chegada a Galicia. A explicación de porqué Galicia é considerada por Luis Congil e outros estudosos «a reserva da viñosfera», unha xoia en canto a diversidade varietal. A importancia dos lagares rupestres como testemuñas da tradición vitivinícola e a súa pegada etnográfica e arqueolóxica. O significado da expresión «a bico de lagar» e a súa relación co xeito tradicional de elaboración do viño. E un pequeno apunte técnico… se notades que Jorge Marcote non se escoita perfecto, xa vos avisa o noso presentador e produtor, que a culpa é súa! O viño é moito máis ca unha bebida: é historia, identidade e tradición. Non perdas este episodio e mergúllate connosco na fascinante historia do viño galego! Dálle ao play e escoita xa este segundo episodio con Luis Congil de Da cepa á bodega! Fonte da fotografía, portada deste episodio: Facebook do Museo do Viño de Galicia.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Apr 3, 2025

Embed this episode

NOW PLAYING

Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2.

0:00 30:21

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Retrato Sonoro?

This episode is 30 minutes long.

When was this Retrato Sonoro episode published?

This episode was published on April 3, 2025.

Can I download this Retrato Sonoro episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!