Da cepa á bodega: O pasado e o futuro do viño galego. Con Luis Congil, episodio 3 episode artwork

EPISODE · Apr 22, 2025 · 31 MIN

Da cepa á bodega: O pasado e o futuro do viño galego. Con Luis Congil, episodio 3

from Retrato Sonoro

Benvidas e benvidos a este terceiro episodio do noso serial Da cepa á bodega, onde seguimos afondando na historia do viño en Galicia da man do xornalista Luis Congil, autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, publicado polo Consorcio Editorial Galego. Este podcast, conducido por Fidel Mouzo e acompañado polo viticultor Jorge Marcote, continúa a súa viaxe polos segredos, as lendas e as evidencias históricas que nos conectan co noso pasado vitivinícola. Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio? Un fascinante debate sobre a posible (ou non) recuperación de variedades de uva extintas grazas ao ADN atopado en sementes procedentes de escavacións arqueolóxicas. Referencias a vestixios do viño en Galicia en lugares históricos, de San Martiño de Dumio, de Alfonso X, O Sabio… A presenza do viño galego en símbolos tan icónicos como o Escudo de Galicia e a súa pegada na arte, como na pintura flamenca que representa Ribadavia. A relación entre o noso viño e feitos históricos como a Armada Invencible. A historia do viño en Galicia está chea de relatos sorprendentes, de pegadas que aínda estamos a descubrir e de preguntas que nos fan mirar cara ao futuro: será posible recuperar algunhas das uvas que se daban na nosa terra hai séculos? Se queres saber máis, dálle ao play e acompáñanos nesta conversa chea de historia, cultura e moito viño! Escoita xa este terceiro episodio con Luis Congil en Da cepa á bodega e coméntanos que che parece!

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Apr 22, 2025

Embed this episode

NOW PLAYING

Da cepa á bodega: O pasado e o futuro do viño galego. Con Luis Congil, episodio 3

0:00 31:49

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Retrato Sonoro?

This episode is 31 minutes long.

When was this Retrato Sonoro episode published?

This episode was published on April 22, 2025.

Can I download this Retrato Sonoro episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!