EPISODE · May 13, 2025 · 33 MIN
Da cepa á bodega: Uvas, filoxera e… Graham Greene? Episodio 4, con Luis Congil!
from Retrato Sonoro
Benvidas e benvidos ao cuarto episodio deste apaixonante serial sobre a historia do viño en Galicia, «Da cepa á bodega», en Retrato Sonoro. Unha conversa conducida por Fidel Mouzo, con Jorge Marcote, viticultor; e o noso protagonista, o xornalista Luis Congil, autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, publicada polo Consorcio Editorial Galego. Neste episodio abrimos novas fronteiras e abordamos temas que desafían as ideas sobre o viño galego: Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio? Unha reflexión sobre que uvas non deberan ser consideradas prototípicas do viño galego e cal pode ser a variedade que marque o futuro do viño que beberemos en breve. A historia da filoxera, ese «alien» que devastou os viñedos europeos a finais do século XIX e principios do XX. Como afectou a Galicia? A fotografía que acompaña este audio está relacionada con esta praga da viña. Créditos de: Beatriz Moisset - Trabajo propio, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=80239301 Un xiro inesperado: Graham Greene, escritor, xornalista e axente do MI6 británico… Que relación pode ter coa historia do viño en Galicia? Este episodio promete sorprender, abrir novas preguntas e seguir descubrindo que o viño galego está cargado de historias que van moito máis alá do que imaxinamos. Dálle ao play e escoita xa este cuarto episodio, e derradeiro? de Da cepa á bodega con Luis Congil.
NOW PLAYING
Da cepa á bodega: Uvas, filoxera e… Graham Greene? Episodio 4, con Luis Congil!
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Jun 20, 2026 ·60m
Jun 18, 2026 ·35m
Jun 17, 2026 ·57m
Jun 16, 2026 ·22m
Jun 13, 2026 ·60m
Jun 10, 2026 ·64m