Deuses de Pedra, cinema independente na Raia dos 3 reinos- GLP T2 X 19 --O Marco (XI) episode artwork

EPISODE · Mar 18, 2025 · 57 MIN

Deuses de Pedra, cinema independente na Raia dos 3 reinos- GLP T2 X 19 --O Marco (XI)

from Galiportus

Hoxe toca novamente falar de cinema no Galiportus; de cinema "alternativo", case a medio camiño entre a ficción e o documentario. Trátase da produción "Deuses de Pedra", gravada durante 15 anos (!) nas incursións do seu director, o ourensán Iván Castiñeiras, licenciado en Historia da Arte pola USC e en cinema polo Conservatorio de cinema de Lisboa. Conversamos con Iván e preguntámoslle polo proceso, polos detalles da rodaxe e polo acollemento que o filme xa tivo en festivais como o de Rotterdam, onde a crítica foi máis que positiva. Alén disto, chamamos tamén a unha das protagonistas, Cinda Freitas, habitante da freguesía de Moimenta (Vinhais) e nai de Mariana na película, esa rapaza protagonista que loita por encontrarse e medrar nunha zona rural, despoboada e con poucas (?) opcións de futuro. Após unha escolaridade feliz, chega a maioría de idade e a grande cuestión... irse da súa terra, estudar lonxe, ou ficar perto da súa familia, asumindo as "peaxes" que iso conleva... Deuses de pedra, nese cantiño que supón a confluencia histórica dos reinos de Galiza, Portugal e León... Un mundo que continúa aí, reclamando o seu lugar no mundo. A música final, respirando profundo... da man dos Quatro e Meia, co seu "Olá solidão".

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Mar 18, 2025

Embed this episode

NOW PLAYING

Deuses de Pedra, cinema independente na Raia dos 3 reinos- GLP T2 X 19 --O Marco (XI)

0:00 57:14

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Galiportus?

This episode is 57 minutes long.

When was this Galiportus episode published?

This episode was published on March 18, 2025.

Can I download this Galiportus episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!