EPISODE · Feb 13, 2024 · 12 MIN
DMR 2024 - Rede ESPORA
from Día Mundial da Radio
No 1873, James Clerk Maxwell falaba por primeira vez das bases teóricas da propagación das ondas electromagnéticas, nun documento dirixido á Royal Society era Unha teoría dinámica do campo electromagnético. So 15 anos máis tarde Heinrich Rudolf Hertz, si aí está o tema dos “hertzios”, foi o primeiro en experimentar con esa teoría de Maxwell, ao idear non so como "crear" artificialmente tales ondas electromagnéticas, senón tamén como detectalas… e o seguinte foi o resultado de que hoxe esteades escoitando a miña voz: a posta en práctica deste “toma e daca” electromagnético. Este invento marabilloso ben merece que as ondas que nos están poñendo en contacto con medio mundo leven o nome de “Ondas hertzianas”. E dende aquelas, amigos, amigas, pois xa choveu… aló van máis de cen anos de radio e horas e horas de ensinar, entreter, manipular, divertir, convencer, etc etc, porque a radio dura coma un penedo superou todo tipo de acontecementos mundiais e devires da sociedade, e nin o video kill the radio star, como moitos agoirentos vaticinaron… A radio agarrouse con forza a aquilo que dicía o premio Nobel de literatura, Camilo José Cela: “o que resiste gaña”. E gañou, bueno si gañou! Gañou tanto que se reproduciu e pariu ao seu fillo máis novo: o podcast, e máis se temos en conta que Dona Radio, a súa nai, é xa centenaria… Un século de ondas hertzianas ao redor do mundo enteiro! Nin máis nin menos… Por iso, este ano a ESPORA deixa aquí a súa pequena pegada en forma de proposta aberta a todas aquelas persoas que queiran contribuir a facer da radio un instrumento educativo e constructivo, un instrumento que remate coas desigualdades doutros tempos que as veces nos chegaban en forma de programas, publicidades, etc. intentando usalas de xeito inadecuado e como instrumento de división do mundo. Nós apostamos por que a radio destes tempos sexa quen de poñer en valor, que dentro de cada corpo e cada voz existen persoas individuais, coas súas características propias e únicas e sobre todo ceibes, moi ceibes, co absoluto e magnífico dereito de vivir libremente.
NOW PLAYING
DMR 2024 - Rede ESPORA
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Sep 3, 2024 ·62m
Jun 11, 2024 ·64m
Jun 8, 2024 ·1m
Dec 20, 2023 ·40m
Dec 13, 2023 ·32m
Dec 6, 2023 ·27m