Efer 743 (30-4-26): Ciencia na Aldea: Polinizadores, gandeiría extensiva e o valor dos ecositemas episode artwork

EPISODE · Apr 30, 2026 · 1H 29M

Efer 743 (30-4-26): Ciencia na Aldea: Polinizadores, gandeiría extensiva e o valor dos ecositemas

from Efervesciencia · host Manuel Vicente

[Versión estendida] Programa monográfico dedicado á 5ª edición de "Ciencia na Aldea" que organiza a asociación Corripa. Este ano estas xornadas están dedicadas á transhumancia. Levámosvos a Pena da Nogueira, no concello máis pequeno de Galicia, Negueira de Muñiz para coñecer toda a biodiversidade de científicos, divulgadores, educadores ambientais, gandeiros e público afeccionado á natureza e a ciencia que confluiu nunha aldea de 3 habitantes. Puidemos conversar co naturalista sonoro Carlos de Hita e co ornitólogo Antonio Sandoval (2:03), Daniel Lago é un mozo interesado nas bolboretas que poden ver no seu pobo, Obacho (15:36), a memoria viva dos pastores transhumantes chega da man de Francisco Martínez e Joaquín García da Fundación Oxígeno (18:04) e  José Conde (Centro de Interpretação da Serra da Estrela) falanos do proxecto europeo LIFE Wild Pollinators promovido por Corripa que busca conservar prados de gandería extensiva e polinizadores grazas á colaboración entre Galicia, Portugal e Francia (26:34). A fundación Legar, con Martina Ferradás e Xabier Blanco, utilizan a música de raíz de xeito terapéutico con persoas maiores, e en colaboracións con investigadores do IIS Galicia Sur teñen medido e publicado os resultados (29:24). Falamos coas gandeiras en extensivo Lucía González (A Carqueixa) e Tania (Asociación de Gandeiros da Fonsagrada) (35:42), Fernando Valladares (CSIC, Museo Nacional de Ciencias Naturales) reflexiona sobre os desafíos ambientais, a necesidade de repensar o modelo económico e a importancia de comunicar ciencia fronte ao negacionismo (38:58). Carlos Díaz dedícase ao turismo rural con epicentro nos Ancares e Terras de Burón con Naviaventours e explícanos como era a trashumancia en Galicia (1:07:40). José Arrojo é profesor de FP no IES Isla de la Deva de Asturias, onde promove o proxecto "FagueLab" de pesquisa de fagos cazadores de superbacterias (1:13:41). A neurocientífica especializada en visión Conchi Lillo (USAL) explica por que debemos protexer os ollos na eclipse (1:15:34). E rematamos con Alberto Uría e Vanessa Paredes da Asociación Corripa (1:21:38) e escoitando a "Catro nun zoco" ao vivo (1:24:23).A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Apr 30, 2026

Embed this episode

NOW PLAYING

Efer 743 (30-4-26): Ciencia na Aldea: Polinizadores, gandeiría extensiva e o valor dos ecositemas

0:00 1:29:14

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Efervesciencia?

This episode is 1 hour and 29 minutes long.

When was this Efervesciencia episode published?

This episode was published on April 30, 2026.

Can I download this Efervesciencia episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!