EPISODE · Jul 9, 2026 · 4 MIN
Ent. Adrián Pérez e Manuel Lorenzo, membros da comisión | Festas na honra ao Santo Cristo da Agonía en Baldráns
from Día a Día
Mil racións de polbo agardan servir esta fin de semana en Baldráns na XXXIII Festa do Polbo á Feira que forma parte da programación das festas do Santo Cristo da Agonía. O obxectivo é superar o número de racións servidas en anos anteriores tal e coma hoxe nos explicaban Adrián Pérez e Manuel Lorenzo, membros da comisión de festas. Unha fin de semana de festa na que haberá verbenas amenizadas por Trío Salero e Amanay, o sábado; por Trío 3.com e o Orquestra Saudade o domingo, e por Magos e Trébol o luns. Non faltarán os actos relixiosos con misa solemne o domingo ás 12 h con procesión acompañada pola Banda de Música Popular de Tui, e o luns pola charanga A Tu Ritmo. En ambos casos o coro interparroquial cantará a misa.
Embed this episode
NOW PLAYING
Ent. Adrián Pérez e Manuel Lorenzo, membros da comisión | Festas na honra ao Santo Cristo da Agonía en Baldráns
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.