Episodio 1 - Tradición e Viño: A Herdanza de Alfredo Álvarez episode artwork

EPISODE · Oct 18, 2024 · 36 MIN

Episodio 1 - Tradición e Viño: A Herdanza de Alfredo Álvarez

from Retrato Sonoro

Benvidos a ‘Retrato Sonoro, o podcast onde retratamos, a través da palabra e o son, as historias das persoas que fan historia, ou alomenos a súa propia historia e que teñen a ven facernos partícipes dela. Hoxe estamos nun novo episodio do noso serial ‘Da cepa á bodega’, onde exploramos o mundo do viño e a súa xente coa colaboración inestimable de Jorge Marcote. Jorge é viticultor, actualmente traballa en Bodegas Pentecostés e é creador de viños con Denominación de Orixe Rías Baixas, máis concretamente de O Rosal, con brancos recoñecidos como Gea, Marcote e LT80/20, e tintos excepcionais como As Pedrosas e As Pedrosas Plurivarietal. O seu coñecemento e experiencia no sector fan posible que cada episodio teña a profundidade e autenticidade que merece. Ata o de agora, neste serial, tivemos a sorte de conversar con Quin Álvarez, un referente na Denominación Rías Baixas e cofundador de Terras Gauda, quen nos deixou auténticas leccións sobre o cultivo do viño. Tamén falamos con Esther Teijeiro Lemos, unha muller loitadora e pioneira no viño ecolóxico, e enseña da D.O. Ribeira Sacra. E, por último, contamos con Javier Monsalve, un creador de viños da D.O. Ribeiro, que compartiu con nós a súa gran historia familiar e unha visión fascinante sobre a viticultura e mesmo da vida… todo elo facendo unha parella moi dialogante e entretida con Jorge. Paseino moi ben con ambos e con todos os demais convidados. Eu son Fidel Mouzo, e hoxe, temos o primeiro episodio con Alfredo Álvarez, e saímonos un pouco da norma. A presentación non será unha fotografía, senón a etiqueta dun dos seus viños, unha verdadeira obra de arte que reflicte o seu saber facer e as súas homenaxes á familia. Alfredo é unha referencia no mundo dos viños e sobre todo da sumillería en Galicia, e tamén a persoa tras da mítica Casa Alfredo en Mos, un dos primeiros restaurantes de alta cociña en Galicia. Neste episodio, Alfredo contará como a tradición de servir viño nos seus locais vén de familia, cos seus recordos sobre a compra de viño aos paisanos e paisanas do Condado. Ademais, falará dos seus inicios no mundo da sumillería coa fundación ou creación da Asociación Galega de Sumilleres. Será unha media hora moi completa, que nos permitirá facer unha aproximación en profundidade a Alfredo Álvarez e a súa fascinante traxectoria. Neste audio acompañaron como podedes escoitar a continuación, un par de persoas que estaban interesadas nesta conversa, pero non está de máis agradecer a Lourdes, a compañeira, a muller de Alfredo a súa hospitalidade… Déixovos xa con esta interesante conversa. As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Oct 18, 2024

Embed this episode

NOW PLAYING

Episodio 1 - Tradición e Viño: A Herdanza de Alfredo Álvarez

0:00 36:32

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Retrato Sonoro?

This episode is 36 minutes long.

When was this Retrato Sonoro episode published?

This episode was published on October 18, 2024.

Can I download this Retrato Sonoro episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!