Episodio 6 con Alfredo Álvarez: Matices do Viño a través do cristal e clientela influínte episode artwork

EPISODE · Dec 27, 2024 · 36 MIN

Episodio 6 con Alfredo Álvarez: Matices do Viño a través do cristal e clientela influínte

from Retrato Sonoro

Benvidos, benvidos a un novo episodio de ‘Retrato Sonoro’. Eu son Fidel Mouzo e atopámonos neste espazo sonoro,onde cada conversa nos leva a descubrir o que está detrás das persoas que nos acompañan e das súas historias, e continuamos co noso serial ‘Da cepa á bodega’ coa sempre valiosa colaboración de Jorge Marcote, viticultor. Nos últimos episodios exploramos a fascinante traxectoria de Alfredo Álvarez no mundo da restauración e do viño. Hoxe, nesta sexta entrega,imos máis aló. Alfredo compartirá con nós como se proban os viños, desvelando os trucos para detectar eses matices de acidez, dulzor e moito máis. Pero iso non é todo: Alfredo relatará a súa viaxe a Xapón, onde acompañou a Manuel Fraga, nunha experiencia entre outras que lle deixou pegada tanto persoal como profesional.Tamén entraremos no mundo das influencias, desde revistas ou especialistas que ás veces se aproveitan do seu status, ata os trucos e a organización necesarios para levar un servizo de comidas con soltura e profesionalidade, sempre buscando ter á clientela satisfeita. Este episodio será unha verdadeira lección de como un gran restaurador xestiona todo, dende a carta ata o comportamento da mesma clientela. Por último, falaremos dos vicios adquiridos por algúns clientes, aqueles que sempre buscan algo gratis, en relación directa coa anécdota que Jorge tamén compartirá sobre catas de viños que algúns consideran que deberían ser complementos gratuítos doutras actividades. Unha conversa que nos fai reflexionar sobre o valor real do traballo detrás de cada prato e cada copa de viño. As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Dec 27, 2024

Embed this episode

NOW PLAYING

Episodio 6 con Alfredo Álvarez: Matices do Viño a través do cristal e clientela influínte

0:00 36:25

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Retrato Sonoro?

This episode is 36 minutes long.

When was this Retrato Sonoro episode published?

This episode was published on December 27, 2024.

Can I download this Retrato Sonoro episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!