EPISODE · Feb 28, 2026 · 58 MIN
Especial SORTEO Galiza Metálica Matarifest
from Galiza Metálica
ESPECIAL GALIZA METÁLICA no S.O.S. Metal Radio Show Con Patty Castro e Filipe Marta Desguazed, organizadores do Matarifest xunto á A.C. O Naranxo de Lalín, presentan a primeira edición do festival e falan en primeira persoa da súa traxectoria como banda, da alianza coa asociación, de como nace a idea de crear un evento de metal extremo no corazón da Galiza e do que imos vivir nesta estrea Durante o especial tamén analizan o cartel e explican que representa cada banda dentro desta primeira edición ⚫ ANZV achega o black metal desde Porto cunha atmosfera escura e profunda ⚙ INERTH suma a contundencia do sludge death industrial desde Madrid SCHWARZENEGGER representa a forza extrema desde Ferrol cunha identidade moi marcada MONDO PODRE leva o tech grind/death galego ao límite da velocidade e da técnica E Desguazed asume o dobre papel de banda e motor organizador desta primeira convocatoria Soan temas de todas elas ao longo do programa MATARIFEST – 1ª EDICIÓN Centro Social de Donramiro – Lalín 7 de marzo Apertura de portas 19:30 SORTEO GALIZA METÁLICA 2 entradas para o festival Participa no post do sorteo en @galizametalica
Embed this episode
NOW PLAYING
Especial SORTEO Galiza Metálica Matarifest
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.