EPISODE · Apr 29, 2014 · 57 MIN
Fantasma Accidental 29
from Fantasma Accidental Cuac FM
Este programa foi emitido o 26 de febreiro na Cuac FM. Celebramos o cumpreanos de Johnny Cash, tería 82 anos se estivera no mundo dos vivos, escoitando o súa voz. Este é un programa moi clásico de country e rock. Dámonos o gustazo de concibir un programa de nostálxicas cancións e sabor da América do Norte. Dende A Coruña temos a All Night Workers, son uns revivalistas do rock and roll máis clásico e unha superbanda que grava en analóxico, o segundo álbum "Do It Again, Please" saíu con Grabaciones de Impacto no 2012, conseguindo un son xenuíno. Outros que interiorizan e fan seu sons do outro lado do atlántico son os membros de WolRus co seu magnífico 'Chasin' the Light'. Graham Summer súmase a selección de músicos galegos xunto con Niño y Pistola. Neil Young e Flying Burrito Brothers soan como parte da colleita máis clásica e anella. Tom Waits soara tamén para darlle ambiente de bar a este programa lemuriforme. O disco que nos gustaría que escoitaras hoxe é o do coruñés Luís Moro que ven de editar 'Cielo color Burdeos'.
Embed this episode
Ready to play
Fantasma Accidental 29
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.