EPISODE · Jul 22, 2014 · 56 MIN
Fantasma Accidental 39
from Fantasma Accidental Cuac FM
un programa cargado de angst, o término existencialista acuñado por Kierkegaard que designa o punto de vista luterano e protestante, de orixe hebráico-bíblico. A angustia frente ao pecado o “angst” ante un Deus que é tan Santo, e “fundamentalmente distinto” do ser humano pecador. A frustración fronte a incapacidade para alcanzala pureza da alma, do espírito mortal que nunca será divino. Van vinte anos dende que Trent Reznor e Nine Inch Nails descenderon por unha espiral de angustia e tortuosa autodestrucción, puro angst. “The Downward Spiral” (Nothing/Interscope, 1994) é o punto de partida para escoitar a bandas galegas enfurecidas como Rave Party Animals, PulsLottus e MINIM xunto a carraxe de Das Kapital e a tensión en climax ascendente de LED (Light Emitting Diode). As referencias expostas neste programa que viaxa no tempo e no espazo son as de Gary Numan, antes e agora, Bauhaus, KMFDM, Coil e The Young Gods.
NOW PLAYING
Fantasma Accidental 39
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.