Galiportus Ep.29- Entroido non é carnaval
from Galiportus Podcast
Nestas datas toca falar de Entroido. Ou Antroido, Entrudo, Entrodio... como sexa que lle chames. Unha tradición que persistiu durante séculos sobre todo no interior de Ourense e en Trás-Os-Montes, aínda que non só. Unha vivencia inexplicábel, única, que viste o fin do inverno e celebra con sátira a vida en sociedade. Vamos até Maceda, Laza, Viana do Bolo e Podence (Macedo de Cavaleiros) para falar cos protagonistas: Jonathan Lameiras, felo e vicepresidente da Asociación "Corga da Serra" (Maceda) Nieves, pastora de ovella galega e amante do entrudio de Quintela do Pando (Viana) E Xacobo Garcia, membro da Comisión do Entroido de Laza. Atravesamos a Raia Seca e conversamos tamén con António Carneiro, Presidente da Associação dos Caretos de Podence (Entrudo Chocalheiro, Macedo de Cavaleiros), festa recentemente galardoada como Patrimonio Cultural Inmaterial Mundial da UNESCO. Moitas voces e só unha conclusión: Entroido é moito máis ca Carnaval...
Embed this episode
No transcript yet.