EPISODE · Jun 10, 2024 · 1H 9M
Galiportus Ep.58- Abril é un país, con Tereixa Constenla (Especial 50 anos do 25 de Abril -V-)
from Galiportus
Hoxe viaxamos até Liboa para falarmos con Tereixa Constenla, estradense (PO-GZ) que vive en Lisboa desde a Pandemia e que traballa como correspondente para o xornal "El País". Ela vén de publicar o magnífico libro "Abril é un país" (Kalandraka), no que, mediante pequenos relatos persoais no antes, no despois e no, sobre todo, o durante da Revolução dos Cravos (o 25 de Abril), analiza pormenorizadamente todos os eventos que rodearon uns momentos que mudaron Portugal para sempre. Episodios que ensalzan a figura do sarxento Salgueiro Maia, a de Otelo Saraiva ou a de Melo Antunes, mais tamén a daquel cabo insubmiso que se negou a disparar ou a daquel locutor de radio censurada que pon en marcha o plan. Pequenos momentos cruciais, detalles que moitos non sabían ou nos que non se reflexionara suficiente, e que decidiron os acontecementos. Presos liberados, brindes e manifestacións, mais tamén mortos esquecidos, ditadores conmocionados ou anos de menos "trascendencia". Unha delicia de conversa, na que tentamos desgranar o 25-abril, como nunca antes. A perspectiva galega, nun dos grandes momentos da historia dos veciños. O peche, obra do Zeca, como non: "Os Vampiros" (1983) E agora, que temos liberdade... que imos facer con ela?
Embed this episode
NOW PLAYING
Galiportus Ep.58- Abril é un país, con Tereixa Constenla (Especial 50 anos do 25 de Abril -V-)
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.