Galiza Metálica (1º especial cultural) episode artwork

EPISODE · Jan 30, 2023 · 1H

Galiza Metálica (1º especial cultural)

from Galiza Metálica

Moi boas son Patty Castro e estou encantada de estar outro día mais contigo. Hoxe traiovos neste 3º programa do ano, un programa cultural. Afastándome do que ven sendo a dinámica habitual do programa este programa trae catro seccións que esperan ofrecer unha forma de coñecer mellor aspectos culturais que considero ben importantes. O primeiro e darlle as grazas o meu compañeiro nos mandos do Galiza metálica o gran Imperatore das ondas, Filipe Marta, que fixo posible que este especial saira a luz facendo unha recopilación de música que afondas nas nosas raíces como cultura underground e metalera. O segundo e decirvos muito obrigada a tódalas ouvintes portuguesas que grazas a Antena Minho na 106FM de Braga e o programa S.O.S Heavy Metal Radio Show escoitades o Galiza Metálica, tódalas noites a partir das 12:00 hora portuguesa nas noites da segunda a terça feira. SECCIÓN HISTORIA DO ROCK, E HEAVY METAL EN GALEGO Nesta sección fágome eco da recopilación que podedes atopar en Roucoson, da man de Jacobo Mouriño. Neste primeiro achegamento repasamos os comezos das primeiras bandas de metal que sacaron temas en galego.E desta volta falamos de XUDEF KLASS e poñemos o tema de Galicia amaceirada. SECCIÓN RESEÑAS DE AUDIOVISUAIS: Nesta sección tentarei facerme eco de audivisuais interesantes para o que nos interesa, o rock, heavy e metal. Nesta primeira vez fágome eco do primeiro documental que se fixo na Galiza e que fala dosbre o death metal en galego, estou a falar de ESCUROS,RONCOS E COMPASADOS .De Luis E. Froiz e Carlos Pensado do ano 2012, 126 minutos. ABSORBED – Reverie – Quantum Leap S.O.K. – Cannibalism – Feast of Maggots Podes velo nesta ligazón ao youtube. https://youtu.be/syL7o2K4xvE SECCIÓN LITERARIA Nesta sección fagome eco de libros, ensaios e proxectos tan interesantes como é NATIVAS , publicación underground de contracultura , de edición anual e sacado adiante por a banda compostela NIN A TIROS. Poderedes escoitar de primeira man dun dos deus promotores Miguel Cutrín de que vai esto do que vos estou a falar. NIN A TIROS – Na Hora do Lobo – A Derradeira Candea SECCIÓN DE HISTORIA DA NOSA GALIZA Nesta sección quero facer unha homenaxe pola nosa historia como pobo, pois considero que moitas veces non é tan doado aceder a nosas raíces culturais e históricas.Nesta primeira volta falaremos dos Saefes, unha cultura da Idade do ferro que marcou as nosas raíces culturais e dounos identidade tanto a galiza coma o norte de Portugal. SANGRE DE MUERDAGO – Noite – Medianoite SECCIÓN METALIZANDO A RAPAZADA Nesta sección tentarei graza a colaboración das miñas fillas Aldara e Ariadna facer unha recopilación dos inicios do heavy metal e ir coñecendo mellor con elas os comezos desta música que nos gusta.A intención e educar a nosa rapazada e que poidamos desfrutar con elas desta música e fomentar que a poidan coñecer mellor. Presentaran exemplos blues rock, hard rock e rock psicodélico e falaremos dun dos grupos considerados como pioneiro no heavy metal, como son os BLACK SABBATH.E tamén comentaran cousiñas cuirisas como de onde saen esto de poñer os cornos. BLACK SABBATH – 13 – God Is Dead? Mais nada espero que vos guste este primeiro especial cultural de Galiza Metálica.Recordarvos que o próximo día 6 de febreiro teremos outro programa xa mais na tónica habitual. Moitas grazas e recordade seguide a poiando as bandas, mercade música ide os concertos e facede o posible para que Galiza siga sendo metalica!

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Jan 30, 2023

Embed this episode

NOW PLAYING

Galiza Metálica (1º especial cultural)

0:00 1:00:37

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

ZONA METÁLICA Zona Metálica Zona Metálica es un programa de radio que difunde la mejor música del mundo EL METAL en todos los géneros, bajo la oportuna conducción de los comandantes del metal: Gustavo Jaramillo Villafuerte (primer comandante), Ramiro Jaramillo Villafuerte (segundo comandante) y Telmo Arregui (tercer comandante), caracterizado por utilizar discos físicos en sus emisiones, en vivo y en directo todos los domingos de 17h00 a 21h00 (hora Ecuador), escúchalo a través de: https://zeno.fm/radio/zona-metalica-rnvq/Síguenos en redes sociales 👇👇.:https://twitter.com/ZonaMetalicahttps://www.facebook.com/zona.metalica.1https://www.instagram.com/zona_metalica/¡Bienvenidos a disfrutar de la mejor música del mundo...! Mundofonías Juan Antonio Vázquez, Araceli Tzigane Radio Círculo (Madrid), Radio Universidad de Guanajuato(México), Ràdio País (Occitània), Multicult.fm (Online, Berlin) / 88vier (Berlin / Postdam), Radio UNAM (México DF), UABC Radio (Baja California, México), RCFM(Online, Extremadura), Rádio Filispim (Galiza), Radio Groovalización (Online, Paris), Ràdio Klara (València), Radio Universidad de Atacama (Chile), Radio Artigas (Toledo, Uruguay), Radio París La Paz (Bolivia), TTRadio (Online, Torrevieja), Radio Universidad de Puerto Rico (Puerto Rico), Radio Kolor (Cuenca), Radio Universidad Autónoma de Yucatán (México)... Presentado por Juan Antonio Vázquez y Araceli Tzigane, Mundofonías es un programa que viaja por todo el mundo para traerte las mejores músicas, siempre desde la independencia, la curiosidad y la pasión. Sin prejuicios, sin fronteras.Juan Antonio Vázquez y Araceli Tzigane te acercan esos sones maravillosos nacidos de la cultura de los pueblos y de la imaginación fecunda de músicos de todo el planeta… y alrededores. Músic Heavy MetalCast PT Lex Thunder e Fernando Ferreira Heavy MetalCast PTApresentado por Fernando Ferreira da World of Metal Magazine e Lex Thunder dos Toxikull, o Heavy Metalcast Portugal vem trazer á superficie a realidade metálica presente em Portugal. Onde vão ser abordadas noticias, opiniões e muita musica pesada.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Galiza Metálica?

This episode is 1 hour and 0 minutes long.

When was this Galiza Metálica episode published?

This episode was published on January 30, 2023.

Can I download this Galiza Metálica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!