EPISODE · Dec 30, 2025 · 1H 46M
GLP T3X09 / Actualidade- A emigración galega e portuguesa coa visión de "O país invisible " e "Monumento ao emigrante"
from Galiportus
Hoxe temos a ocasión no Galiportus de falarmos de emigracións, unha das características que mellor definen e conforman a realidade moderna e contemporánea dos dous pobos atlánticos peninsulares: o galego e o portugués. Contamos coa conversa entre os autores de dúas fantásticas obras, "O país invisible", do ferrolán Arturo Lezcano e "Monumentos ao emigrante", do fafense Daniel Bastos. A primeira é unha colleita de relatos incríbeis, máis de 200 historias de galegos na emigración americana (case 2 millóns abandonaron Galiza entre 1850 e 1970, incluíndo tamén a emigración europea), como aquela de Alfonso Graña, o ourensán que acabou por ser o "rei" da tribo dos xíbaros, no corazón da Amazonia. Polo lado portugués, estamos perante unha obra que recolle máis de 120 fotografías coas estatuas que fan homenaxe, do Minho ao Algarve (e tamén as illas), a case 5 millóns de emigrantes que abandonaron país. Falamos con eles de moitísimas cousas e pechamos no estudio coa nosa psicóloga e amiga Anaís Prada, coa que sinalamos os diferentes trastornos asociados ao trauma migratorio. Vaia episodio!, acompañado das músicas de Ana Kiro "o emigrante" e da "pandeirada sideral" de "Zapato Veloz".
Embed this episode
NOW PLAYING
GLP T3X09 / Actualidade- A emigración galega e portuguesa coa visión de "O país invisible " e "Monumento ao emigrante"
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.