EPISODE · Jul 29, 2024 · 13 MIN
Hércules Brass
from Todos os podcast | A crónica deportiva
Luís Miguel Crespo, na súa sección de música clásica, subiunos de novo á caravana festivaleira que aparcamos hai uns días, e levounos ata a terra de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Méndez Ferrín é dicir, “Onde o mundo se chama Celanova”, como dicía Curros. A vila ourensá, ademais de poesía, respira moita música, e como tal volve un ano máis o festival Hércules Brass, que este ano cumpre a súa 10 edición, nada menos. Entón ata alí marcharemos, coñecendo algo máis do programa, centrándonos sobre todo no interesante concerto da RFG que se celebra mañá xunto ao afamado trompetista sueco Hakan Hardenberger, pero coa idea de dar motivos suficientes para que o público acuda a Celanova, porque ademais de música de vento metal da mellor, atoparán moitos máis motivos para pasar agradables días.
Embed this episode
NOW PLAYING
Hércules Brass
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.