Informativos Radio Estrada episode artwork

EPISODE · Mar 2, 2026 · 37 MIN

Informativos Radio Estrada

from Actualidade Mediodía

Unha xornada marcada pola actualidade máis dura e tamén pola vida social e cultural da comarca. Localizado sen vida no río Ulla o veciño de Teo, nado en Liripio, tras máis de tres días de intensa procura. Ademais, unha persoa resultou ferida grave nun atropelo na N‑640, á altura de Anllada, nun suceso que mobilizou numerosos efectivos de emerxencia. No ámbito sanitario, arrinca hoxe a folga indefinida de médicos de Atención Primaria en Galicia. E na nosa vila, preto de mil persoas participaron onte no Concurso de Disfraces, enchendo as rúas de cor e música. A programación cultural tamén colle impulso: a vindeira fin de semana comeza a Programación de Primavera do Teatro Principal, mentres a Concellería de Cultura traballa na implantación dunha futura Taquilla Electrónica. A gastronomía regresa con “Santas Tapas”, que do 1 ao 5 de abril ofrecerá un novo formato combo por 3,5 euros. A Deputación abre o prazo dos Campamentos A Lanzada, con 1.540 prazas e un investimento de 450.000 euros. No eido educativo, Anxo Silva, do IES Antón Losada, logra o bronce en Ebanistería no SpainSkills 2026, e continúa aberto ata o 20 de marzo o proceso de admisión no CEIP Plurilingüe de Oca. Nas comarcas, a Garda Civil detén en Lalín un home de 51 anos por roubo con violencia e intento de incendio nun domicilio. Cuntis licita por máis de 650.000 euros o novo complexo de piscinas e edificio polivalente. Vedra recibirá 486.000 euros adicionais da Xunta en tres anos para reforzar o Servizo de Axuda no Fogar, e despídese un clásico: a Taberna do Mosqueiro pecha tras 70 anos de historia. Ademais, a estrada de Chao do Río a Pite permanecerá cortada previsiblemente o mércores por obras na AG‑59. No deporte, o atletismo toma o relevo esta fin de semana na Estrada. O Club Atletismo A Estrada competiu en Ourense na categoría Sub18 e prepara xa a viaxe a Salamanca con Brais Rei, sub16, para a próxima fin de semana.

NOW PLAYING

Informativos Radio Estrada

0:00 37:33

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Actualidade Mediodía?

This episode is 37 minutes long.

When was this Actualidade Mediodía episode published?

This episode was published on March 2, 2026.

What is this episode about?

Unha xornada marcada pola actualidade máis dura e tamén pola vida social e cultural da comarca. Localizado sen vida no río Ulla o veciño de Teo, nado en Liripio, tras máis de tres días de intensa procura. Ademais, unha persoa resultou ferida grave...

Can I download this Actualidade Mediodía episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!