EPISODE · Nov 20, 2025 · 42 MIN
Juana de la Cruz Domínguez. Cen anos de paixón pola costura
from Aquí faltan páxinas · host Deputación de Pontevedra
Juana de la Cruz Domínguez, coñecida no Porriño como Juaniña, amosou desde moi nova un talento natural para a costura e unha gran paixón polo mundo da moda, en especial polos deseños de alta costura das grandes firmas. Comezou con este labor cando tiña só 9 anos e aos 13 inaugurou o seu primeiro taller na casa familiar. Alí formou decenas de mozas que seguiron o seu ronsel como modistas e confeccionou deseños únicos para clientas de toda Galicia, incluídas réplicas de modelos icónicos coma os vestidos de noiva da raíña Fabiola ou Lady Di. Viviu a apertura política da Segunda República, o terror da Guerra Civil e as penurias da posguerra, pero nunca deixou de confeccionar marabillosas creacións, para as que atopaba inspiración nas revistas da época e nos grandes modistos coma Balenciaga, Chanel ou Christian Dior. Ao longo de décadas, o seu taller foi un referente de creatividade, de onde saían pezas para días especiais que eran pura artesanía. Coñecida pola súa xenerosidade, cosía tamén para familias humildes sen cobrarlles, e vestiu desde noivas ata defuntos. Superou un cancro linfático sen deixar de coser e chegou mesmo a rematar un vestido de noiva desde o hospital. Xa centenaria, hoxe é unha muller querida e popular á que lle gusta participar nos eventos da vila. Juaniña é memoria viva do Porriño; a súa enerxía, o sentido do humor co que afronta a vida e a vontade de manterse activa e independente mentres poida fan dela un símbolo de vitalidade e un exemplo para todas nós.
Embed this episode
NOW PLAYING
Juana de la Cruz Domínguez. Cen anos de paixón pola costura
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.