Manifestacións, cocidos, ovnis e oleodutos episode artwork

EPISODE · Feb 16, 2023 · 41 MIN

Manifestacións, cocidos, ovnis e oleodutos

from A actualidade está sobrevalorada · host Luzes

Ducias de milleros de galegos e galegas manifestáronse en Santiago contra a política sanitaria de Isabel Díaz Ayuso, ou esa debe ser a conclusión que sacaron moitos dos que viron a noticia nos informativos televisivos de ámbito estatal. Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro desvelan que non, que contra o que protestaban os manifestantes en Compostela era contra a política sanitaria da Xunta, que pese ao que considera o seu presidente, Alfonso Rueda, é unha forma de facer política (mala política, en concreto). Rueda quitoulle importancia á protesta indo á Feira do Cocido a Lalín, pero días antes acordou unha serie de medidas que contradicían a política sanitaria que seguira ata o de agora. Como poderán escoitar a Marta Otero no podcast, debe ser a primeira vez que unha mani consigue a priori os seus obxectivos (polo menos algúns). Tamén se debullaron misterios propios da serie Expediente X, de grato recordo para Antón Losada, como eses ovnis que andan a derrubar na América do Norte, e dos que sospeita que veñen de China. Máis vale, porque se son extraterrestres, empezamos mal a relación interespacial. E outro misterio, a sabotaxe ao oleoducto ruso, que os Estados Unidos ameazaran como facer, e agora que un xornalista os acusa  de facelo, desmínteno. «Era broma», parece que dixo un voceiro da Casa Branca.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Feb 16, 2023

Embed this episode

NOW PLAYING

Manifestacións, cocidos, ovnis e oleodutos

0:00 41:14

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of A actualidade está sobrevalorada?

This episode is 41 minutes long.

When was this A actualidade está sobrevalorada episode published?

This episode was published on February 16, 2023.

Can I download this A actualidade está sobrevalorada episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!