Martiño Lutero para dummies ... e para ateos
from Facemos historia Hosted by José Antonio Martínez
EPISODIO 22. TEMPORADA 01 Achegámonos a unha das figuras máis controvertidas do s. XVI, tanto en vida como despois de morto. Herexe para uns, apóstolo e profeta para outros, Martiño Lutero marca un antes e un despois na historia da igrexa, mais tamén da historia de Europa. Cando un 1 de novembro de 1517, do cal se cumpren este ano o 500 aniversario, Martiño Lutero crava na porta da igrexa do palacio de Wittenberg as súas 95 teses non estaba a pensar en constituír unha nova igrexa cristiá nin posiblemente en rebelarse contra as autoridades relixiosas. A historiografía entende que Martiño Lutero estaba a expor as súas inquedanzas relixiosas e teolóxicas, onde o tema das indulxencias ocupaba un papel central. A través da vida de Lutero achegámonos a vida cultural e relixiosa da Europa do s. XVI, reflexionamos sobre o papel da biografía como xénero historiográfico, e mostramos a dificultade que existe para marcar unha liña clara entre o relixioso e o político, nun mundo onde os ambos os dous ámbitos estaban tan mesturados que o Papa actuaba e reclamaba a súa autoridade política e o Emperador e outros reis reivindicaban a súa hexemonía relixiosa. Neste episodio falamos, tamén, da Biblia en galego, publicada pola Editorial SEPT, e da que temos unha versión para dispostivos móbiles: A Biblia. Novo Testamento [versión Kindle] (drive.google.com/file/d/0B09mNafQj-j4cWdncG1PdVJ3WTg/view?usp=sharing), [versión epub] (drive.google.com/file/d/0B09mNafQj-j4dEp1UDc4Zk1raEE/view?usp=sharing) Para máis recursos contades coa web http://www.abibliagalega.com/ Se queredes achegarvos ao mundo protestante a través dun podcast de gran calidade, http://www.cambio180.com, producido polo produtor dun dos podcast sobre podcasting máis destacadas en fala hispana http://viapodcast.fm E se queredes profundar un pouco máis sobre a vida de Martiño Lutero, recomendámosvos a biografía elaborada por Thomas Kaufmann, [Martin Lutero: vida, mundo palabra](https://www.casadellibro.com/libro-martin-lutero-vida-mundo-palabra/9788498796803/5100105), publicada pola Editorial Trotta neste ano. Acompáñanos nesta viaxe á Alemaña de 1517. CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA - [Johann Sebastian Bach: Ich habe genug, BWV 82 ](https://www.youtube.com/watch?v=fQyUWyW3-lA), pola Bach-Archiv Leipzig.
Embed this episode
No transcript yet.