Facemos historia podcast artwork

PODCAST · society

Facemos historia

Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.

  1. 54

    Pancas, crises e bancarrotas: do Barça de Laporta ao Imperio Hispánico do s. XVII

    Non escoitaches aínda falar das pancas de Joan Laporta e das novas fichaxes do Barça? Si, isto é Facemos Historia, unha viaxe no tempo que agora tamén é un podcast deportivo. Xa será menos!Aproveitamos toda esta polémica que se xerou a partir das pancas, o recurso financeiro que empregou o presidente do Barcelona para poder atopar liquidez e poder fichar xogadores neste mercado de verán de 2022, para viaxar até a Idade Moderna, onde este recurso xa foi utilizado polos Austria para conseguir diñeiro que lles permitise manter a súa costosa política exterior, que non era outra que manter o Imperio. E descubrimos que non é todo como nolo contan os libros de divulgación histórica: novos estudos profundan na orixe e funcionamento das bancarrotas e crises que marcaron a economía do Imperio Hispánico na Idade Moderna.Podes acceder ás notas do episodio na nosa web. https://facemoshistoria.galCRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

  2. 53

    Obxectivo Birmania

    Obxectivo Birmania é título dun filme militar americano da II Guerra Mundial. Tamén é o nome dun grupo musical español pop que tivo o seu momento de gloria a fins da década dos 80. Mais para nós é a oportunidade de achegármonos a este país asiático.En decembro de 2021 coñecíamos a nova sobre a condena de prisión de Aung San Suu Kyi. Líder do goberno democraticamente elixido e deposto tras un golpe militar en febreiro dese mesmo ano, era coñecida internacionalmente por ser Premio Nóbel da Paz no ano 1991.Este é o punto de partida que nos leva á historia deste país. Centrámonos no período do Imperialismo colonial, mais tentamos explicar como a historia deste país vai moito máis alá do período en que formaron parte do Imperio Británico. E falamos de por que ten varios nomes (Myanmar, Birmania ou Burma).Podes acceder ás notas do episodio na nosa web. https://facemoshistoria.galCRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

  3. 52

    A Primeira República (proxecto de constitución federal e cantonalismo)

    Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 6 A Primeira República (proxecto de constitución federal e cantonalismo). Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 6, parte práctica).Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  4. 51

    A Revolución Gloriosa e a Constitución de 1869 (HTA)

    Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 5 A Revolución Gloriosa e a Constitución de 1869. Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 5, parte práctica).Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  5. 50

    A construción do Estado Liberal (HTA)

    Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 4 A construción do Estado Liberal (principios do liberalismo e diferenzas entre as diferentes familias políticas). Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 4, parte práctica).Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  6. 49

    A restauración de Fernando VII e do absolutismo (HTA)

    Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 3 A restauración de Fernando VII e do absolutismo (as etapas do reinado). Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 3, parte práctica).Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  7. 48

    As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812 (HTA)

    Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 2 As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812. Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 2, parte práctica).Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  8. 47

    A Crise da Monarquía Absoluta (HTA)

    Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 1 A crise da monarquía absoluta (abdicacións, ocupación napoleónica). Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 1, parte práctica).Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  9. 46

    A Guerra de Sucesión (HTA 14)

    Cales foron as causas que provocaron a Guerra de Sucesión tras a morte de Carlos II en 1700? Por que esta guerra foi ao mesmo tempo un conflito bélico internacional e unha guerra nos reinos hispánicos? Que bandos se enfrontaron? A que se denomina Paz de Utrecht? A que acordos se chegaron ao fin da Guerra? Que relación existe entre a chegada dos Borbóns á coroa dos reinos hispánicos, unha canción infantil e o primeiro ministro inglés durante a Segunda Guerra Mundial?stas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://facemoshistoria.galSerie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 14, parte teórica).CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):MAMBRÚ SE FUE A LA GUERRA - Cantoblanco (https://www.youtube.com/watch?v=IB_y2L6OUoo); Malbrough s'en va-t-en guerre (https://www.youtube.com/watch?v=3wNy4LAkuQg); Malbrough s'en va-t-en guerre, 21st season of the ukelele - TOOTLINGEOFF (https://www.youtube.com/watch?v=rcOdugzGiUY)Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  10. 45

    A Guerra Civil (HTA)

    Cal foi o contexto en que se produciu a sublevación militar que deu comezo á Guerra Civil en 1936? Como se organizou este golpe de de Estado? Que apoios sociais, políticos e ideolóxicos tiñan os golpistas? Por que ficou España dividida en 2 zonas, unha baixo o poder dos sublevados e outra fiel á República? Cal foi a dimensión internacional da Guerra Civil?A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://facemoshistoria.galSerie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 18, parte práctica).CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  11. 44

    Economía e sociedade na Galicia dos Austrias (HTA 13)

    Cales eran as principais actividades económicas na Galiza do s. XVII?Que transformacións se deron na agricultura?Por que a pesca tivo tanta importancia na Galiza deste período?Que significa que a sociedade galega estaba articulada arredor da renda?A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://facemoshistoria.galSerie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 13, bloque 3).CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  12. 43

    As grandes reformas da República (HTA)

    Cales foron as principais reformas que se levaron a cabo na II República española? Cal foi o motivo para abordar estas reformas? Que consecuencias tiveron? Ten algunha relación este ambicioso programa de reformas co golpe militar do 36 e o estalido da Guerra Civil?A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://facemoshistoria.galSerie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 18, parte práctica).CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  13. 42

    O establecemento da II República (HTA)

    Cal foi o contexto político, económico e social que está detrás da proclamación da II República? Que forzas políticas tomaron parte? Que ideoloxía e con apoios sociais contaron? Que características presenta a Constitución que aprobaron en 1931?A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://facemoshistoria.galSerie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 17, parte práctica).CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):RAJOY REMIX - Hilos españoles: (https://www.youtube.com/watch?v=2YPQXMph6P8)Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  14. 41

    O valimento do Conde-duque de Olivares e a crise da monarquía (HTA12)

    Quen foi o conde-duque de Olivares?En que consistiron os proxectos de reforma que tentou levar a cabo durante o reinado de Filipe IV?Por que se produciron en 1640 as rebelións de Cataluña e de Portugal?En que situación ficou a monarquía hispánica a fins do s. XVII?A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://facemoshistoria.galSerie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 12)CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Missa Gaudeamos, de Joaquin Des Prez (https://musopen.org/music/10395-missa-gaudeamus/)Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  15. 40

    A crise socioeconómica do s. XVII (HTA11)

    Que provocou que os reinos hispánicos entrasen en recesión e contracción económica no s. XVII?Por que se produciu un descenso da poboación nos territorios hispánicos, en especial no reino de Castela?Víronse todos os sectores económicos afectados por igual na crise do s. XVII?Cales foron os problemas da facenda real e que consecuencias tiveron?A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://facemoshistoria.galCRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  16. 39

    A configuración do Imperio español no s. XVI (HTA10)

    Que territorios herdou Carlos de Habsburgo, que o converteron na cabeza do imperio máis grande visto en Europa?Cales foron os obxectivos que guiaron a acción do emperador, Carlos V?Que mudanzas aconteceron no imperio hispánico de Carlos V a Filipe II?A que problemas tivo que facer fronte Filipe II?A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://facemoshistoria.gal/a-configuracion-do-imperio-espanol-no-s-xvi/CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Missa Gaudeamos, de Joaquin Des Prez (https://musopen.org/music/10395-missa-gaudeamus/)Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).

  17. 38

    Neolítico: mudanzas, cambios, revolucións (HTA)

    Da serie: Historia de España de 2º Bacharaleto (HTA)Que mudanzas están detrás da aparición do Neolítico?É correcto utilizar a expresión Revolución Neolítica?Por que se produciron estas transformacións?Estánse a producir novos avances na interpretación deste período histórico?A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://www.facemoshistoria.galCRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0)District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

  18. 37

    A nova monarquia dos Reis Católicos (HTA09)

    Por que non atoparedes unha historia de España que non aborde o tema dos Reis Católicos?Por que se consideran un referente da historia e da unidade de España?Por que hai quen sitúa a orixe da España actual no seu reinado?Que signfican os conceptos monarquía autoritaria ou unidade dinástica que se lle atribúen?Tanto monta, monta tanto, Sabela coma Fernando?A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://www.facemoshistoria.galCRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0)District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

  19. 36

    As crises baixomedievais (HTA08)

    Por que se produciu un brusco descenso da poboación no s. XIV?Que sectores económicos se viron afectados pola crise na Baixa Idade Media?Que motivou a forte conflitividade social neste período final da Idade Media?Quen foron os Irmandiños?A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://www.facemoshistoria.galCRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0)District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

  20. 35
  21. 34

    Reconquista e repoboación. A construción da idea de España (HTA06)

    1. Que entendemos por Reconquista?2. Que significa que se fale de diversos modelos de repoboación na Península Ibérica durante a Idade Media?3. Que ten que ver a construción do Estado liberal en España no s. XIX coa idea da Reconquista e Repoboación?4. Se na Galiza non se pode falar para a Idade Media nin de Reconquista nin de repoboación, é que non forma parte da Historia de España medieval?A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.comCRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0)District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

  22. 33

    Al-Ándalus: os mulsumáns na Península Ibérica (HTA05)

    1. Como se produciu a chegada do Islam á Península Ibérica? 2. En cantas etapas poderiamos dividir a historia de Al-Ándalus?3. Por que se di que Al-Ándalus chegou a ser un referente político, económico e cultural na Europa occidental na Idade Media?4. Foi Galiza ocupada polos musulmáns?A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.comCRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0)District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

  23. 32

    A monarquia visigoda (HTA04)

    1. Quen foron os visigodos?2. Que características presenta o reino que fundaron na península?3. Por que este reino se desintegrou tan rapidamente trala derrota na batalla de Guadalete fronte as tropas musulmás no ano 711?4. Temos que saber toda a listaxe de nomes dos reis godos?A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.comCRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0)District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

  24. 31

    Todos os camiños conducen a Roma: a conquista romana da Península Ibérica (HTA03)

    1. Como se produciu a conquista romana da península Ibérica?2. Como organizaron os romanos este territorio?3. Que influencia tivo desde o punto de vista económico e social para as poboacións indíxenas da Península a súa incorporación ao mundo romano?4. Que se entende por romanización?A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.comCRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0)District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

  25. 30

    Os pobos prerromanos na Península Ibérica (HTA02)

    Que pobos habitaban a Península Ibérica á chegada dos romanos?Quen foron os íberos? Existiron celtas na Península Ibérica? Galiza foi celta? Que ten que ver con todo isto a cultura castrexa? Viaxemos até o 218 a.C. para responder a estas preguntas. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.comCRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0): Músicas da sintonía: District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

  26. 29

    O Neolítico na Península Ibérica (HTA01)

    A que denominamos Neolítico? Cando tivo lugar? Que transformacións comportou? Existiu Neolítico na Galiza?A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Benvidas/os a este serie onde imos abordar os contidos da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato. Este é o episodio 1.Lembra, que se prefires, pódeste subscribir ao podcast Historia Take Away. Búscao na túa aplicación preferida.Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://facemoshistoria.wordpress.comCRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0):Músicas da sintonía:District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

  27. 28

    Unha, grande e libre: a Historia de España en 2º de Bacharelato

    “O estudo da historia de España é esencial para o coñecemento e comprensión do noso pasado senón tamén do mundo actual”. Con esta frase ábrese a introdución do currículum oficial na Galiza da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato.Pois sobre esta materia, a historia de España, a historia da Galiza no ensino obrigatorio, vai este episodio. Reflexións xurdidas no novo proxecto no que andamos metidos, o podcast Historia Take Awake e agardamos que gostedes del.Se queredes acceder ás notas do episodio, xa sabedes, http://www.facemoshistoria.wordpress.comAcompáñanos nesta viaxe ao 2º de Bacharelato da LOMCE.CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA:“Campanas de Cela (Galicia) 2017 // Toque procesión. (https://www.youtube.com/watch?v=jqVUVFi-m-o)“Soy español”, publicado por Elentir Vigo // Concerto de Nadal da BAnda de Música da Escola Militar de Marín (https://www.youtube.com/watch?v=mXUXGaJCvb8)Raphael - Escándalo - Festival de Viña del Mar 2014 HD. (https://www.youtube.com/watch?v=J6pISAoDqpE)

  28. 27

    Non estabamos mortos, nin de parranda

    Aproveitando esta fin do verán, comentámovos o que non estivemos a facer neste tempo e que é o que SI imos facer na nova xeira de Facemos historia, que comeza en setembro. CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA - Biblioteca el Carmel - Juan Marsé: (https://www.youtube.com/watch?v=7xFDJ-YhNng)

  29. 26

    Datas, calendarios, unha santa e un pouco de rock

    EPISODIO 03. TEMPORADA 02Quen non escoitou algunha vez, nas aulas de historia do instituto, a pregunta de se había que saberse as datas. Quen non dixo a si mesmo: a ver se non, a ver se non!. Estudo de historia e chapatoria aparecían moitas veces unidos, froito dun ensino tradicional que enfatizaba ou esixía esa aprendizaxe memorística. Neste episodio adéntramos no mundo das datas, datos e calendarios varios. Si, para coñecer a historia precisamos da cronoloxía, mais non a debemos confundir coa historia. E sobre isto falamos. Sabes que un día non é simplemente 24 horas? Que unha semana tivo máis de 7 días? Que hai diferentes tipos de ano? Nesta viaxe acompañaranos unha santa que morreu un xoves (quinta feira) e cando, 24 horas despois, foi enterrada pasaran nin máis nin menos que 11 días (e non foi ningún milagre). Tamén descubrirás como é posible que o Día do Libro, 23 de abril, lembre a coinicidencia da data da morte de dous grandes da literatura universal, Shakespeare e Cervantes, mais que morrendo o mesmo día do mesmo ano, un o fixera en martes e outro en sábado. E finalmente falaremos de política, todo isto, acompañados cun pouco de rock. Acompáñanos nesta viaxe ao noso calendario. CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA - ACDC - Thunderstruck (Stiff Upper Lip Tour, Live In Munich): (https://www.youtube.com/watch?v=qY1FmQk-Pns)

  30. 25

    Mínimos para unha historia de Galiza

    EPISODIO 02. TEMPORADA 02Mínimos para unha historia de GalizaNon vivimos alleos á realidade do que está a acontecer en Catalunya, ou mais ben no conxunto do Estado, mais non imos dedicar o noso episodio ao tema, case monotema e que provoca longas e acendidas discusións.Facemos historia e gostamos da historia, polo que nos chamou a atención que non fixo falla agardar moito tempo antes que xurdisen as "referencias" históricas. "Isto vai acabar coma en 1934", ou bromas ou non tan bromas para repertir 1714.Ficamos sorprendidos de descubrir a grande manipulación da historia que se fixo desde Catalunya e a adoutrinamento que os/as docentes de historia fixeron co alumnado catalán. Os medios de comunicación españois, cunha unanimidade espectacular, inundaban de noticias os informativos día tras día. E descubrimentos que o falseamento da historia, no noso Estado, proviña dos gobernos de Pujol. (https://elpais.com/cultura/2017/10/25/actualidad/1508937769_136581.html).Desde Galiza, inmunes ao efecto Pujol, non podemos máis que ficar abraiados ante unha realidade que parece saír dunha película de ciencia ficción. Despois de anos e anos de ensino de historia, de currículos inzados de historia de España, o problema do relato da historia é o ensino en Catalanya.Mentres, nesta realidade paralela, seguen a se publicar artigos que demostran e defenden a existencia dun reino de Galiza na Idade Media, unha historia silenciada desde a construción da historia nacional española no s. XIX. (http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/yilliqiya-galisiya-reino-galiza-nas-fontes-arabes/20170726175323059968.html)Pois destes temas falamos neste episodio, e a partir da lectura de dúas obras sobre a historia de Galiza, unha colectiva baixo a coordinación de Isidro Dubert, Historia das historias de Galicia (https://www.xerais.gal/libro.php?id=4258911), e outra publicada polo profesor de historia contemporánea Xusto Beramendi, (https://www.casadellibro.com/libro-historia-minima-de-galicia/9788416354078/3099873), presentamos que temas se entenden hoxe que deberían aparecer, si ou si, nunha historia deste territorio sito no noroeste peninsular chamado Galiza.Como recomendación, para profundar e coñecer a nosa historia, ademais de contribuír a defensa do noso patrimonio histórico e cultural, recomendamos unha páxina web, que como eles mesmo titulan vai sobre a nosa historia contrada doutro xeito: http://historiadegalicia.gal/ CRÉDITOS (todos os audios distribúense con licenza Creative Commons):Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

  31. 24

    Pazos, prazas e califatos

    EPISODIO 01. TEMPORADA 02Non pasamos as vacacións nun pazo, mais comezamos, ás portas de un, esta 2ª xeira de Facemos historia. Volvemos cun episodio apegado á actualidade. O Pazo de Meirás, a súa xestión por parte da Fundación Francisco Franco, a súa explícita intención de facer apoloxía do franquismo, as continuas e ilegais limitacións de acceso a un edificio declarado Ben de Interese Cultural, a errática actuación dos poderes públicos, en concreto da Xunta, lévanos a preguntar como chegamos até esta situación. Como chegou Franco e a súa familia a seren propietarios do Pazo de Meirás? Que hai de certo na súa doazón durante a Guerra Civil? Que papel xogou Pedro Barrié de lá Mazá? Doazón, expolio, saqueo ou botín de guerra?De Sada saltamos a Sabadell, aínda que non para falar do procés. Que sabedes de Antonio Machado? Cal das súas obras é a que máis vos gosta? A quen lle poriades o nome dunha rúa da vosa vila? Que criterios seguiriades?E de Catalunya viaxamos até Siria, volvendo por Córdoba. Que historia estudou o fillo da Tomasa? Que coñeces ti do Al-Ándalus? En que consiste a Reconquista? Por que os do chamado "estado islámico" falan dela?Volvemos con moitas preguntas, mais non temos as respostas. Compartimos con vós as nosas reflexións dunha noite de verán.Para a realización deste episodio seguimos a @cbabio (Carlos Babío) e a @CorunaMemoria (Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, http://memoriadacoruna.com/14717-2).Son múltiples os artigos sobre o informe encargado polo Ajuntament de Sabadell sobre o nomenclátor das rúas da súa vila, e aquí vos deixamos a ligazón a un deles (http://www.lavanguardia.com/politica/20170816/43583513391/sabadell-nomenclator-informe.html)Acompáñanos nesta viaxe ao verán informativo do 2017.CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons):Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA- Cantares, Versión de Serrat, (https://www.youtube.com/watch?v=b4d7_Hq3Psk), polo grupo Nueva Sangre.No-Do de 20 de setembro de 1954 (http://www.rtve.es/filmoteca/no-do/not-611/1482034/)

  32. 23

    Guia para non se perder: historia e podcasts

    EPISODIO 23. TEMPORADA 01Chegou o verán, un tempo ideal para nos mergullar non só nas moitas praias do noso país, senón tamén nos podcasts. Co noso móbil e uns auriculares ábresenos un mundo de posibilidades.E con este epiodio 23 chega ao seu fin unha primeira tempada na cal viaxamos no tempo, do século XV ao XXI, así como de París a Ourense ou de Tanzania aos Estados Unidos.Calquera momento é bo para escoitar podcast, mais este próximo mes e medio son ideais para descubrir novos programas aos que ao longgo destes meses non puidemos chegar. E co afán divulgativo que nos caracteriza, adentrámonos no mundo do metapodcasting, para vos presentar e falar un chisquiño dos podcast de historia que máis se escoitan, segundo os datos de Itunes España.Descubrimos que no top 100 do podcasting deste último mes no noso Estado, atópanse nada máis e nada menos que DEZ que teñen a historia como o seu tema principal. E por se non abondase, falmaos de dous máis e facemos unha última recomendación.Tedes ante vós, máis que unha simple viaxe polo tempo, unha viaxe polos podcast que nos teletransportan a iso do que tanto gostamos: a historia.Acompáñanos neste guía de podcast, e escoitámonos de novo en setembro.Neste episodio falamos de:- Antena historia. https://antenahistoria.wordpress.com/- La tertulia de la historia. http://latertuliadelahistoria.com/- Ruta por la historia. https://rutaporlahistoria.es/- Memorias de un tambor. http://memoriasdeuntambor.com/- Ágora historia. http://agorahistoria.com/- Histocast. https://www.histocast.com/- La Contrahistoria. http://contrahistoria-podcast.blogspot.com.es/E mencionamos: SER Historia, La Rosa de los vientos, Historias de la historia, La escóbula de la brújula e Una hora con la historia.Non só de historia vive este podcast, polo que tamén recomendamos:- O NosoPodcastLar. http://onosolar.gal/OnL/CRÉDITOS (todos os audios distribúense con licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

  33. 22

    Martiño Lutero para dummies ... e para ateos

    EPISODIO 22. TEMPORADA 01Achegámonos a unha das figuras máis controvertidas do s. XVI, tanto en vida como despois de morto. Herexe para uns, apóstolo e profeta para outros, Martiño Lutero marca un antes e un despois na historia da igrexa, mais tamén da historia de Europa.Cando un 1 de novembro de 1517, do cal se cumpren este ano o 500 aniversario, Martiño Lutero crava na porta da igrexa do palacio de Wittenberg as súas 95 teses non estaba a pensar en constituír unha nova igrexa cristiá nin posiblemente en rebelarse contra as autoridades relixiosas. A historiografía entende que Martiño Lutero estaba a expor as súas inquedanzas relixiosas e teolóxicas, onde o tema das indulxencias ocupaba un papel central.A través da vida de Lutero achegámonos a vida cultural e relixiosa da Europa do s. XVI, reflexionamos sobre o papel da biografía como xénero historiográfico, e mostramos a dificultade que existe para marcar unha liña clara entre o relixioso e o político, nun mundo onde os ambos os dous ámbitos estaban tan mesturados que o Papa actuaba e reclamaba a súa autoridade política e o Emperador e outros reis reivindicaban a súa hexemonía relixiosa.Neste episodio falamos, tamén, da Biblia en galego, publicada pola Editorial SEPT, e da que temos unha versión para dispostivos móbiles: A Biblia. Novo Testamento [versión Kindle](drive.google.com/file/d/0B09mNafQj-j4cWdncG1PdVJ3WTg/view?usp=sharing), [versión epub](drive.google.com/file/d/0B09mNafQj-j4dEp1UDc4Zk1raEE/view?usp=sharing​)​​​Para máis recursos contades coa web http://www.abibliagalega.com/Se queredes achegarvos ao mundo protestante a través dun podcast de gran calidade, http://www.cambio180.com, producido polo produtor dun dos podcast sobre podcasting máis destacadas en fala hispana http://viapodcast.fmE se queredes profundar un pouco máis sobre a vida de Martiño Lutero, recomendámosvos a biografía elaborada por Thomas Kaufmann, [Martin Lutero: vida, mundo palabra](https://www.casadellibro.com/libro-martin-lutero-vida-mundo-palabra/9788498796803/5100105), publicada pola Editorial Trotta neste ano.Acompáñanos nesta viaxe á Alemaña de 1517.CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons):Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA- [Johann Sebastian Bach: Ich habe genug, BWV 82 ](https://www.youtube.com/watch?v=fQyUWyW3-lA), pola Bach-Archiv Leipzig.

  34. 21

    Expediente Reis Católicos: Doma, nación e mucho españoles

    EPISODIO 21. TEMPORADA 01Éche perigoso achegarse a historia do reinado dos Reis Católicos. E non o digo eu, así se pronuncia o historiador Pegerto Saavedra na obra Historia das Historias de Galicia, publicado pola Editorial Xerais. É un tema que levanta moitas paixóns, desde quen ven nel o período fundacional da nación española, a quen lle atribúe todos os males da postración e desaparición na práctica do reino de Galiza. Debátese e discútese sobre este período con tanta o máis vehemencia que nun Celta-Depor ou nun Madrid-Barça.Achegámonos ao nacemento do Estado moderno. A acción dos Reis Católicos, en especial Isabel en Castela, levará á creación dunha estrutura administrativa, daranse pasos cara a unha imposición sobre a nobreza e o resto de grupos sociais, aproveitando a acción da "Santa Hermandad", que actuará para garantir a paz e a orde no interior do reino, así como do Tribunal da Inquisición, que os monarcas controlarán directamente.O casamento de Isabel e Fernando cristalizarase no que se deu en chamar "unión dinástica", mais non no nacemento dunha nación chamada España. A súa acción política permitiu transformar un reino medieval nun estado moderno.Ao longo do episodio repasaremos os mitos existentes sobre este reinado e analizaremos a interpretación do seu goberno sobre o reino de Galiza, tan marcado pola expresión extraída do discurso de Castela no Parlamento "da doma e castración do Reino de Galiza". Repasaremos outros mitos existentes, en especial sobre a acción da nobreza galega en relación á raíña Isabel e ao futuro Carlos I.Acompáñanos á Galiza de 1480.CRÉDITOS (todos os audios distribúense con licenza Creative Commons):Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA:Fata la parte, de Juan del Encina, interpretada polo Collegium Vocale: https://www.youtube.com/watch?v=78P9NCOUYcw

  35. 20

    1467: Galiza ceibe, poder popular. Os irmandiños

    EPISODIO 20. TEMPORADA 01Un 25 de abril de 1467 producíase a toma e o derrubamento de Castelo Ramiro, en Ourense. Hai, exactamente, 550 anos, unha data redonda, mais que pasou inadvertida tanto para os medios de comunicacións como para a axenda institucional do noso país.E por que é tan importante este acontecemento? Castelo Ramiro é a primeira das máis de 130 fortalezas medievais, castelos señoriais, que serán derrubados por un movemento popular coñecido coma os Irmandiños. Esta gran revolta, esta revolución irmandiña, gobernará Galiza durante dous anos, entre 1467 e 1469, alterando a estrutura social da Galiza medieval. Por primeira vez na historia de Galiza será o conxunto da poboación, autoorganizada na Xunta Xeral do Reino de Galiza, a que concentre todo o poder, executivo, lexislativo e xudicial.Podemos dicir, sen temor a nos equivocar, que nunca, na historia de Galiza, foi máis acaída utilizar a expresión "Galiza ceibe, poder popular", ese lema tan repetido en diferentes manifestacións de signo nacionalista na actualidade.Mais non forcemos a historia: os Irmandiños non foron un movemento nacionalista ou independista contra o reino de Castela. Esta visión non responde ás fontes históricas. Mais os Irmandiños fixeron realidade unha Galiza ceibe, mais ceiba do exercicio arbitrario do poder feudal. O inimigo non se atopaba fóra, era unha nobreza laica malfeitora, usurpadora e culpable de todo tipo de delictos contra os resto de grupos sociais, eclesiásticos, habitantes da cidade e, fundamentalmente, o campesiñado.Malia que haxa quen non goste de falar de revolucións fóra do período contemporáneo, esta gran revolta Irmandiña, tivo efectos sociais revolucionarios durante os dous anos que estivo vixente, restaurando a xustiza, mantendo a paz e a orde na nosa terra.E o movemento irmandiño fálanos da clara existencia de Galiza coma unha realidade cultural, política, econonómica e social a fins da Idade Media, unha Galiza construída desde os grupos populares e non o resultado dunha construción política das elites na Constitución do 1978.Acompáñanos ao Ourense de 1467.CRÉDITOS (todos os audios distribúense con licenza Creative Commons):Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA:Grândola, Vila Morena, de Zeca Afonso: https://www.youtube.com/watch?v=3V6s6JMURlk

  36. 19

    1919. O inicio do s. XX

    EPISODIO 19. TEMPORADA 01En 1919 as potencias vencedoras da Primeira Guerra Mundial reuníanse en París para negociar os termos dos acordos de paz. Dicimos ben, as potencias vencedoras, porque para a reconstrución de Europa e do mundo non foron convidados nin os países neutrais na guerra nin moito menos os países derrotados, con Alemaña á cabeza, que só foron chamados para coñecer os acordos tomados. Foi unha “paz de vencedores”, nada inclusiva, que acordaron os presidentes dos EE.UU., Francia e Gran Bretaña. Italia, que formaba parte do Consello dos Catro, retirouse coa sensación de que fora enganada, ao non aceptar os outros países os seus desexos territoriais na costa adriática.Redebuxouse o mapa mundial. Mais non só foron mudanzas nas fronteiras, da Grande Guerra saíron as liñas mestras do mundo actual, até o punto de se considerar que coa súa fin comeza, verdadeiramente, o s. XX.Alemaña, a grande derrotada, acatará mais non aceptará o acordado en Versalles. Isto vai ter fondas repercusións a curto prazo, personificadas no ascenso de Hitler. Con todo, a historiografía non se pode dicir que Versalles e os outros tratados de paz da Grande Guerra provocaran irremediablemente a Segunda Guerra Mundial. O que se decidiu en París de 1929, considerado como unha puñada polas costas pola maioría da opinión pública alemá, servirá a Hitler para utilizalo coma arma propagandística, no seu ascenso cara ao poder.Neste episodio falamos, tamén, de Decote, o podcast diario de Agos Reigosa. Podedes subscribirvos en https://altp.podbean.com/feed/Para o apartado das Músicas en Facemos Historia, seguimos El Blog de Manuel Cerdá: https://musicadecomedia.wordpress.com/2014/06/27/canciones-de-la-primera-guerra-mundial/E se queredes profundar un pouco máis sobre a Primeira Guerra Mundial, recomendámosvos dúas obras que presentan o conflito, as súas causas e consecuencias, dun xeito ameno e con gran rigor:Todo Lo Que Debe Saber Sobre La Primera Guerra Mundial, de Jesús Hernández, Ed. Nowtilushttps://www.casadellibro.com/libro-todo-lo-que-debe-saber-sobre-la-1-guerra-mundial-1914-1918-las-campanas-personajes-y-hechos-claves-del-conflicto-belico-que-cambio-la-historia-del-siglo-xx/9788497634953/1164471La Gran Guerra de The History Channel Iberia. Plaza & Janes, 2013. https://www.amazon.es/Gran-Guerra-History-Channel-Iberia/dp/B00I950IQ4Acompáñanos nesta viaxe ao París de 1919.CRÉDITOS:Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIAhttps://www.youtube.com/watch?v=tn-uSZg7YxwMarcha do coronel Bogey, interpretada pola US Coast Guard Band.https://www.youtube.com/watch?v=UuauigZW7joLa Chanson de Craonne - Iokanaan

  37. 18

    A historia non é para fanboys: A Revolución Rusa

    EPISODIO 18. TEMPORADA 01100 anos. Xa pasou un século desde a revolución rusa. Falando así parece que só houbo unha, a de outubro de 1917, a bolxevique, a que deu paso ao primeiro estado comunista da historia. Mais a revolución rusa foi un longo proceso, que hai quen o estende case 100 anos, desde as revoltas de 1860 até a morte de Stalin en 1953, e quen prefire circunscribila aos primeiro cuarto de século, desde as revoltas universitarias de principios de século até a morte de Lenin en 1924. O que é certo é que durante este período van ter lugar, cando menos, tres revolucións: a de 1905, a de febreiro de 1917 e a xa citada de outubro dese ano.Malia que xa vai alá un século, segue a ser un tema que desata ferventes paixóns, onde o ideolóxico, convertido en crenza, condiciona calquera reflexión serea. A historia necesita unha certa distancia, non só no tempo, senón tamén sentimental, para poder analizar con calma os acontecementos históricos.Para nós a historia é unha paixón, e este podcast unha aventura. Mais hai quen son “fanboys”, e moito máis de determinados procesos, coma a Revolución de Outubro de 1917.Acompáñanos nesta viaxe no tema.CRÉDITOS:Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIAKhatia Buniatishvili interpreta o Concerto para piano nº 1 (C minor) de Shostakovich: https://www.youtube.com/watch?v=tJ9dvDbI4PA

  38. 17

    Nin allea nin neutral. A Primeira Guerra Mundial e Galiza

    EPISODIO 17. TEMPORADA 01Entre 1914 e 1918 tivo lugar un conflito que mudou o mundo: A Grande Guerra, con maiúsculas, unha guerra cunha intensidade como non existira outra antes; unha guerra total, co resultado de 13 millóns de mortos. A Primeira Guerra Mundial foi unha guerra iniciada polas potencias europeas e desenvolvida fundamentalmente en solo europeo. Foi a entrada en 1917 dos EE.UU. o que lle aportou o carácter extraeuropeo ao conflito, aínda que estes viñesen loitar a Europa. Mais o que verdadeiramente lle outorgou á contenda o carácter mundial é que os principais estados enfrontados eran posuidores de grandes imperios transoceánicos.A Grande Guerra tivo dúas etapas perfectamente diferenciadas, a chamada Guerra de Movementos, que ocupou o ano 1914, e a Guerra de Posición ou Guerra de Trincheiras, que caracterizou os seguintes tres anos de conflitos.A entrada dos EE.UU. na guerra veu marcada polo xiro da estratexia naval de Alemaña, na busca de illar e afogar economicamente a Gran Bretaña e a Francia. A loita naval, a busca de acabar co tráfico naval no Atlántico, levou ao goberno americano a entrar en guerra e decantou finalmente o conflito. E nesta guerra naval Galiza xogou un papel destacado, xa como apoio loxístico ás frotas navais en conflito, xa como centro de espionaxe e control da información. Nunha guerra onde España declarara oficialmente a súa neutralidade, Galiza non foi nin allea nin neutral no conflito.REFERENCIAS:U-49, unha novela de Rafael Lema, publicada por Ed. Tambre - Edelvives: http://www.todostuslibros.com/libros/u-49_978-84-96772-60-1PODCAST MENCIONADOLa contrahistoria: https://itunes.apple.com/es/podcast/la-contrahistoria/id1130560048?l=en&mt=2CRÉDITOS:Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIAEl Pelele, de Enrique Granados: https://musopen.org/music/3556/enrique-granados/el-pelele/Fandangos de Candil, de Granados; interpretada por Rubén Lorenzo: https://www.youtube.com/watch?v=lcm1ibikVyQ

  39. 16

    Quen foi Sofia Casanova? A historia e a muller, entre a desmemoria e o esquecemento

    EPISODIO 16. TEMPORADA 01Sofía Casanova narrou de primeira man a I Guerra Mundial aos lectores do diario ABC. Foi a primeira muller contratada coma correspondente fixa, e desenvolveu o seu labor para este xornal madrileño entre 1915 e 1944. En Polonia, en Bielorrusia e en Moscova vivirá algúns dos acontecementos que marcan o século XX: a xa citada Grande Guerra, a Revolución Rusa e o inicio da Segunda Guerra Mundial. Poderiamos salientar o seu papel coma muller precursora nun mundo, o do xornalismo, até ese momento practicamente monopolizado polos varóns, mais entendemos que, sería, de xustiza, lembrala coma un modelo de xornalista comprometida: transmite unha visión unha visión propia, nada pregada nin compracente co poder, e que non se sente allea ni mera espectadora do mundo que lle tocou vivir e narrar. Con todo, Sofía continúa a ser unha grande esquecida, non reivindicada por ninguén.O mundo de principios de s. XX, nos que Sofía iniciou a súa carreira profesional, ven marcada pola eclosión da gran revolución do século: a conquista da muller no espazo público. En 1910, na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas que ten lugar en Copenhague (Dinamarca), é unha poliítica de nacionalidade alemá, Clara Zetkin, quen propoña o 8 de mazo coma Día Internacional da Muller Traballadora. Non será até 1977 que a ONU declare este día coma Día Internacional da Muller, que se segue a celebrar na actualidade. Os obxectivos iniciais desta data conmemorativa era as reivindicacións laborais por parte da muller (de acceso ao mundo laboral e a mellora das condicións de traballo e equiparación de salarios cos homes) e as demandas sobre a igualdade política, centrada na loita sufraxista.A I Guerra Mundial vai supor unhas fondas transformacións no mercado laboral que van acelerar este proceso. Foi un comezo, mais aínda fica moito por facer.Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA Autrefois, Op. 87/4, de Cecile Chaminade, interpretada por Anna Sutyagina: https://www.youtube.com/watch?v=-5NVkDzxH90D'un Vieux Jardin, de Lili Boulanger: https://www.youtube.com/watch?v=45V2b3HpwLM

  40. 15

    O suicidio de Europa. 1914. O inicio da Grande Guerra

    EPISODIO 15. TEMPORADA 01O 28 de xuño de 1914 eran asasinados en Saraievo o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa austrohúngara e a súa dona Sofía Chotek. Dise que as últimas palabras de Francisco Fernando foron: “Non pasa nada, non pasa nada”. Mais os acontecementos que se sucederon despois parece que non lle deron a razón, até o punto de que foi se ser cualificado coma “o asasinato que mudou a historia”, ou máis concretamente coma “o asasinato que iniciou a Primeira Guerra Mundial”. Mais foi este atentado o causante da Grande Guerra?Neste episodio asomámonos ás causas que están detrás deste conflito armado que deixará, á súa fin, case 13 millóns de mortos. Entre as múltiples causas das que aínda discute a historiografía actual, centrarémonos nos tres grandes enfrontamentos que están detrás da política de alianzas internacionais da época e do inicio do conflito: a do Imperio austrohúngaro fronte ao Imperio ruso, a de Francia contra Alemaña, e a desta última contra Gran Bretaña.As principais potencias europeas embarcáronse nun conflito, que pensaban curto e vitorioso. A posibilidade dunha guerra non parecía tan destrutiva para que todos resultasen perdedores e que a vitoria, ao final non significase nada. Asistimos ao comezo da Grande Guerra. Un auténtico suicidio.AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIAMúsica da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).Sinfonía nº 5 de Gustav Mahler: https://musopen.org/music/2806/gustav-mahler/symphony-no-5/

  41. 14

    Vaia lío! Os amigos dos meus amigos son os meus amigos. A Paz Armada

    EPISODIO 14. TEMPORADA 01Entre 1870 e 1914 o mundo vive un período coñecido coma Paz Armada. Unha etapa delimitada por dúas guerras, a franco-prusiana de 1870 e a Grande Guerra, a I Guerra Mundial, que comeza en 1914. Malia o que indica o nome, non foi un período sen conflitos bélicos, que con diferente intensidade, terán lugar a longo das catro décadas. Con todo, as grandes potencias europeas evitarán enfrontamentos directos, ao tempo que tentarán aumentar as súas zonas de influencia, xa co control directo co expansión dos seus imperios colonias, xa a través dun dominio indirecto. E todo dentro dun período de constante rearme dos principais países.Alemaña, convertida desde o seu nacemento en 1871 en Imperio, será a grande protagonista desta Paz Armada. Os sistemas de alianzas ideado por Bismark permitirá aumentar a súa hexemonía sobre a Europa continental, ao mesmo tempo que illar a Francia, a súa grande inimiga. A chegada ao trono de Guillerme II, a saída do goberno de Bismark, mudará toda a política exterior do II Reich, na busca de se converter, agora, en primeira potencia mundial. E aí atoparán en fronte a Gran Bretaña, Francia e Rusia, que asinaron unha Tripla Entente que contrarrestaba a Tripla Alianza alemá. A Grande Guerra estaba ás portas.Obras citadas: o título fai referencia ao sinxelo “Los amigos de mis amigas son mis amigos” do grupo Objetivo Birmania, publicado en 1989: https://www.youtube.com/watch?v=MCW7eS-1DFwMúsica da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).Parsifal (WWV, 11) de Richard Wagner: https://musopen.org/music/1451/richard-wagner/parsifal-wwv-111/

  42. 13

    Non eramos negros. Consecuencias do Imperialismo colonial

    EPISODIO 13. TEMPORADA 01O mundo mudou no s. XIX. Asistimos a unha verdadeira revolución en todos os eidos: demográfica, agrícola, industrial, política, de transportes, etc. Nada volverá ser o mesmo. E o planeta vai ser repartido, colonizado, entre as principais potencias mundiais, na súa práctica totalidade europeas. África e Asia, coas súas singularidades, van vivir/sufrir esta transformación radical, coa particularidade de vir imposta desde o exterior. Convértense en sociedades e economías dependentes, minusvaloradas no cultural até o punto de se cuestionar a propia identidade. A civilización do mundo foi a imposición da cultura europea, onde os intereses económicos primaron sobre calquera outro. Non eramos negros, eramos só persoas, conta Shirley Campbell Bar. As consecuencias do Imperalismo colonial foron múltiples e chegan até os nosos días. Collamos un mapamundi e acheguémonos aos desequilibrios Norte-Sur, ao Terceiro Mundo.Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). As músicas de Facemoshistoria: Impressions of India Ep 01 | Kutch Folk Music and Instruments https://www.youtube.com/watch?v=MXnaSYwgI5cConcerto para clarinete e orquestra en la maior (K. 622) de W. A. Mozart: https://musopen.org/music/2354/wolfgang-amadeus-mozart/clarinet-concerto-in-a-major-k-622/

  43. 12

    Tortas e a tortas. A repartición do mundo no s. XIX

    EPISODIO 12. TEMPORADA 01Entre fins do 1884 e principios de 1885 os principais países europeos máis os EE.UU. reuníronse en Berlín. O obxectivo, nas palabras do organizador, Otto Von Bismark, chanceler de Alemaña, era promover a civilización dos africanos, abrindo o interior do continente ao comercio. Mais o que alí aconteceu foi a repartición dun continente, África, entre as principais potencias europeas. Para Asia non houbo unha conferencia xeral, mais a división e repartición entre os países europeos tamén tivo lugar.Gran Bretaña e Francia aparecen a final do s. XIX como os imperios coloniais máis extensos. Alemaña, principal potencia no continente europeo, chega tarde mais se sitúa no panorama colonial, con territorios en África e Asia. A novidade é a irrupción de potencias extraeuropeas, que a partir deste momento van xogar un papel fundamental na política internacional: Estados Unidos e Xapón.Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).As músicas de Facemoshistoria:Johannes Brahms. Sinfonía nº 4 en E menor, op. 98:https://musopen.org/music/1566/johannes-brahms/symphony-no-4-in-e-minor-op-98/

  44. 11

    Dr. Livingstone, supoño? A expansión colonial británica en África

    EPISODIO 11. TEMPORADA 01Acompañamos a Henry Morton Stanley na súa viaxe até o interior de África na busca do Dr. Livingstone. Presenciamos o famoso encontro acontecido en novembro de 1871, e que coñecemos a través do artigo publicado no New York Herald, do cal era xornalista Stanley, así como dos diarios de Livingstone.A partir da personalidade polifacética do Dr. David Livingstone, escocés de nacemento, exemplo de home feito a si mesmo, que gozou de grande fama durante a súa vida e converteuse en heroe do Imperio Británico despois da súa morte, reflexionamos sobre a expansión e colonización británica no continente africano na segunda metade do s. XIX. Grandes exploracións, avances médicos, fervor relixioso e posicionamentos éticos: David Livingstone é un bo exemplo de todos eles, mais a súa vida e a súa acción non se podería entender sen reflexionar sobre os intereses políticos e económicos que levaron a Gran Bretaña a se converter no imperio colonial máis extenso neste período.Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).Concerto para clarinete e orquestra en la maior (K. 622) de W. A. Mozart: https://musopen.org/music/2354/wolfgang-amadeus-mozart/clarinet-concerto-in-a-major-k-622/

  45. 10

    "El concepto es el concepto". Reflexións sobre o Imperalismo

    EPISODIO 10. TEMPORADA 01Achegámonos ao último terzo do s. XIX, á Era do Imperialismo, tal como a denominou o historiador británico Eric Hobsbawm. E a partir da configuración dos grandes imperios coloniais, reflexionamos sobre o poder das palabras, dos conceptos, para construír realidades. Viaxaremos no tempo na busca do imperialismo, colonialismo, colonización, neocolonización, até chegar á nosa era, á da globalización. Porque as palabras teñen o seu valor, en historia non nos abonda co típico: “Chámalle X”.Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).https://www.youtube.com/watch?v=B3o1o4_D1P8. Bob Marley- Place of peace (acoustic).

  46. 9

    Por que? Por que? A expansión imperialista no s. XIX

    EPISODIO 09. TEMPORADA 01No último terzo do s. XIX as principais potencias europeas van consolidar un proceso de expansión territorial que os leva á creación de grandes imperios coloniais. O mundo, directa ou indirectamente, fica baixo o control de Gran Bretaña, Francia, Holanda, Portugal ou Alemaña, aos que se unen por primeira vez as potencias emerxentes de Estados Unidos ou Xapón, que van xogar un papel tan destacado nas seguintes décadas.Neste episodio preguntámonos sobre as causas desta expansión territorial e por que aconteceu nesta fin de século XIX. Presentaremos os variados factores económicos, demográficos, políticos e ideolóxicos que os/as historiadoras sitúan detrás deste proceso que muda as relacións a escala mundial, e das que aínda vivimos as súas consecuencias. Como ben expuxo Lenin no seu libro publicado en 1917 “O imperialismo, fase superior do capitalismo”, a historiografía destaca os factores económicos coma os principais para a explicación deste expansión e consolidación de imperios coloniais no s. XIX.Neste episodio facemos preguntas, ás que tentamos dar resposta. Mais tal como escribiu G. Bernard Shaw, gustaríanos poder dicir: “Algunhas persoas ven as cousas como son, e din: Por que? Eu soño as cousas que nunca foron, e digo: Por que non?”.Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).A música permite seguirnos a facer preuntas, da man do grupo Va-Nu-Pieds, co extracto da cación “Pourquoi” https://www.youtube.com/watch?v=yeUNuAmZEO8; así como do moi coñecida peza de Annie Lennox, Why: https://www.youtube.com/watch?v=ORyhMwDUPPw

  47. 8

    A Revolución non se fai nun día. As etapas da Revolución Francesa

    EPISODIO 08. TEMPORADA 01A Revolución Francesa foi un proceso longo, que se estendeu por un período de 10 anos, entre 1789 e 1799, aínda que hai historiadores que inclúen tamén nela o período napoleónico (até 1815). A través da vida de Olympe de Gouges, mergullámonos nas diferentes etapas deste proceso revolucionario.

  48. 7

    1789. Por que? As causas da Revolución Francesa

    EPISODIO 07. TEMPORADA 011789 é para a historiografía un ano singular: marca o comezo da Revolución Francesa, mais, ao mesmo tempo, da Idade Contemporánea. Neste episodio analizaremos o simbolismo desta data e dalgúns dos acontecementos que tiveron lugar. Por outra banda, preguntarémonos sobre as causas que levaron a que neste ano comezase a Revolución Francesa.Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).As músicas de Facemoshistoria:Marias Callas. Luigi Cherubini:https://musopen.org/music/1306/various/maria-callas-by-various-artists/Son de multitude:www.freesound.org/people/Robinhood76/sounds/63717/

  49. 6

    A chegada dos Borbóns á península: absolutismo e centralización

    EPISODIO 06. TEMPORADA 01A morte de Carlos II sen descendencia vai provocar unha guerra para determinar a sucesión ao trono hispánico. A Guerra de Sucesión é un auténtico conflito internacional onde se dirime a hexemonía política en Europa. Ao mesmo tempo é unha guerra civil dentro dos reinos hispánicos, de onde vai saír triunfante Filipe, candidato francés apoiado moi maioritariamente no reino de Castela. A chegada dos Borbóns a Madrid supón a chegada do absolutismo e dunha política de centralización e castelanización administrativa dos reinos da Coroa hispánica.Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).As músicas de Facemoshistoria:Sebatián Durón: Ay de mi, que el llanto y la tristeza. Interpretación: Vivir para amar -- Ein Leben für die Liebe. Accentus Austria. Leitung: Thomas Wimmer https://www.youtube.com/watch?v=twE9zNdsM9ADomincio Scarcalatti: Aria (Sonata) K. 32:https://www.youtube.com/watch?v=qtS-e6rb9YYGaspar Sanz: obras variadas, intepretadas por Gérard Reyne:https://www.youtube.com/watch?v=u4H3Q1nCeP

  50. 5

    Yes, we can!: Liberalismo e o nacemento dos EE.UU.

    EPISODIO 05. TEMPORADA 01Viaxamos desde a actualidade das eleccións nos EE.UU. até a segunda metade do s. XVIII, onde analizaremos como os habitantes das trece colonias británicas en Norteamérica erguéronse contra o poder da metrópole e constituíronse nun novo país, o primeiro rexido polos principios da Ilustración, cunha Constitución escrita que consagraba os principios democráticos. Mais antes visitamos Inglaterra, onde veremos rodar a cabeza dun rei e a instauración dun réxime coñecido coma monarquía limitada.CRÉDITOS:Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).As músicas de Facemoshistoria:https://musopen.org/Henry Purcell, Sonata en C maior: https://musopen.org/music/4030/henry-purcell/sonata-in-c-major-z808/Henry Purcell, Sonata en D maior:https://musopen.org/music/4029/henry-purcell/sonata-in-d-major-z850/Himno dos EE.UU.:http://www.nationalanthems.info/us.mp3

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.

HOSTED BY

José Antonio Martínez

Frequently Asked Questions

How many episodes does Facemos historia have?

Facemos historia currently has 50 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Facemos historia about?

Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.

How often does Facemos historia release new episodes?

Facemos historia has 50 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Facemos historia?

You can listen to Facemos historia on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Facemos historia?

Facemos historia is created and hosted by José Antonio Martínez.
URL copied to clipboard!