EPISODE · Oct 16, 2024 · 30 MIN
Mestres da memoria da AELG
from Todos os podcast | A crónica deportiva
A catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo, Camiño Noia, e mailo folclorista, coreógrafo e investigador, Quique Peón, recollerán este venres en Lugo os Premios “Mestre e Mestra da Memoria” que concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega. Os premios recoñecen as súas achegas, ó longo das súas vidas, á nosa memoria colectiva e o saber popular. Camiño Noia botou anos dedicada á clasificación do conto galego de tradición oral. Peón, pola súa parte, fixo un extenso labor de recollida de campo, recuperando bailes, danzas, músicas, traxes e tradicións, especialmente desde o grupo Xacarandaina da Coruña.
Embed this episode
NOW PLAYING
Mestres da memoria da AELG
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.