EPISODE · May 27, 2026 · 30 MIN
Noticias 13.30 h | Mércores, 27 de maio de 2026
from Informativos
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Vinte e oito puntos conforman a orde do día do pleno ordinario que mañá xoves celebra a corporación municipal de Tui - O grupo municipal do PP presenta unha moción propondo a rebaixa do ICIO e solicitará a realización dunha auditoría externa e independente do Departamento de Urbanismo - O CEIP de Pazos de Reis recibiu hoxe un dos premios do concurso Amosando e Protexendo o Noso Territorio, impulsados no marco do Proxecto Terra. Onte recibían o galardón na categoría grupal de 1º e 2º de Educación Primaria do concurso escolar E ti, que pensas da igualdade? - Curso de verán sobre “Os procesos electorais en España. Elementos e consecuencias” na Aula da UNED de Tui - “De Antón Alonso Ríos ao señor Afranio” é o título da conferencia que abrirá mañá ás 20 h as xornadas Siñor Afranio no Espazo Sociocultural a cargo de Natalia Jorge - Este sábado celébrase o Día do Mercado no Mercado de San Antonio - Escena Sacra: Música, Corpo e Imaxe chega á Catedral de Tui este venres - Hoxe ás 17.30 h Caxoto presentará o espectáculo “Levántate Xan!!!” na Biblioteca Municipal de Tui - O Club Remo Tui organiza este verán un campamento dende o 20 de xullo até o 14 de agosto - Rodrigo Conde, remeiro do Remo do Miño, participa en Sevilla na I Copa do Mundo de Remo en 2x con Caetano Hortas ...
Embed this episode
NOW PLAYING
Noticias 13.30 h | Mércores, 27 de maio de 2026
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.