EPISODE · Jun 25, 2020 · 32 MIN
O caso de Gustavo Gallego. Capítulo I
from O caso de Gustavo Gallego
O inspector Xosé Sánchez Pereiro investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nos arredores da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Ese é o comezo do argumento da radionovela ou podcast que Radio Fene Radiofusión comeza a emitir o vindeiro luns. Serán 12 capítulos que se emitirán todos os dias ás dez da mañá e as sete e media da tarde. Contan con guión adaptado por Antonio Tizón a partir da súa novela “A antesala luminosa”. Tizón falou así da obra que tamén aborda a problemática da enfermidade mental. Actores e actrices do grupo de teatro A Tenencia de Caamouco puxeron as voces, baixo a dirección de Eugenia Sanmartín e coa dirección de son de Xabier Fernández. O podcast poderá oírse tamén na web www.radiofusion.gal Sánchez Pereiro inicia a investigación contactando cos principais membros da cuadrilla dos que el cre xa posíbeis cadáveres. E contacta primeiro con Cristina Fandiño, que lle entrega unha media novela autobiográfica, escrita por Gustavo, que o policía comeza a ler polo capítulo 2, porque o libro tan só ten capítulos pares.
NOW PLAYING
O caso de Gustavo Gallego. Capítulo I
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
May 14, 2026 ·1m
May 13, 2026 ·1m
May 12, 2026 ·1m
May 11, 2026 ·1m
May 10, 2026 ·1m