EPISODE · Sep 18, 2012 · 23 MIN
O GALEGO ESTREMEIRO 5 de 6 – O GALEGO da GALIZA
from LINGUAS MINORIZADAS
Aínda que a Lingua galega non entra propriamente no concepto de “estremeira” na Galiza, si que compartilla algunha das súas características definitorias, dada a súa escasa protección legal REAL (por muito que hoxe sexa cooficial desde os anos oitenta), e a súa alarmante falta de normalidade lingüística PLENA... O Galego da Galiza é así, na prática, outro “galego estremeiro”, face á Lingua verdadeiramente normalizada, de Portugal ou Brasil, onde o Galego se coñece internacionalmente co nome de Português. Incídese na crítica situación do Galego da Galiza, e explícanse as dificuldades que sofre o Galego oficial, o da RAG-ILG en desenvolver un léxico moderno e científico-técnico de seu, xa que no seu recén proceso de normativización, decidiu virarse de costas ao Portugués e procurando un artificioso e prexudicial distanciamento do mesmo. O conferenciante, Carlos Garrido, profesor na Universidade de Vigo e membro da AGAL, denuncia que estamos asistindo a unha progresiva disolución asimilatoria do Galego no Castellano que está a ameazar gravemente o seu futuro, alén de nos privar da dimensión internacional e verdadeiramente útil que contén o noso idioma. Provén do aquivo dixital da AGLP
Embed this episode
NOW PLAYING
O GALEGO ESTREMEIRO 5 de 6 – O GALEGO da GALIZA
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.