Skip to content
LINGUAS MINORIZADAS podcast artwork

PODCAST · history

LINGUAS MINORIZADAS

by Mohawk

Sobre linguas que, como o que acontece hoxe co Galego, sofren - ou sufriron - unha situación de conflito e minorización face a outra lingua dominante dentro do seu territorio orixinal.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Feb 4, 2022 · Source feed

Episodes

  1. O LLionés e a sua situacion

    Conferencia de Nicolás Bartolomé Pérez, membro da "Academia de la llingua asturiana", sobre a situación do llionés. No Atenéu Obreru de Xixón, 18 de xuño 2013.

  2. A FALA do XÁLIMA. Proposta Ortográfica

    Entrevista de agosto de 2015 no programa Via V a Eduardo Sánchez Maragoto sobre a proposta ortográfica para a fala do val do xálima

  3. AS LÍNGUAS MINORIZADAS en EUROPA. Entre o Ecolingüísmo e o Lingüicido

    Conferencia do filólogo Xosé Henrique Costas sobre a linguas minoritarias en Europa, organizada pola asociación Trabalinguas, da Universidade de Vigo no 2015. Vídeo dispoñibel en: http://tv.uvigo.es/gl/video/mm/26856....

  4. CATALÁN, VALENCIANO e MALLORQUÍN (2)

    Conferencia de Germán Colón en 1986 na Fundación Juan Marcha sobre o sistema lingüístico Catalán - Valenciano – Mallorquín

  5. CATALÁN, VALENCIANO e MALLORQUÍN (1)

    Conferencia de Germán Colón en 1986 na Fundación Juan Marcha sobre o sistema lingüístico Catalán - Valenciano - Mallorquín

  6. A TRASMISIÓN do EUSKERA en NAVARRA

    Conferencia da sociolingüísta Paula Kasares no X curso de dinamización da lingua galega (2014), na que trata os procesos de trasmisión lingüística dunha língua minorizada, neste caso o Euskera, en Navarra

  7. POLÍTICA LINGÜICIDA contra o GALEGO en ASTURIAS

    Conferencia de Carlos Aenlle no 2009, organizada polo Facho, na que explica e denunica a política lingüicida seguida até o dagora contra os galego-falantes do território entre o Eo e o Navia

  8. O GALEGO do EO-NAVIA (ASTURIAS) entrevista a Carlos Varela Aenlle

    Entrevista a Carlos Varela Aenlle no 2004 sobre a presenza e a situación do Galego no actual principado de Asturias

  9. O GALEGO das PORTELAS (ZAMORA) entrevista a Felipe Lubian

    Entrevista na radio a Felipe Lubian no 2004 sobre os galegofalantes das Portelas en Zamora

  10. FALA CEIBE no BIERZO entrevista ao Xavier Lago

    Entrevista no programa de rádio Faleres sen cancelas no 2004 ao voceiro da asociación Fala Ceibe, que promove o uso da lingua galega na Comarca do Berzo

  11. A lingua MIRANDESA

    Palestra de Domingos Raposo, un dos maiores especialistas en Mirandés (a segunda lingua oficial de Portugal), en 2005. Procede do Portal Galego da Língua (velho).

  12. LINGUA e SOBERANISMO 2 de 2. O caso GALEGO

    As linguas no debate soberanista, neste caso sobre o Galego e coa intervención do Técnico en Normalización Nel Vidal. O acto é unha actividade de dinamización que conta coa colaboración da ANL da UVigo e cuxo obxectivo é provocar a reflexión, con ocasión do presente debate soberanista, sobre a...

  13. LINGUA e SOBERANISMO 1 de 2. O caso CATALÁN

    Conferencia na Universidade de Vigo sobre as linguas no debate soberanista. Neste áudio fala Josep Bargalló sobre o caso Catalán

  14. A GALIZA ESTREMEIRA e a súa TOPONIMIA

    Palestra do Quique Costas no Instituto de Estudos Miñorianos en 2012, sobre a toponimia nos territórios españois alén do da própia Comunidade Autónoma (nas terras do Eo-Navia en Asturias; no Bierzo occidental; no Bierzo, as Portelas e Calabor, en Leon e Zamora; e, por extensión, o Val do Ellas en...

  15. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA AUTONÓMICA 3 de 3 - Debate final

    Debate após as palestras sobre os procesos normalizadores no caso do Catalán e o Euskera

  16. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA AUTONÓMICA 2 de 3. O caso do EUSKERA

    Palestra de Patxi Baztarrika, que é viceconcelleiro de política lingüística do Goberno Vasco, nos XV Encontros para a Normalización, en abril de 2013, sobre a experiencia normalizadora en Euskadi

  17. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA AUTONÓMICA 1 de 3. O caso do CATALÁN

    Palestra de Esteve Valls (filólogo e investigador catalán que traballa no Centro Ramón Piñeiro) sobre a experiencia do caso da normalización lingüística do Catalán dentro do XV Encontros para a Normalización Lingüística, en abril do 2013

  18. A SITUACIÓN ACTUAL do idioma BRETÓN

    Nas V Xeiras da Língua, organizadas na Universidade de Vigo en marzo do 2013, tamén se espuxo, nesta ponencia, a difícil situación que vive o Bretón na Franza.

  19. SOCIOLINGÜÍSTICA do CATALÁN além de Cataluña

    Ponencia moi interesante sobre a situación sociolingüística nos denominados países catalás. Esta Ponencia realizouse na Universidade de Vigo dentro das V Xeiras sobre a Língua no 2013.

  20. A orixe da LINGUAXE e das LINGUAS

    Conferencia do Catedrático en Filoloxia pola Universidade Complutense de Madrid Enrique Bernárdez, no Ateneo de Santiago, sobre a orixe da linguaxe e das Linguas

  21. O IMPERIALISMO LINGUISTICO do ESPAÑOL

    Conferencia de Juan Carlos Moreno Cabrera o 8 de xuño do 2012 na que nos fala do "valor económico do Español". Plantexa unha crítica ao punto de vista neoimperialista que xustifica a marxinación das lenguas minoritarias como unha deriva necesaria do imperialismo económico capitalista.

  22. O ESPAÑOL e as outras linguas de ESPAÑA

    Conferencia no 2011 de Juan Carlos Moreno Cabrera, un lingüista español, catedrático de Lingüística General en la Universidad Autónoma de Madrid, sobre o nacionalismo lingüístico do Español e os mitos que sustentan a sua pretendida hexemonia con respeito a outras linguas peninsulares. Muito...

  23. O GAÉLICO en IRLANDA

    O Gaélico, apesar de ser oficial, segue a ser unha lingua ameazada.Conservar o gaélico, un idioma con máis de 3.000 años de historia, base da identidade ea cultura irlandesa é o reto de muitos pais irlandeses...

  24. POLÍGLOTAS en LUXEMBURGO

    Luxemburgo é un país políglota, cuxo sistema escolar dedica grande parte de seu tempo e recursos ao aprendizaxe de idiomas, a veces incluso en detrimento de otras materias.

  25. O MIRANDÉS. Astur-leonés de PORTUGAL

    O Mirandés (Mirandês ou lhéngua mirandesa), é un idioma pertencente ao grupo ASTUR-LEONÉS, con estatuto de segunda língua oficial en Portugal SÓ desde o 29 de xaneiro de 1999, esto é, coma quen di, até antonte (contodo, é a única astur-leonesa con rango oficial). A norma ortográfica que se…

    more
  26. A Lingua LEONESA (o LLIONÉS)

    O Leonés (lliunés) é o conxunto de falas romances vernáculas do dominio lingüístico asturleonés que aínda existen nas provincias españolas de León e Zamora. A Unesco clasifica ao Leonés dentro das linguas en alto risco de extinción. A súa precaria situación está directamente determinada polos...

  27. Literatura en ASTURIANU da Asturias de Santillana

    Conferencia no 2010 de Xaviel Vilareyo sobre a literatura dialectal dos escritores da Asturias de Santillana

  28. O MONTAÑÉS ou ASTURIANO de CANTABRIA

    Conferencia de Xabiel Vilareyo sobre o ASTURIANU falado na Asturias de Santillana (na actual Cantabria), tamén chamado MONTAÑÉS ou PASIEGU. Non se debe confundir co Cántabro que falaban os antigos povos de Cantabria, unha lingua morta prerromana de orixe pre-indoeuropeio ou simplemente indoeuropeio.

  29. O ASTURIANO e o léxico moderno

    Programa Nós, da TV asturiana, na que fala da problemática lingua asturina no ámbito científico e técnico moderno.

  30. Cultura CELTA e GAITA ASTURIANA

    Sobre a Cultura Celta, especialmente referido neste caso á música, e a súa impronta en Asturias. Está contado en Asturianu.

  31. O ASTURIANO nos Institutos de Asturias

    O idioma Asturiano (Asturianu, antes coñecido por Bable) é o termo utilizado para referirse á lingua tradicional de Asturias. O estado legal actual desta lingua goza de protección, mas sen chegar a estar recoñecida como oficial no Principado. De feito, os rapaces con idades comprendidas entre os…

    more
  32. O ARAGONÉS de RIBAGORZA

    Fragmento do documental "Visions d' una llengua" de Aurelio Bardaxi, na que o filólogo Xavier Tomás reflexiona sobre a lingua aragonesa, especialmente da falada en Ribagorza, que é a que actualmente se mantén con máis vitalidade.

  33. Medrando en ARAGONÉS

    Pequena reportaxe na TV sobre a lingua aragonesa que aínda se fala incluso entre os nenos das montañas de Huesca.

  34. A lingua ARAGONESA

    Descripción rápida e esquemática da lingua aragonesa, así como da sua situación, contado en català.

  35. O CATALÁN e o CASTELÁN en CATALUÑA

    Sobre a convivencia e as friccións que acontecen entre o Catalán e máis o Castelán no territorio catalán.

  36. Breve historia de CATALUÑA

    Breve historia de Cataluña, desde a Prehistória até a Transición, contada en català. Tras a desintegración do Imperio carolinxio, o Condado de Barcelona, que fixera parte da Marca Hispánica carolínxea, atinxiu unha independencia de facto a finais do século X, e consigiu agrupar arredor del, unha...

  37. A misteriosa orixe do EUSKERA

    O Euskera é unha lingua illada (sen relación coñecida con ningunha lingua...do mundo!) e considerase a única preindoeuropea supervivinte na Europa occidental moderna, e, portanto, a de raizames mais antigas.

  38. O EUSKERA e a experiencia das IKASTOLAS en NAVARRA

    Conferencia no 2011 de Manu Gómez sobre as Ikastolas en Navarra e o seu labor na promoción do Euskera. Unha ikastola é un tipo de escola que dá o ensino íntegramente en Euskera. As ikastolas están presente maioritariamente en Euskadi, mas tambén se extenden polos territorios euskaldunes de…

    more
  39. Os KURDOS, a sua cultura e a sua LINGUA

    Conferencia no 2011 sobre os kurdos, un povo indoeuropeio que mora na rexión montañosa do Kurdistán, ao suroeste de Asia, e que están espallados principalmente entre os estados de Irak, Turquía e Irán. Tratase da nación máis grande sen estado, pois falamos de 55 ou 60 millones de pesoas, dos que...

  40. O GALEGO ESTREMEIRO 6 de 6 – Mesa Redonda

    Coloquio sobre o galego estremeiro entre os conferenciantes Lubián Lubián, Felipe (As Portelas), Lago Mestre, Xabier (O Bierzo), Varela Aenlle, Carlos Xesús (Terras do Eo-Navia en Asturias), Costas González, Xosé Henrique (O Val do Ellas de Cáceres), e Garrido Rodrigues, Carlos (Galiza). O…

    more
  41. O GALEGO ESTREMEIRO 5 de 6 – O GALEGO da GALIZA

    Aínda que a Lingua galega non entra propriamente no concepto de “estremeira” na Galiza, si que compartilla algunha das súas características definitorias, dada a súa escasa protección legal REAL (por muito que hoxe sexa cooficial desde os anos oitenta), e a súa alarmante falta de normalidade...

  42. O GALEGO ESTREMEIRO 4 de 6 – O GALEGO de CÁCERES

    Enténdese por Galego Estremeiro aqueles territorios do Estado español que conteñen comunidades galegofalantes desde hai séculos, pero que están ubicadas fora dos limites administrativos da actual Galiza. O conferenciante, Xosé Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo, fai primeiramente...

  43. O GALEGO ESTREMEIRO 3 de 6 – O GALEGO ASTURIANO

    Enténdese por Galego Estremeiro aqueles territorios do Estado español que conteñen comunidades galegofalantes desde hai séculos, pero que están ubicadas fóra dos limites administrativos da actual Galiza. O conferenciante, Carlos Varela Aenlle, expón a realidade da variedade dialetal “eunaviega”…

    more
  44. O GALEGO ESTREMEIRO 2 de 6 – O BIERZO

    Enténdese por Galego Estremeiro aqueles territorios do Estado español que conteñen comunidades galegofalantes desde hai séculos, pero que están ubicadas fora dos limites administrativos da actual Galiza. O conferenciante, Xavier Lago Mestre, fai unha descripción deste territorio, cuxa xeografía,...

  45. O GALEGO ESTREMEIRO 1 de 6 – AS PORTELAS

    Enténdese por Galego Estremeiro aqueles territorios do Estado español que conteñen comunidades galegofalantes desde hai séculos, pero que están ubicadas fora dos limites administrativos da actual Galiza. O conferenciante, Felipe Lubián, explica a profunda e común relación entre a zona estremeira...

  46. TRES BREVES CONTOS DAS PORTELAS (Zamora)

    Tres contos, moi curtiños, da zona galegofalante das Portelas. Están contados por Felipe Lubián, que foi alcalde de Lubián e Procurador nas Cortes de Castilla-León. É un activo defensor do Galego na súa Comunidade.

  47. O "chapurrao de CALABOR (Zamora)

    Calabor é unha aldea galegofalante do concello de Pedralba de la Pradería, ao sul das Portelas (Lubián, Hermisende, etc...), na Comarca de Sanabria, esto é, Zamora, e moi pertiño da fronteira con Portugal. Tamén e famoso polas augas do seu balneario

  48. A Fala de ALMEDILLA (Salamanca)

    A Almedilla é un pequeno pobo fronteirizo con Portugal, da comarca do campo de Argañán, en Salamanca, onde se fala, alén do castelán, unha lingua moi semellante á que hai no Xálima, en Cáceres, esto é, moi semenllante ao Galego

  49. A fala do VAL DO ELLAS ou do XÁLIMA

    Fragmendo do documental "Entre Línguas". No recanto noroccidental da actual provincia de Cáceres, cunha extensión territorial conxunta de 256 km", nas estribacións da Serra de Gata, sitúanse tres concellos nos que aínda hoxe se falan maioritariamente tres variedades do antigo galego(-portugués):...

  50. A FALA DO XÁLIMA - Xosé Henrique Costas

    Fragmento do documental "Entre Línguas" na que o catedrático de Filoloxía Quique Costas, especialista no galego-portugués falado Val do Ellas, esto é, no Xálima, un recantiño de Cáceres, limítrofe con Portugal. Xosé Henrique Costas foi coordinador do proxecto de investigación "Estudio…

    more

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Sobre linguas que, como o que acontece hoxe co Galego, sofren - ou sufriron - unha situación de conflito e minorización face a outra lingua dominante dentro do seu territorio orixinal.

HOSTED BY

Mohawk

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does LINGUAS MINORIZADAS have?

LINGUAS MINORIZADAS currently has 50 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is LINGUAS MINORIZADAS about?

Sobre linguas que, como o que acontece hoxe co Galego, sofren - ou sufriron - unha situación de conflito e minorización face a outra lingua dominante dentro do seu territorio orixinal.

How often does LINGUAS MINORIZADAS release new episodes?

LINGUAS MINORIZADAS has 50 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to LINGUAS MINORIZADAS?

You can listen to LINGUAS MINORIZADAS on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts LINGUAS MINORIZADAS?

LINGUAS MINORIZADAS is created and hosted by Mohawk.
URL copied to clipboard!