EPISODE · Dec 7, 2023 · 39 MIN
Pisados e separados
from A actualidade está sobrevalorada · host Luzes
Que é o que máis lle gusta máis a un periodista farto de titular con declaracións? Un informe con datos. Un informe do que sacar conclusións políticas, por suposto. Como o informe Pisa sobre as competencias da rapazada no ensino. Uns datos que o mesmo serven para sacar peito pola bondade da nosa política educativa como que lamentarse a fondo polas consecuencias das nefastas medidas dos demais, por moito que os expertos digan que a cousa non é así. Explícao alto e claro Antón Losada, e Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro dánlle a razón, porque se a ten, hailla que dar. Neste episodio, que non é do Reis nin sequera o de Nadal, tamén se fala do divorcio cantada entre o Sumar de Yolanda Díaz e o Podemos de Iglesias Montero-Belarra, e de como pode afectar ao resultado das eleccións galegas. A conclusión é que Alfonso Rueda, un home normalmente circunspecto, anda a aplaudir coas orellas.
Embed this episode
NOW PLAYING
Pisados e separados
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.