Prólogo episode artwork

EPISODE · Aug 29, 2025 · 5 MIN

Prólogo

from Aquí faltan páxinas · host Deputación de Pontevedra

A terceira colección de Aquí Faltan Páxinas amplía a nosa xenealoxía de mulleres extraordinarias, coa adición de novas voces e historias que, malia seren esenciais para entender quen somos, quedaron á marxe do relato que se recolle nos libros. Neste percorrido detémonos en logros colectivos e vidas singulares, en pioneiras audaces e en grupos de mulleres anónimas que loitaron, resistiron e transformaron xuntas a realidade social para convertérense en referentes que hoxe nos inspiran.  Abrimos a colección coas mulleres que en toda a provincia confeccionan as alfombras de flores, transmisoras dunha tradición ancestral e responsables da organización dun traballo comunitario e interxeracional que hoxe se proxecta ao mundo enteiro e que está a punto de ser recoñecido pola Unesco como patrimonio inmaterial da humanidade. Poñemos en valor a historia de Juaniña, modista centenaria do Porriño, que desde nena fixo da costura unha paixón e unha forma de vida, e creou padróns de alta costura desde un pequeno taller que foi escola, memoria e comunidade. Ademais, sumámonos á homenaxe que este ano se lles dedica con motivo das Letras Galegas ás cantareiras e tocadoras que manteñen vivo o noso rico patrimonio oral e musicalcun episodio especial sobre as mulleres da pequena parroquia de Gargamala, en Mondariz.Tamén lembramos a loita das Nais Contra a Droga, que ergueron a voz contra o narcotráfico e transformaron a dor en mobilización cidadá, o que deu lugar a cambios lexislativos e sociais a través da Asociación Érguete, que celebra este ano en Vigo o seu 40.º aniversario.  Rescatamos a figura de Concepción Pérez Iglesias, primeira alcaldesa galega e mestra respectada que na década de 1920 abriulles as portas da política ás mulleres.  Entramos tamén no mundo do viño, onde as mulleres, invisibilizadas durante séculos, van asumindo nos últimos anos a xestión das adegas, con destacadas profesionais como Anónimas Viticultoras, e lideran proxectos premiados que vinculan viño, territorio e identidade.Escoitamos o brillo da voz de Matilde Vázquez, soprano cambadesa que conquistou Madrid e os grandes teatros coas súas zarzuelas e deixou unha importante pegada no panorama lírico español.  Recuperamos a memoria de Corona González Santos, unha das primeiras fotógrafas afeccionadas do país, ademais de filántropa e impulsora cultural, que deixou un arquivo de imaxes de gran valor histórico e artístico.  Detémonos en Rita Fernández Queimadelos, pioneira galega da arquitectura e primeira muller en España en asinar proxectos, exemplo de talento e perseveranza nunha profesión dominada por homes.  Celebramos a traxectoria da científica Marisol Soengas, recoñecida internacionalmente pola súa investigación contra o cancro, doenza que sufriu en primeira persoa, e firme defensora da presenza das mulleres na ciencia.  Coñecemos a fantástica historia de Marina Ledo e Begoña Villar, primeiras policías locais en patrullar xuntas as rúas de Vigo, símbolo dun cambio de mentalidade e referentes para as novas xeracións de mulleres nas forzas de seguridade.Reivindicamos a figura rebelde e moderna de Cruz Risco, pioneira do cinema galego, cineasta esquecida que comeza hoxe a recibir o recoñecemento que merece.  Novas páxinas de logros individuais e colectivos, de proxectos de vangarda, de patrimonio custodiado por mulleres, de voces que resistiron e que abriron camiños para que hoxe poidamos continuar transitando as vías que nos han de levar a vivir en igualdade.

NOW PLAYING

Prólogo

0:00 5:24

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Temps de Dol Temps de Dol Soy 1 de 4. Lo he sido dos veces. Aquí te traigo mi tiempo de duelo para que, si también estás transitando un proceso de duelo gestacional sepas que no estás sola. Hablemos. Escuchemos. Visibilicemos. Y, sobretodo, acompañemos. Diego Ruzzarin Diego Ruzzarin Filosofía, noticias, política global, pensamiento crítico y reflexiones, con Diego Ruzzarin, brasileño, políglota y crítico ideológico con maestría en Diseño de Experiencias y consultor en todos los continentes.Todo mi contenido y merch disponible aquí:https://linkpop.com/diegoruzzarinIG: @diegoruzzarinFB: @diegoruzzarin Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information. Invertir Joven Cristian Arens Este podcast tiene como objetivo principal darte las mejores herramientas y los mejores tips para que aprendas a manejar tu dinero y generar abundancia. Aquí creemos en la importancia de la educación financiera como medio para alcanzar tus metas y tus sueños. Recuerda que en este programa siempre vamos a estar hablando de inversiones, finanzas personales y de emprendimiento. Producido por Explora Podcasts. Aprende Más Inglés Daniel Welsch Bienvenido al mejor podcast para aprender inglés. Vocabulario, gramática, pronunciación, phrasal verbs, expresiones que puedes usar a la hora de hablar y mucho más. ¿Quieres aprender inglés con un profesor nativo? Soy Daniel Welsch, de Estados Unidos. Hace tiempo que vivo en Barcelona, España, así que este podcast sobre el inglés es en español. ¡Disfruta! Hazte suscriptor y recibe acceso a todos los capítulos aquí: https://creators.spotify.com/pod/show/aprendemasingles/subscribe

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Aquí faltan páxinas?

This episode is 5 minutes long.

When was this Aquí faltan páxinas episode published?

This episode was published on August 29, 2025.

What is this episode about?

A terceira colección de Aquí Faltan Páxinas amplía a nosa xenealoxía de mulleres extraordinarias, coa adición de novas voces e historias que, malia seren esenciais para entender quen somos, quedaron á marxe do relato que se recolle nos libros. Neste...

Can I download this Aquí faltan páxinas episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!