Proxecto Neo, 358.12: Mónica Alonso
Abrimos o programa coa intervención do profesor Fernando Losada, autor dunha peza sonora sobre erros ortográficos comúns en letreiros urbanos protagonizada por un grupo de estudantes e a súa profesora de Lingua e Literatura. A seguir, o noso contertulio presentounos a súa colaboración para o curso 22-23: un espazo de animación á lectura. O contido central do programa estivo dedicado Mónica Alonso. Esta profesora de Educación Física no IES Perdouro evocou para nós a etapa en que combinou os estudos no INEF en Bastiagueiro coa colaboración en CUAC FM (tanto na asociación comunitaria como na realización de programas radiofónicos). Con ela tamén falamos dos seus traballos na cadea 40 Principales e en RadioVoz. Finalmente, gardamos uns minutos para falar sobre o ensino da Educación Física nos centros escolares.
Embed this episode
No transcript yet.