Skip to content
Podcast de Proxecto Neo podcast artwork

PODCAST · education

Podcast de Proxecto Neo

by Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro.Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Publisher-supplied feed metadata · PodParley refreshed Sep 6, 2025 · Source feed

Episodes

  1. Proxecto Neo nº 498.16 - Daniel García Fernández, Estrella Goás López e Tamara Andrés

    Nesta ocasión tivemos un programa moi especial, porque este mes de outubro dedicáselle o Día das Escritoras e o Día das Bibliotecas Escolares, dúas datas que nos lembran que ler é moito máis que pasar páxinas: é descubrir novos mundos, coñecer outras voces, facernos preguntas e deixar voar a...

  2. Proxecto Neo nº 497.16 - Xosé Maseda e Paulo Fernandes Mirás

    Abrimos o primeiro programa da decimo-sexta etapa de Proxecto Neo cunha nova sección chamada Ponte entre culturas, un espazo que nace coa intención de achegarnos e de coñecer e poñer en valor a diversidade cultural que forma parte de Burela e do noso centro educativo. Nesta primeira viaxe fomos…

    more
  3. Proxecto Neo nº 496.15 - Neves Cando e Oferta educativa do IES Perdouro (Parte 2)

    Hoxe é o noso último progama do curso 25-26. Neste día de San Xoán, Sonia Rey xunto ao seu alumnado de 4º de ESO despiden o programa coa Palabra do mes. Na primeira parte do programa, falamos con Neves Cando López, profesora de Lingua e Literatura Galega, que leva case 34 anos dando clase no IES...

  4. Proxecto Neo nº 495.15 - Oferta educativa PARTE 1

    Como cada semana, comezamos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día e Unha pílula ds ciencias Inmediatamente a seguir, informamos sobre unha parte da oferta educativa do IES Perdouro de Burela para o curso que ven. Para iso, falamos con Félix Pardo Fidalgo, Xefe do Departamento de...

  5. Proxecto Neo nº 494.15 - Especial Sindrome de Tourette con Eva Lastra e Gabriela Pedre

    Hoxe dedicamos este espazo da nosa radio a coñecer unha realidade que aínda segue sendo pouco visible para moitas persoas: a Síndrome de Tourette. Cada 7 de xuño celébrase o Día de Concienciación da Síndrome de Tourette, unha xornada que busca informar, sensibilizar e derrubar prexuízos arredor...

  6. Proxecto Neo nº 493.15 - Presentación da Revista Galega de Educación con Rita Gradaílla e Bernardo Penabade

    Hoxe saímos dos estudios da Radio Escolar do IES Perdouro para realizar un programa moi especial desde o salón de plenos do Concello de Burela. O motivo non podía ser máis significativo: a celebración do 40 aniversario da Revista Galega de Educación, lembrando de maneira especial o seu número 93,...

  7. Proxecto Neo nº 492.15 Radio Saúde Burela - 40 aniversario do Hospital Públco da Mariña

    Como cada semana, comezamos co noso espazo colaborativo: A Noticia do Día. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado ao 40 aniversario do Hospital Público da Mariña. Falamos con Mª Remedios Eimil Castro, Técnico Especialista de Laboratorio;...

  8. Proxecto Neo nº 491.15 - Antonio Vidueiro & Álvaro Crego Deán

    Como cada semana, comezaremos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día e unha pílula das ciencias Na primeira parte do programa, conversaremos con Antonio Vidueiro Rodríguez, profesor de lingua e literatura galega. Con el falaremos do xogo dos birlos, no que experto, e do seu labor de...

  9. Proxecto Neo nº 490.15 - Especial Letras Galegas

    Hoxe abrimos os micros para render homenaxe a unha voz imprescindible da cultura galega, unha muller que fixo da palabra un compromiso e da radio unha forma de entender o mundo: Begoña Caamaño. Recoñecida xornalista, escritora, feminista e activista política, Begoña Caamaño deixou unha pegada…

    more
  10. Proxecto Neo nº 489.15 - Oficios

    Como cada semana, comezamos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día, Mulleres na historia e unha Pílula das ciencias. Co gallo do Día Internacional dos Traballadores, en Proxecto Neo poñemos o foco en profesións de sempre, oficios que forman parte da nosa vida cotiá e da nosa memoria...

  11. Proxecto Neo nº 488.15 - Especial Radio Saúde Burela

    Como cada semana, comezamos co noso espazo colaborativo: A Noticia do Día, Mulleres na historia, a Palabra do mes e a sesión A micro Aberto. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado ÁS ALERXIAS. A primeira entrevistada foi María González...

  12. Proxecto Neo nº 487.15 - Especial Día do Libro con Cielo Fernández & Ana Lestao Ben

    Como cada semana, comezamos coa Noticia do Día. Hai historias que nos cambian, libros que nos acompañan e palabras que quedan para sempre. Hoxe, en Proxecto Neo, abrimos as páxinas dun programa moi especial para celebrar o Día do Libro. Imos falar de lectura, de librarías e tamén de novas voces…

    more
  13. Proxecto Neo nº 486.15: Rubén Prieto & Roberto Reigosa

    Como cada semana, comezamos co noso espazo colaborativo: A Noticia do Día Inmediatamente despois tivemos no estudio a Rubén Prieto, profesor de Ciclo Formativo de Fabricación Aditiva. Con el conversamos sobre os seus inicios na carreira docente, os seus estudos de Teoloxía e a súa etapa como...

  14. Proxecto Neo nº 485.15 - Especial Asociación Mariña Patrimonio

    Como cada semana, abrimos o programa comezando cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día e unha Pílula das Ciencias sobre Rosalind Franklin. Inmediatamente despois tivemos no estudio a Manolo Miranda e Toño Blanco, membros da Asociación Mariña Patrimonio, unha asociación sociocultural que...

  15. Proxecto Neo nº 484.15 - Especial Radio Saúde Burela

    Como cada semana, comezamos co noso espazo colaborativo: A Noticia do Día. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado fundamentalmente ao Trastorno do Espectro Autista, tamén chamado TEA, un trastorno no desenvolvemento neurolóxico…

    more
  16. Proxecto Neo nº 483.15 - Especial Premios Mestre Mateo con Andrés Goteira e Xaime Miranda

    Como cada semana, comezamos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día e Mulleres na historia. Neste mes de marzo celebramos a vixésimo cuarta edición dos Premios Mestre Mateo, un certame que recoñece os mellores traballos do audiovisual galego. O mes pasado, a Academia Galega do…

    more
  17. Proxecto Neo nº 482.15 - Bea Ulalume de CUAC FM

    Como cada semana, comezaremos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día e Mulleres na historia. Neste mes de marzo, CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña está de aniversario e por este motivo, falaremos cunha das voces máis coñecidas da emisora: Beatriz González de Canales, socia…

    more
  18. Proxecto Neo nº 481.15 - Aurora Marco

    Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día, e a nova sección Mulleres na historia. Conmemoramos o Día Internacional da Muller conversando por vía telefónica con Aurora Marco, catedrática de Ciencias da Educación, investigadora e historiadora. As súas...

  19. Proxecto Neo nº 480.15 - Radio Saúde Burela - Mónica Martínez Rouco & María Teresa Roldán Darriba

    Como cada semana, comezamos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día, A Palabra do mes e O Corpo fala. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado fundamentalmente á saúde pública e ás vacinas. Na primeira parte do programa conversamos...

  20. Podcast Proxecto Neo Especial Día da Radio PNO 2026

    Podcast Proxecto Neo Especial Día da Radio PNO 2026

  21. Proxecto Neo nº 479.15 - Especial 11 F, Día da Nena e da Muller na Ciencia

    Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia, unha data para recoñecer o talento, o esforzo e as achegas fundamentais das mulleres ao avance científico ao longo da historia. Durante séculos, moitas delas traballaron na sombra, sen o seu merecido…

    more
  22. Proxecto Neo nº 478.15 -Christian Daniel & Uxío Radoslav Rego Rey-Conde

    Como cada semana, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A micro aberto: o eclipse solar Na primeira parte do programa falamos con Christian Daniel, coñecido en redes como “El venegalle”, un neofalante de procedencia venezolana asentado en Galicia dende hai unha…

    more
  23. Proxecto Neo 477.15: Radio Saúde Burela, O coidado da vista

    Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e O corpo fala. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado fundamentalmente ao coidado da vista. Na primeira parte do programa falamos con Sofía Méndez Coto,...

  24. Proxecto Neo 476.15: Sargadelos

    Comezamos o programa coa Noticia do Día. O programa 476 está dedicado a Sargadelos. Na primeira parte do programa falamos con tres integrantes de Avelaíña Teatro: Antón Lamapereira, Miguel Anxo Martín e Xabier Fernández. Con eles falaremos da obra As máscaras de Ibañez. O marqués de Sargadelos…

    more
  25. Proxecto Neo 475.15: Os segadores da Órrea

    Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e unha novidade: a Palabra do ano 2025. Neste primeiro programa do ano fixemos un especial Segadores de Castela, dedicado a aqueles homes que migraban no verán para ir segar a Castela nos anos 60. Na primeira parte…

    more
  26. Proxecto Neo 474.15 Radio Saúde Burela - Javier Rouco & Zaida Álvarez

    Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e O corpo fala. Inmediatamente despois entraremos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado fundamentalmente ao coidado da pel e aos trastornos da imaxe. A primeira das entrevistas foi con...

  27. Proxecto Neo 472.15: Javier Mariño Chao & Xan Barcia Bouzas

    Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Inmediamamte a seguir tivemos connosco a Javier Mariño Chao, docente de Matemática e amante das viaxes polo mundo. LOC 2: Con el conversaremos sobre as súas experiencias viaxando…

    more
  28. Proxecto Neo 472.15: Adrián Naray Ares & Silvia Rozas Ramallal

    Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e a Pilula das Ciencias. Immediamente a seguir recordamos que o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ten como obxectivo promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade,...

  29. Proxecto Neo 471.15: Radio Saúde Burela - As relacións afectivo-sexuais

    Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día, a Pilula das ciencias, a Palabra do mes e A micro aberto. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado as relacións afectivo-sexuais. A primeira das...

  30. Proxecto Neo 470.15: Pedro Reimunde

    Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día, A Pílula das ciencias e a sección O corpo fala. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro seguimos poñéndovos os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín....

  31. Proxecto Neo 469.15: Ana Dorrego Rivas & Hector Méndez Fernández

    Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro seguimos poñer os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de…

    more
  32. Proxecto Neo 468.15: Fran da Lobeira & Verónica Falcón Rielo

    Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro imos poñer os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de Manel e…

    more
  33. Proxecto Neo 467.15: Radio Saúde Burela - Adicción aos móbiles

    Temos o primeiro programa especial Radio Saúde Burela desta temporada. Conversamos con Ainara Díaz Geada, enfermeira, doutora en Saúde Pública e Epidemioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde traballa como docente. As súas investigacións céntranse na influencia das desigualdades…

    more
  34. Proxecto Neo 466.15: Mario Pillado Mon e Jairo Campo Vázquez

    Neste programa nº 466, tivemos dúas entrevistas no estudio. Na primeira, conversamos con Mario Pillado Mon, actual tenente de alcaldesa en Burela polo Bloque Nacionalista Galego e adestrador do filial e xuvenil feminino do Burela Fútbol Sala. Con el falamos dos seus inicios, do seu gusto pola...

  35. Proxecto Neo 465.15: Aritmar; Laura Ramos Cuba, Irene Rega Jul e Lucía Ferro

    Especial Día das escritoras O programa foi unha oportunidade para celebrar a creación literaria feminina. Por iso tamén contamos cun espazo dedicado á poesía feita por mulleres nas dúas beiras do Miño. A galega Silvia Penas e a portuguesa Sílvia Mota, dúas voces con estilos distintos, mais unidas...

  36. Proxecto Neo 464.15:Elena Valle ¬ Estela Villar

    O pasado 30 de setembro celebramos o día da tradución, e desde Proxecto Neo, sumámonos ao recoñecemento dunha profesión esencial para construír pontes entre culturas e facilitar o diálogo. Na primeira entrevista desta tarde conversamos con Elena Valle, ex-alumna do IES Perdouro de Burela que...

  37. Proxecto Neo 463.15: María López Sández & Sofía Barreira

    Hoxe traemos unha entrega moi especial, porque imos viaxar a través das palabras, das linguas e das súas pontes. A semana pasada celebramos o Día Europeo das Linguas e non queriamos deixar pasar a ocasión de reflexionar sobre a diversidade lingüística, a aprendizaxe e a mediación entre culturas....

  38. Proxecto Neo 462.15: Daniel Irimia Gómez & Yoni Insua Cagigal

    Neste primeiro programa da décima-quinta etapa de Proxecto Neo, contamos con dúas entrevistas. Na primeira conversamos con Daniel Irimia Gómez, profesor de Bioloxía no IES Perdouro este curso 25-26. Con el falamos de «Ser galego mola», un anuncio do Gadis co que saltou á fama e do seu triunfo…

    more
  39. Proxecto Neo 461.14 - Alfredo LLano; Oferta Educativa IES Perdouro 25-26

    Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co habitual espazo colaborativo dirixido pola profesora Sonia Rei: A Noticia do Día. Na primeira entrevista conversamos con Alfredo Llano, compañeiro do Dpto de Electrónica e ex-alcalde de Burela. O motivo desta conversa con Alfredo Llano é…

    more
  40. Proxecto Neo 460.14 - Pepe do Caxoto; Alexandra Cabana; Carla Paz e Mateo Docal

    Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co habitual espazo colaborativo: A Noticia do Día. A primeira entrevista foi conducida por Adrián Piqueras, integrante da masa coral Modelo Burela, que conversou co seu avó: José Valle, mais coñecido como Pepe do Caxoto. Pepe do Caxoto é un...

  41. Proxecto Neo 459.14 - Plataforma LOITA, Manuel Núñez Singala, Ugia Pedreira e Alumnado de 1º ESO

    Entramos nun programa dedicado ás nosas letras e patrimonio cultural. Mais antes falamos con Tamara Campos e María G. Jartín da plataforma LOITA. Con elas conversamos sobre o necesario servizo de Atención Temperá e apoio dado ás familias en canto a dereitos sanitarios dos nenos e nenas, nais e...

  42. Proxecto Neo 458.14 - Especial Radio Saúde Burela

    Entraremos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado a Actividade física e a Atención temperá A primeira das entrevistas é con Rosa Fraga, pedagoga especializada en Atención Temperá. Con ela conversamos sobre os servizos ofrecidos pola unidade de atención temperá co…

    more
  43. Proxecto Neo 457.14 - Especial Expomar

    Traemos un programa dedicado a Expomar. Na primeira entrevista Ruth e Ana, alumnas do Ciclo Medio de Xestión administrativa conversan con Brais, xerente de Expomar. Na segunda entrevista o alumnado de 4º ESO PDC entrevista a Miguel Neira Pérez, xerente de ABSA, a empresa que xestiona a lonxa de...

  44. Proxecto Neo 456.14 - Lupe Blanco, Galefusión e Manuel Rivero

    Na primeira entrevista da tarde conversamos con Lupe Blanco. Regueifeira de Coristanco que pratica a arte da improvisación oral. Inmediatamente despois Andrea Maseda e Asier Oroza, dous compañeiros do IES Monte Castelo de Burela viñeron falarnos de Galefusión, un proxecto de dinamización...

  45. Proxecto Neo 455.14 - Especial Mar: Balbino Trelles, Santiago Rivera Lestegás e Antonio Abad López

    Traemos un programa dedicado ao mar e aos mariñeiros. Un tema moi vinculado a Burela. Na primeira entrevista o alumnado de 4º ESO PDC conversa con Balbino Trelles. Con este mariñeiro xubilado falamos sobre como era a vida nun barco e a importancia de coñecer ben o mar e as rochas. Na segunda...

  46. Proxecto Neo 454.14 - Especial Radio Sáude Burela

    Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e a Pílula das ciencias, e co podcast de "Aulas sen fume" do alumnado de 1º de ESO A. Chegamos ao último programa do mes cunha nova entrega de Radio Saúde Burela. Nesta ocasión o tema é a saúde mental e...

  47. Proxecto Neo 453.14 - Especial día do libro / Raquel Miragaia

    Neste programa especial Día do Libro, tivemos varias suxestións e recomendacións literarias. Falamos dos clubes de lectura. Na parte central do programa conversarmos con Raquel Miragaia sobre a reedición do seu primeiro romance: "Diário Comboio". Xa parte final contamos, "Un libro en 10 minutos",...

  48. Proxecto Neo 452.14 - David Rial Bello e Blas Valleres

    No pasado día 6 de abril celebrábamos o Dia do Deporte e por iso hoxe falamos con David Rial Bello, adestrador do Burela FS. A seguir viaxamos ate Valencia para conversarmos con Blas Valleres, profesor de Historia do IES Berenguer Dalmau de Catarroja. Con el falamos da situación en que se…

    more
  49. Proxecto Neo 451.14 - Intercambio a Francia, FP Innova, Semana do Ben Estar

    Nesta ocasión viaxamos ate Francia para conversarmos con Sara Villarquide e Hugo Fernández, dous integrantes da masa coral Modelo Burela e a súa profesora Karina Parga. Con eles conversamos sobre o intercambio que realizaron nas semanas pasadas co Collège Le Landry en Rennes, na Bretaña. Con eles...

  50. Proxecto Neo 450.14 - Programa Especial Saúde

    Temos unha nova entrega de Rádio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado ao Plano de Obesidade. A primeira das entrevistas será con Alicia Rama García, traballadora social e Cristina Varela Penas, terapeuta ocupacional. Ambas, traballan na Rede Galega de Promoción de Saúde (REGAPS) sendo as...

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro.Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

HOSTED BY

Proxecto Neo

Frequently Asked Questions

How many episodes does Podcast de Proxecto Neo have?

Podcast de Proxecto Neo currently has 150 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Podcast de Proxecto Neo about?

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro.Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os...

How often does Podcast de Proxecto Neo release new episodes?

Podcast de Proxecto Neo publishes regularly with 150 episodes available. Check the episode list for the typical release schedule.

Where can I listen to Podcast de Proxecto Neo?

You can listen to Podcast de Proxecto Neo on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Podcast de Proxecto Neo?

Podcast de Proxecto Neo is created and hosted by Proxecto Neo.
URL copied to clipboard!