Skip to content
Proxecto Neo 476.15: Sargadelos episode artwork

Jan 21, 2026 59 min

Proxecto Neo 476.15: Sargadelos

from Podcast de Proxecto Neo

Comezamos o programa coa Noticia do Día. O programa 476 está dedicado a Sargadelos. Na primeira parte do programa falamos con tres integrantes de Avelaíña Teatro: Antón Lamapereira, Miguel Anxo Martín e Xabier Fernández. Con eles falaremos da obra As máscaras de Ibañez. O marqués de Sargadelos que nunca foi. Na segunda parte do programa, falamos con Andrea Mariz, profesora de Educación Pĺástica e Visual no IES Perdouro de Burela e con Uxía Oroza, unha das súas alumnas. Preguntámoslle pola elaboración e deseño do calendario anual do centro. Seguindo a recomendación da Asesoría de Bibliotecas escolares para este curso, Biblioteca escolar + Deseño = Viaxe á creatividade, quixemos facer unha pequena homenaxe ao noso patrimonio local e dedicar o noso calendario os deseños elaborados polos artistas da marca de cerámica de Sargadelos. Xa na parte final do programa, tivemos a Pepe Blanco, artista mariñán e deseñador cunha longa traxectoria na fábrica de Sargadelos e coñecido tamén polas súas creacións inspiradas nas súas propias vivencias e nas tradicións da nosa terra. Con el falamos dos principais deseñadores de Sargadelos: dos impulsores do seu renacemento nos anos sesenta, Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, así como de figuras esenciais como Xosé Vizoso e o propio Pepe Blanco, que contribuíron decisivamente aos deseños característicos desta cerámica de renome internacional.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

Proxecto Neo 476.15: Sargadelos

0:00 59:21

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast de Proxecto Neo?

This episode is 59 minutes long.

When was this Podcast de Proxecto Neo episode published?

This episode was published on January 21, 2026.

Can I download this Podcast de Proxecto Neo episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.