Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres episode artwork

EPISODE · Nov 19, 2024 · 37 MIN

Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres

from Aquí faltan páxinas · host Deputación de Pontevedra

Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do 36 e acusárona de ser mala nai e de radicalizar o seu marido, Humberto, que foi executado; non obstante, os prexuízos de xénero das autoridades fascistas evitaron que Urania correse a mesma sorte. A ela enviárona ao inferno do penal de Santurrarán e as súas fillas quedaron a cargo da familia paterna, católica e conservadora, e creceron pensando que a súa nai as abandonara. Os dous nenos, maiores ca elas, recordábana como unha muller cariñosa e traballadora e intuían que o que escoitaban na casa das súas tías non era certo. Cando Urania saíu en liberdade e chegou a Vigo, as súas fillas renegaron dela, suceso que a xente comentaba, polo que decidiu instalarse co seu fillo Raúl en Lugo, onde sobreviviu colléndolles puntos ás medias, porque xa non podía dar clases de piano e solfexo como fixera antes da guerra. Unha tarde, mentres agardaba que o seu fillo a viñese buscar para ir ao cine, Urania morreu a causa dun tumor cerebral que non lle trataran no cárcere. Co tempo, as súas fillas entenderon quen foi en realidade a súa nai, pero xa era tarde. Só lles quedou o seu piano, que se converteu nun altar onde honrar a súa memoria. Neste capítulo contamos co testemuño da persoa que ata o de agora conseguiu reunir máis información sobre Urania Mella, a investigadora Iria Presa, que comezou en 2012 a estudar a vida e obra do pai de Urania, o anarquista e topógrafo vigués Ricardo Mella, e, en paralelo, a de Urania. Desde entón mantén o seu periplo investigador visitando arquivos e entrevistándose con persoas en Tui, A Coruña, Ferrol, Bilbao ou Barcelona; mais tamén en Montevideo, Bos Aires, A Habana, Nova York, San Francisco, Michigan ou México, onde continúa a investigar na actualidade.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Nov 19, 2024

Embed this episode

NOW PLAYING

Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres

0:00 37:05

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Aquí faltan páxinas?

This episode is 37 minutes long.

When was this Aquí faltan páxinas episode published?

This episode was published on November 19, 2024.

Can I download this Aquí faltan páxinas episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!